Luís Antón del Olmet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Luís Antón del Olmet
Luis Antón del Olmet.png
Nacemento 17 de xaneiro de 1886
  Bilbao
Falecemento 2 de marzo de 1923
  Madrid
Causa ferida por arma de fogo
Nacionalidade España
Educado en Universidad Central
Ocupación escritor e político
Coñecido/a por sen etiquetar e Los bocheros
editar datos en Wikidata ]

Luis Antón del Olmet López, nado en Bilbao o 17 de xaneiro de 1886 e finado en Madrid o 2 de marzo de 1923, foi un avogado, xornalista e escritor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid e conseguiu unha praza na Delegación de Facenda da Coruña en 1906. Xa se iniciara como xornalista en La Época de Madrid e cando chegou á Coruña incorporouse á redacción de El Noroeste. A principios de 1908 regresou a Madrid, onde se mantivo vinculado ao ambiente galego, tanto á revista Galicia (dirixida por Basilio Álvarez) coma ao Centro Galego. Asistiu ao faladoiro do Excelsior e foi un dos fundadores do movemento agrario de Acción Gallega. Dirixiu, xunto a Prudencio Canitrot, a "Biblioteca de Escritores Gallegos", na que publicou El encanto en sus manos (1909). En Acción Gallega realizou a descrición dos principais líderes do agrarismo solidario coruñés (Lugrís Freire, Joaquín Martín Martínez, Juan Golpe, Rodrigo Sanz). En 1910 entrou na primeira redacción de El Debate xunto cos galegos Basilio Álvarez, Alfonso Alcalá Martín e Rafael Carvajal. Participou xunto aos agrarios na constitución da Liga Agrario-Redencionista e nas relacións cos homes da Lliga Regionalista e con Cambó. Nesa época comezou a súa vida turbulenta, con duelos cos redactores de El Radical. En 1911 colaborou tamén en Mi Tierra de Ourense.

Luis Antón del Olmet, retrato en Vida Gallega, 1909.

En 1912 iniciou a súa carreira política, pasou a inspirar o maurismo agrario de Padrón, colaborando con artigos ideolóxicos en El Barbero Municipal, semanario conservador de Rianxo. Un ano máis tarde publica El hidalgo don Tirso de Guimaraes con portada de Castelao.

Nas eleccións de marzo de 1914, como premio ao seu labor, conseguiu unha acta de deputado por Almería militando ás ordes de Eduardo Dato. Para afianzar a súa lealdade á situación fundou o 1 de abril El Parlamentario, do que foi director xerente, voceiro dos intereses do seu xefe político fronte a liberais e mauristas irredentos; aquí publicaron os seus amigos Castelao, Fernández Flórez, Francisco Camba e Basilio Álvarez. En 1916 apareceu en El Parlamentario, quincenalmente a folla Acción Gallega, dirixida polo propio Basilio.

Colaborou co agrarismo de Acción Gallega e en febreiro de 1917 tiña o proxecto de sacar á luz en Ourense o periódico La Raza con Basilio Álvarez como director. O seu nome soou como candidato agrario de Acción Gallega e da Conxunción Republicano-Agrario-Socialista para as eleccións de febreiro de 1918 por Celanova, pero desistiu ante a presentación de Luís Porteiro Garea como candidato rexionalista. Descartado Celanova, barallou presentarse polo distrito de Trives. A principios de febreiro chegou a Ourense para facer campaña[1]. Finalmente optou por intentar a representación do distrito de Verín; puxo en marcha La Raza como órgano de propaganda, e fixo campaña na comarca de Verín con Basilio Álvarez e Heriberto Pérez Proenza, para finalmente resultar derrotado o 24 de febreiro polo candidato conservador Luis Espada Guntín[2].

Foi asasinado en 1923, mentres presentaba unha das súas obras no Teatro Eslava de Madrid. O autor do asasinato foi o seu socio e colega Alfonso Vidal Planas, a causa dun asunto de amoríos.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La canción del juglar (1911)
    El Libro de la vida bohemia, 1909.
  • Lo que han visto mis ojos, 1909.
  • El encanto en sus manos, 1909.
  • Hieles, 1910.
  • El veneno de la víbora, 1910.
  • Mi risa, 1911.
  • Su Señoría, 1911.
  • Como la luna, blanca.
  • Corazón de Leona.
  • Los grandes españoles. Galdós, 1912 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • Echegaray, 1912 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • Nuestro abrazo a Portugal, 1912.
  • Moret. Una vida que fue todo elegancia, 1913 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • Maura es obra mía, 1913 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • Espejo de los humildes. Historias de asesinos, tahúres, daifas, borrachos, neuróticas y poetas zurcidas para estímulo de probos y castigo de bellacos, 1913.
  • Al correr de la política 1914.
  • Política de fandango y gobierno de castañuelas, 1914.
  • Tierra de promisión. Catecismo de la Raza, 1914.
  • Alfonso XIII, 1914 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • El triunfo de Alemania. Impresiones de la guerra actual, 1915.
  • Canalejas, 1915 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • Aula Española. Escenas de la vida pedagógica nacional, escrita para escarmiento de malos estudiantes y beneficio de aplicados, 1915.
  • Cuestiones sociales. Aquelarre. Narraciones íntimas y novelescas, 1915.
  • El general Marina, 1915 (en colaboración con Arturo García Carrafa).
  • Robarás, Matarás, 1918.
  • Galicia, llora, 1918.
  • Palacio Valdés, 1919 (en colaboración con José de Torres Bernal).
  • María Guerrero, 1919 (en colaboración con José de Torres Bernal).
  • Gobernación, Sánchez Minguez, 1921.
  • Cruz verde, 8, 1921.
  • El 98, 1922.
  • Romanones, 1922 (en colaboración con José de Torres Bernal).
  • El príncipe suicida, 1922.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • El Sembrador, 1918.
  • La casa de los espantos, 1921.
  • El Pleito, 1923.
  • Responsables. Epopeya en tres actos y en prosa, 1923.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia en El Ideal Gallego, 16-2-1918, p. 1.
  2. No seu libro Galicia, llora fai o relato destas andanzas como candidato popular.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]