Lourdes Moure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLourdes Moure
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
A Cañiza Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa do Porriño
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , empresaria Editar o valor em Wikidata


María Lourdes Moure Varela, nada na Cañiza, é unha empresaria e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 13 anos mudouse coa familia a vivir en Torneiros[1]. Empresaria dunha axencia de seguros[2], presentouse ás eleccións municipais de 2015 na candidatura do PSdeG polo Porriño, no posto quinto. Só saíron catro concelleiros escollidos por esa formación, pero en novembro, logo da dimisión do concelleiro independente nas listas socialistas e exalcalde, Raúl Francés, Lourdes Moure accedeu ao pleno.

Foi elixida de novo como concelleira en 2019 e ocupou o posto de tenente de alcalde e concelleira de educación no equipo de Eva García de la Torre. O 23 de novembro de 2021 accedeu á alcaldía en funcións en substitución de García de la Torre[3], dimitida tralas diferenzas cos demais partidos que formaban a coalición de goberno, especialmente EU-Son[4].

Foi expulsada do partido socialista o 17 de setembro do 2022 por tránsfuga e non acatar os acordos do partido.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Vive na Relva[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El PSOE pregunta a los vecinos de Torneiros ¿qué ha hecho el actual Gobierno Local por esta parroquia? - Porriño Digital" (en castelán). Consultado o 2021-11-23. 
  2. "SegurLouro SL". www.infocif.es. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-23. 
  3. Atlántico (2021-11-23). "Eva García de la Torre dimite como alcaldesa de O Porriño y Lourdes Moure asume el cargo". Atlántico (en castelán). Consultado o 2021-11-23. 
  4. Bernárdez, Judit (2021-11-23). "La ya exalcaldesa de O Porriño: "Me han machacado por ser mujer, por mi peso, apariencia y orientación sexual"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-11-23. 
  5. Judit Bernárdez (17 de setembro de 2022). "El PSOE expulsa definitivamente a la porriñesa Lourdes Moure del partido". Faro de Vigo (en castelán). 
  6. Porto, G. (2015-12-15). "Lourdes Moure se incorpora al gobierno de Porriño en el pleno de la próxima semana". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-11-23.