Louise du Pierry
| Nome orixinal | Louise Elizabeth Felicite Pourra de la Madeleine du Pierry |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 30 de xullo de 1746 La Ferté-Bernard |
| Morte | 27 de febreiro de 1830 Luzarches |
| Actividade | |
| Ocupación | astrónoma, pintora, debuxante |
| Empregador | Universidade de París |
| Xénero artístico | Retrato |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
Louise Elizabeth Felicite Pourra de la Madeleine du Pierry, nada en 1746 e finada en 1789, foi unha astrónoma francesa e, segundo as crónicas oficiais, foi a primeira muller que se recolle que foi profesora na Sorbona de París: en 1789 impartiu cursos públicos de astronomía para mulleres na Sorbona -Cours d astronomie ouvert pour les dames et mis à leur portée-.[1] Estudou astronomía con Joseph-Jérome Lalande, director do observatorio de París[2], quen lle chegou a adicar o seu libro "Astronomie des dames" (1790) -no que se recopilaban os cursos impartidos en 1789-[3] afirmando que:
«... elle représente un modèle pour toutes les femmes à cause de ses hautes qualités intellectuelles. »[2]
"...ela representa un modelo para tódalas mulleres debido ás súas altas cualidades intelectuais".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Louise du Pierry – Physik-Schule". physik.cosmos-indirekt.de (en alemán). Consultado o 2022-03-23.
- 1 2 Bernardi, Gabriella (2016). The Unforgotten Sisters: Female Astronomers and Scientists before Caroline Herschel. Springer Praxis Books. pp. 131-134. ISBN 978-3-319-26125-6.
- ↑ "IMCCE - Connaissance des Temps". cdt.imcce.fr. Consultado o 2020-12-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Posdcast sobre Louise du Pierry realizado dentro do proxecto "Ella es una astrónoma" con motivo do Ano Internacional da Astronomía 2009 (AIA-IYA 2009).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)