Luís Gregorio Ramos Misioné

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Gregorio Ramos Misioné
Nacemento15 de maio de 1953
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiragüista
editar datos en Wikidata ]
Medalla de Galiza.svg

Luís Gregorio Ramos Misioné, nado en Lugo o 15 de maio de 1953, é un piragüista e medallista olímpico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Competiu durante as décadas de 1970 e 1980, participando en tres Xogos Olímpicos nos que conseguiu dúas medallas: unha de prata en Montreal 1976 na modalidade de K-4 1000 m, e outra de bronce en Moscova 1980 en K-2 1000 m.

Tras deixar o Equipo Olímpico Español en 1984, continúa en 1985 e 1986 competindo có Club e o Equipo Español de Maratón, conseguindo catro medallas de ouro en 1985 nos Campionatos de España e o cuarto posto no Campionato do Mundo en Luxemburgo. En 1986 consegue catro medallas de ouro no Campionato de España e o terceiro posto no Campionato do Mundo de Maratón en Porto. Durante estes anos gaña tamén a maioría das regatas do calendario nacional como o Descenso Internacional do Sella, que consegue gañar por cuarta vez.

Durante o período 1987-1991 foi adestrador do Equipo Español de Maratón, participando en Campionatos de España, do Mundo e de Europa, adestrador do Equipo Olímpico Español-B, participando en Campionatos de España e competicións internacionais, adestrador da Escola Lucense de Piragüismo e adestrador da Escola de Piragüismo do Club Fluvial de Lugo.

Na actualidade é directivo do Club Fluvial de Lugo, onde é o delegado da Sección de Piragüismo, director da Escola de Piragüismo do Club Fluvial e vicepresidente da Federación Galega de Piragüismo. Ademais, é membro da Asociación Olímpicos Españoles e da Asociación Olímpicos Galegos. Traballa como funcionario da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Participou nos seguintes campionatos cós seguintes resultados:

Xogos Olímpicos:

  • Montreal (Canadá) 1975: 2º posto en K-4 – 1000 metros (medalla de prata).
  • Moscova (Rusia) 1980: 3º posto en K-2 – 1000 metros (medalla de bronce):
  • Los Ángeles (Estados Unidos) 1984: 6º en K-4 – 1000 metros (diploma olímpico).

Campionatos do Mundo:

  • Tampere (Finlandia) 1973: 6º en K-1 – 1000 metros, a 2” do primeiro K-1. Foi o primeiro español que pasou unha final nun Campionato do Mundo.
  • México 1974: 4º en K-1 – 1000 metros e 4x500 metros, en K-4 – 1000 metros e en K-2 – 10000 metros.
  • Belgrado (Iugoslavia) 1975: 1º en K-4 – 1000 metros (campión do mundo – medalla de ouro), 3º en K-1 – 4x500 metros (terceiro do mundo – medalla de bronce) e 4º en K-4 – 10000 metros.
  • Sofía (Bulgaria) 1977: 3º en K-4 – 500 e 1000 metros (terceiro do mundo – medalla de bronce).
  • Belgrado (Iugoslavia) 1978: 2º en K-4 – 500 metros (segundo do mundo – medalla de prata), 3º en K-4 – 1000 metros (terceiro do mundo – medalla de bronce) e 4º en K-2 – 10000 metros.
  • Duisburgo (Alemaña) 1979: 3º en K-2 – 10000 metros (terceiro do mundo – medalla de bronce) e 4º en K-4 – 1000 metros.
  • Notingham (Gran Bretaña) 1981: 4º en K-2 – 1000 e 10000 metros.
  • Belgrado (Iugoslavia) 1982: 3º en K-2 – 1000 metros (terceiro do mundo – medalla de bronce) e 4º en K-2 – 10000 metros.
  • Tampere (Finlandia) 1983: 5º en K-4 – 500 metros e 6º en K-4 – 1000 metros.

Campionato do mundo de Maratón:

  • Amsterdam (Holanda) 1981: 1º en K-2 (medalla de ouro).
  • Luxemburgo 1985: 4º en k-2.
  • Porto (Portugal) 1986: 3º en K-2 (medalla de bronce).

Campionatos de Europa: Unha medalla de ouro, dúas medallas de prata e seis medallas de bronce.

Xogos do Mediterráneo:

  • Split (Iugoslavia) 1981: 1º en K-1 – 1000 metros, en K-2 – 1000 metros e en K-4 – 1000 metros.

Campionatos de España:

Foi 60 veces campión de España (medalla de ouro). Campionato de México Aberto: 1º en K-4 – 500 metros, en K-2 – 500 e 1000 metros e en K-1 – 1000 metros.

Vencedor tamén do Descenso Internacional do Sella, en 1985 formando parella de K2 con Ángel Villar "Chilares".

Outros datos de interese:

Recibiu os seguintes galardóns e recoñecementos: mellor deportista español absoluto (1979), mellor deportista español júnior absoluto (1969), mellor deportista lucense durante dezaoito seguidos, Real Orden ao mérito deportivo nacional, medalla ao mérito deportivo nacional, medalla ao mérito deportivo do Comité Olímpico, medalla de prata de Galicia, medalla ao mérito piragüístico nacional, medalla ao mérito do club fluvial de Lugo, medalla ao mérito do Club Ancares, medalla ao mérito deportivo lucense, insignia de ouro do Club Deportivo Lugo, ‘Xa de ouro’ aos valores humanos, pa de honor da Federación Galega de Piragüismo, 180 veces internacional con España, elixido entre os cinco mellores deportistas galegos do século XX e unha rúa na cidade de Lugo con seu nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]