Saltar ao contido

Louis Chaurand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLouis Chaurand
Biografía
NacementoLouis Vincent Andre Marie Chaurand
23 de agosto de 1913
Saint-Geoire-en-Valdaine, Isère, Francia.
Morte23 de decembro de 2010 (97 anos).
Distrito de Lión, Francia.
Cargos
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática
Período1973 – 1975
AntecesorJulien Guey
SucesorFrançoise Dumas
Presidente do
Círculo Numismático Lionés
Período1970 – 1984
AntecesorJean Tricou
Conservador do
Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión
Período1977 – 1989
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francesa.
Actividade
Campo de traballoNumismática, xenealoxía.
Membro de
Sociedade Francesa de Numismática.
Académie delphinale.
Círculo Lionés de Numismática.
Sociedade Literaria, Histórica e Arqueolóxica de Lión.

Louis Chaurand, nado en Saint-Geoire-en-Valdaine, Isère, o 23 de agosto de 1913 e finado en Lión o 23 de decembro de 2010,[1] foi un erudito, numismático e xenealoxista francés, que presidiu a Sociedade Francesa de Numismática.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Louis Chaurand era propietario dun castelo en Payzac, Ardèche, coñecido como château des Chanels. Aínda que exerceu a profesión de axente de seguros en Lión e avogado do tribunal de apelación desa cidade, é coñecido polas súas facetas como numismático e xenealoxista.[2]

Chauraud herdou do seu avó Gustave Vallier (1815-1892) as súas coleccións de obxectos preciosos, sinaladamente moedas, e tamén a súa paixón polo coleccionismo. Ao longo da súa vida non só incrementou a colección familiar senón que se converteu nun estudoso da numismática.[1]

Foi secretario do Círculo Numismático Lionés entre 1956 e 1970, e o 6 de decembro dese ano sucedeu a Jean Tricou como presidente desta entidade, cargo que ocupou ata 1984, cando pasou a ser presidente de honra.[3] Tamén sucedeu a Tricou como responsable do Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión, do que foi o seu conservador entre 1977 e 1989.[1] Chaurand presidiu tamén a Sociedade Francesa de Numismática (1973-1975), á que pertencía desde marzo de 1959.[4][5] En 2000 pasou a ser presidente honorario.[1]

Ademais, pertenceu a outras sociedades eruditas, como a Académie delphinale (desde 1978)[6] e a Sociedade Literaria, Histórica e Arqueolóxica de Lión, na que ingresou en 1952.[2]

Os seus focos de interese como numismático foron variados; abrangueron desde as moedas reais francesas ata as emisións locais do Languedoc ou o papel moeda de confianza da época revolucionaria, aínda que lles prestou unha atención especial ás cuñaxes de moeda imperial romana na ceca de Lugdunum (Lion), ás que dedicou varios artigos, acerca de pezas inéditas e achados de tesouros monetarios.[3]

Louis Chaurand finou no distrito 7 de Lión o 23 de decembro de 2010 aos 97 anos de idade,[7] e foi soterrado o 27 de decembro en Paysac, Ardèche, de onde procedía a súa familia.[1]

Escolma de publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables de Louis Chaurand ao longo da súa traxectoria:[8]

  • (1966). "Les Médailles de Claude Expilly". En Bulletin de l'Academie Delphinale. 8ª serie. Tomo V. Páxinas 148-151.
  • (1971). "Sur la découverte d'un trésor de monnaies constantiniennes faites à Chavannes (Drôme)". En 8ª serie. Tomo I. Xaneiro. Páxinas 63-69.
  • (1971). "Sur les balanciers lyonnais". En Revue Numismatique. 26. Xullo. Páxina 95.
  • (1972). "Sur une variété d'un follis de Constance Chlore, César, pour l'atélier de Lyon". En Revue Numismatique. 27. Xaneiro. Páxina 156.
  • (1973). "Le trésor de Lavilledieu (Ardèche)". En Revue Numismatique. 15. Páxinas 300-319.
  • (1974). "Trésor de Marchais". En Revue numismatique. Vol. 29. Outubro. Páxinas 661-662.
  • (1976). "Gustave Vallier numismate dauphinois". En Revue numismatique. Vol. 6. Xuño. Páxinas 70-71.
  • (1986). Cinq siècles de chronique familiale (XVe-XXe siècle).
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Baron Louis Chaurand (1913-2010)". En Bulletin de la Société française de numismatique. Ano 6. Nº 1. Xaneiro de 2011. Páxina 15.
  2. 2,0 2,1 "Chaurand, Louis, Baron". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
  3. 3,0 3,1 Donne, J. P. (1992). Páxina 52.
  4. "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
  5. "Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10. Páxinas 313-314.
  6. Membres titulaires de l’Académie Delphinale depuis 1906. Academie Delphinale (Academiedelphinale.com). Páxinas 5, 10.
  7. "M. Chaurand, Louis Vincent Andre Marie". Deces-en-france.fr
  8. "Chaurand, Louis". Musée Stendhal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Julien Guey
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática

1973-1975
Sucesor:
F. Dumas