Luís Fábrega Santamaría
Luís Fábrega Santamaría | |
---|---|
Nacemento | 1906 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 1968 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | farmacéutico e político |
Pai | Luís Fábrega Coello |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luís Fábrega Santamaría, nado en Ourense en 1906 e finado na mesma cidade en 1968, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Luís Fábrega Coello. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926. Desde 1932 foi dirixente de Vanguardia Republicana Federal, as xuventudes do Partido Republicano Radical, partido polo que elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 1933. Durante a Guerra civil estivo preso nos campos de concentración de Rianxo e La Santa Espina (Valladolid) ata 1938. Retornou a Ourense e máis tarde presidiu o colexio de farmacéuticos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.