Luís Bouza-Brey Trillo
Luís Bouza-Brey Trillo | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1905 |
Vilagarcía de Arousa | |
Falecemento | 24 de marzo de 1980 |
Vilagarcía de Arousa | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado, escritor e político |
Pai | Luís Bouza Trillo |
Fillos | Luís Bouza-Brey Villar e Gonzalo Bouza-Brey |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luís Bouza-Brey Trillo, nado en Vilagarcía de Arousa o 1 de agosto de 1905 e finado no mesmo concello o 24 de marzo de 1980,[1] foi un avogado, escritor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Luís Bouza Trillo e irmán de Fermín Bouza-Brey. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Colaborou en El Pueblo Gallego. Integróuse no Partido Galeguista e foi un dos dirixentes do grupo de Vilagarcía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 21 de xaneiro de 1937 con outros republicanos de Vilagarcía, foi absolto, pero cunha proposta de sanción económica.[2] Houbo de repetirse o consello de guerra por "omisión dun dos trámites".[3] Estivo preso na Illa de San Simón. Exerceu a avogacía en Vilagarcía. Colaborou en La Noche. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Celia Villar Padín e foi pai de Luís, Carlos e Gonzalo Bouza-Brey Villar.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 25-3-1980, p. 61.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 22-1-1937, p. 2.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 1-2-1937, p.2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Luís Bouza-Brey Trillo na páxina web Nomes e Voces.