Saltar ao contido

Louis de la Bourdonnais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLouis de la Bourdonnais

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Louis-Charles Mahé de La Bourdonnais Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1796 Editar o valor en Wikidata
Reunión, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte13 de decembro de 1840 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Kensal Green Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLouis François Mahé de La Bourdonnais Editar o valor en Wikidata
ParentesBertrand-François Mahé de La Bourdonnais, avó paterno Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata


Louis Charles de la Bourdonnais, nado na illa de Reunión cara a 1796 e finado en Londres o 13 de decembro de 1840, foi un xogador de xadrez francés, o máis importante da primeira metade do século XIX.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Está considerado o campión mundial oficioso (non existía o título no seu tempo) dende 1821 ata a súa morte. En 1834 xogou a que se considera a serie de partidas (85) máis importante da súa carreira, co británico Alexander McDonnell, da que saíu vencedor. Foi o fundador da primeira revista de xadrez, Le Palamède, en 1836.