Louise Weiss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Louise Weiss
AlcumeLouis Lefranc
Nacemento25 de xaneiro de 1893
Lugar de nacementoArras
Falecemento26 de maio de 1983
Lugar de falecemento16º distrito de París
SoterradaMagny-les-Hameaux
NacionalidadeFrancia
Alma máterLycée Molière
Ocupaciónxornalista, política e escritora
PaiPaul Louis Weiss
NaiJeanne Javal
CónxuxeJosé Imbert
IrmánsJenny Aubry
Premiosgrande oficial da Lexión de Honor
Na rede
IMDB: nm2958855 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Louise Weiss, nada en Arras o 25 de xaneiro de 1893 e finada en Magny-les-Hameaux26 de maio de 1983,[1] foi unha xornalista, escritora, feminista e política francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reconstitución do salón parisiense de Louise Weiss no Museo de Saverne.

Louise Weiss naceu no seo dunha familia cosmopolita de Alsacia. O seu pai, Paul Louis Weiss, enxeñeiro de minas, foi un distinguido protestante alsaciano orixinario de La Petite-Pierre. Os antepasados da súa nai, Jeanne Javal, eran xudeus orixinarios da pequena localidade alsaciana de Seppois-le-Bas. Creceu en París e converteuse en profesora contra o desexo da súa familia, obtendo igualmente un título da Universidade de Oxford. Entre 1914 e 1918 traballou como enfermeira de guerra e fundou un hospital en Côtes-du-Nord. Entre 1918 e 1934 publicou a revista L'Europe nouvelle; posteriormente, até a segunda guerra mundial, promoveu o sufraxio feminino. En 1936 foi candidata ás eleccións parlamentarias, presentándose no quinto distrito de París.

Durante a guerra participou activamente na Resistencia e foi redactora xefe da revista clandestina "Nouvelle République" entre 1942 e 1944. En 1945 fundou o Instituto para a Polemoloxía xunto a Gaston Bouthoul en Londres. Percorreu Oriente Medio, o Xapón, a China, Vietnam, África, Alasca, India, etc., realizou documentais e publicou libros sobre as súas diferentes viaxes. En 1979 converteuse en europarlamentaria representando ó partido gaullista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía de Louise Weiss" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2017. Consultado o 04 de xuño de 2018.