Louise Brown
Louise Brown | |
---|---|
Nacemento | 19 de xullo de 1978 |
Lugar de nacemento | Oldham |
Nacionalidade | Reino Unido |
Ocupación | médica |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Louise Joy Brown nada o 25 de xullo de 1978 na cidade inglesa de Oldham sendo filla de Lesley e John Brown, é a primeira persoa que naceu a partir dunha fecundación in vitro.
Circunstancias[editar | editar a fonte]
O seu nacemento estivo rodeado de moita polémica debido a como foi concibida, ao ser o primeiro caso e xa que logo tivo que pasar múltiples revisións para comprobar a súa saúde e demostrar que a fecundación in vitro é tan segura como a natural.
Os seus pais intentaran concebila durante nove anos, pero sen éxito debido ao bloqueo das trompas de Falopio de Lesley. O 10 de novembro de 1977, Lesley Brown someteuse a tratamento nas mans dos doutores Patrick Steptoe e Robert Geoffrey Edwards (Premio Nobel de Medicina en 2010).
Paradoxalmente, a pesar de que os Brown sabían que o procedemento era experimental, os médicos non lles anunciaron que nunca antes se concibiu unha criatura mediante a fecundación artificial, provocando con isto unha situación "delituosa" de esconder información ao paciente.
Nacemento[editar | editar a fonte]
Brown naceu ás 23:47h no Hospital Xeral de ldham, a través dunha cesárea xa prevista. A criatura pesou 2'608 kg. no momento do parto. O seu nacemento foi gravado en vídeo. Ten unha irmá, Natalie, tamén concibida a través da fecundación in vitro.
Actualmente é unha traballadora de correos e foi enfermeira en Bristol.
Tivo un fillo á idade de 28 anos, o 20 de decembro de 2006, de forma natural e sen recorrer á fecundación in vitro como os seus pais tiveron que facer.