Louise Stevens Bryant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLouise Stevens Bryant

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1885 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte29 de agosto de 1956 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Bronxville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Pensilvania - medical science distinction (en) Traducir (–1914)
Smith College - graduado en ciencias (–1908) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoSaúde pública, sexualidade humana e maternal health (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpublicista , médica , estatístico , editora literaria , escritora , escritor médico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorGirl Scouts of the USA (en) Traducir (1919–1923)
Universidade de Pensilvania
Russell Sage Foundation (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Familia
ParellaLura Beam (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Stevens-9434

Louise Stevens Bryant, nada en París o 19 de setembro de 1885 e finada o 29 de agosto de 1956, foi unha especialista en saúde pública, escritora, editora e publicista estadounidense. Estivo particularmente implicada nos campos da sexualidade humana e da saúde materna, e foi a secretaria executiva do Comité de Saúde Materna de Robert Latou Dickinson de 1927 a 1935.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Louise Stevens Bryant naceu en París (Francia) de pais estadounidenses en 1885.[1] Asistiu ao Smith College e graduouse cun Bachelor en ciencias en 1908.[2] Traballou na Fundación Russell Sage, na área de reforma escolar, e posteriormente na Universidade de Pensilvania, onde traballou na clínica de psicoloxía clínica infantil de Lightner Witmer mentres estudaba para obter un doutoramento en ciencias médicas que logrouen 1914. Despois de completar o doutoramento, traballou no Tribunal Municipal de Filadelfia, primeiro como xefa da división do departamento criminal de mulleres, e despois, durante a guerra, como estatística para o xefe de gabinete.[3] De 1919 a 1923, traballou para as Girl Scouts.dos Estados Unidos como secretaria de educación e publicacións.

En 1923, Bryant uniuse ao campo da saúde pública como empregada do comité de desenvolvemento farmacéutico con base en Nova York. En 1927 foi contratada por Robert Latou Dickinson como secretaria executiva do Comité Nacional de Saúde Materna (CMH). Durante o tempo en que foi secretaria, editou numerosas publicacións do CMH, incluíndo Control of Conception, un manual de técnicas anticonceptivas de 1931, e outros estudos académicos sobre sexoloxía, contracepción, aborto e esterilidade. Deixou o CMH en 1935 tras un desacordo con Dickinson.[3]

Bryant foi a representante estadounidense do sexólogo inglés Havelock Ellis,[2] e axudouno a negociar a segunda publicación estadounidense do seu traballo de sete volumes Studies in the Psychology of Sex en 1933.[4] Traballou como publicista para a American Association of University Women de 1938 a 1952.

Faleceu dunha doenza cardíaca no hospital de Bronxville o 19 de agosto de 1956 aos 70 anos.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Louise Stevens Bryant casou con Arthur Bryant en 1909; divorciáronse en 1912.[2] A súa parella romántica durante case 35 anos foi a escitora e profesora Lura Beam.[5] Coñecéronse na década de 1920, mentres ambas traballaban para o CMH. Trala morte de Bryant en 1956, Beam publicou unha biografía sobre ela titulada Bequest From a Life; a Biography of Louise Stevens Bryant (1963).[6]

Obras[editar | editar a fonte]

Entre as obras publicadas por Bryant están:[7]

  • School Feeding, Its History and Practice at Home and Abroad (1913) Philadelphia e Londres: J.B. Lippincott Co. [con Philander Priestly Claxton]
  • The Game (1916) Alexandria, Va.: Alexander Street Press
  • Educational Work of Girl Scouts (1921) Washington, D.C.: United States Government Printing Office
  • Better Doctoring, Less Dependency (1927) Nova York
  • Control of Contraception (1932) Londres: Baillière & Co [with Robert Latou Dickinson]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Dr. Louise Stevens Bryant Is Dead at 70; Leader in Public Health and Welfare". timesmachine.nytimes.com (en inglés). Consultado o 2020-08-24. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Louise Stevens Bryant Papers, 1885–1963". Five College Archives and Manuscript Collections. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  3. 3,0 3,1 The Birth Control Movement and American Society: From Private Vice to Public Virtue. Princeton University Press. 14 de xullo de 2014. pp. 182–183. ISBN 978-1-4008-5659-6. 
  4. "Letters to an American" 16 (2). 1940. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  5. An American Obsession: Science, Medicine, and Homosexuality in Modern Society. University of Chicago Press. 1999. p. 439. ISBN 978-0-226-79367-2. 
  6. "Beam, Lura (1887–1978)". Maine State Library. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  7. "Results for 'Louise Stevens Bryant' [WorldCat.org]". www.worldcat.org (en inglés). Consultado o 2020-08-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]