Luís Brage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luís Brage Villar»)
Luís Brage
Nacemento19 de novembro de 1886
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento17 de maio de 1959
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico e compositor
editar datos en Wikidata ]

Luís Rafael Brage Villar, nado en Santiago de Compostela o 19 de novembro de 1886 e finado na mesma cidade o 17 de maio de 1959,[1] foi un músico, mestre e compositor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Santiago de Compostela en novembro de 1886. O seu pai era músico profesional e a súa figura foi clave na formación inicial de Brage. O instrumento principal da súa formación posterior foi o piano e durante eses anos de estudo, iniciou unha pequena carreira como pianista, coa que iniciou un incansable traballo a favor da beneficencia.

Co chamamento a quintas para a guerra de Melilla, Brage comezou unha etapa na que destacou como mestre e director de orquestras. De volta en Santiago de Compostela, participou en varias representacións de obras teatrais. Brage estivo moi vinculado cos movementos intelectuais e culturais rexionalistas da época, especialmente as Irmandades da Fala.

Traballou uns anos en Madrid, pero volveu a Galicia e comezou a traballar como responsable e director de orquestra no Tamberlick de Vigo.

Co inicio da Guerra Civil en 1936, Brage foi perseguido polas autoridades franquistas, polo que tivo que fuxir de Ribadavia. Igualmente, foi capturado e condenado a pena de morte. Despois, a súa condena sería diminuída a 30 anos, dos que finalmente cumpriría tres para, finalmente, ser posto en liberdade condicional.

Nos anos cincuenta regresou a Santiago de Compostela, onde finaría no ano 1959.

Obras[editar | editar a fonte]

A súa composición máis coñecida é a rapsodia galega "Follas novas".

Pedagoxía[editar | editar a fonte]

Co inicio do traballo de Brage como director de orquestra no Tamberlick de Vigo comezan a destacar as súas boas capacidades pedagóxicas, pero a súa faceta como mestre e pedagogo alcanzou unha nova dimensión na vila ourensá de Ribadavia. Alí, Brage traballou como director da banda municipal La Lira, na que preparaba toda a xente da vila interesada en participar na banda, sen importar a clase social da que proviñan. A súa actividade pedagóxica na vila culminou coa creación dunha academia musical na súa propia casa, na que preparaba aos seus alumnos e alumnas con moito interese e dedicación para que conseguiran obter as mellores notas nos exames da escola de música de Santiago. Nesta academia, Brage contaba cun moi reducido número de alumnado. Asemade, e facendo gala do seu carácter altruísta, Brage educaba en música tanto a fillos de campesiños como a mozos de clase alta.

Cos bos resultados obtidos polos seus educandos, a academia de Brage foi gañando cada vez máis fama non só na vila, senón tamén nos arredores, chegando a ter alumnos da cidade olívica. Porén, pese ao éxito alcanzado, Brage tivo que pechar a academia porque a corporación municipal, da que Brage formaba parte, non vía con bos ollos este traballo extra.

A súa proximidade ao bando republicano e aos ideais rexionalistas e galeguistas fixeron que Brage fose condenado ao cárcere cando chegou a Guerra Civil. Durante a súa estancia no centro penitenciario, creou unha academia na que ensinaba música aos reclusos e, tras a estancia no cárcere e xa establecido na Coruña, continuou dando fe da calidade das súas leccións e dotes pedagóxicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Noche, 19-5-1959, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]