Louis Cattiaux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Louis Cattiaux
Nacemento17 de agosto de 1904
 Valenciennes
Falecemento16 de xullo de 1953
 París
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpintor, poeta e escritor
editar datos en Wikidata ]

Louis-Ghislain Cattiaux (Valenciennes, 17 de agosto de 1904, - París, 16 de xullo de 1953) Pintor e poeta que abandonou case por completo a práctica artística para dedicarse a escribir A Mensaxe Reencontrada (Le message retrouvé), un libro realmente orixinal, que encarna o que preconizaban os artistas e os filósofos dende o Romanticismo; é dicir, que a obra de arte debe ser unha vía de coñecemento de Deus. Este libro reencontra e renova a tradición ensinada polos grandes sabios de todos os tempos. A Mensaxe Reencontrada contén un sentido: moral, filosófico y ascético, e, tamén: cosmogónico, místico e iniciático (hermético).

Biografía[editar | editar a fonte]

Louis Cattiaux naceu o 17 de agosto de 1904 en Valenciennes. Creceu sen os seus pais, sendo educado pola súa irmá maior. En 1914, ambos os dous irmáns son evacuados á rexión de París, e o pequeno Louis entra no internado Hanley. En 1922 prepara o seu exame en Arts et Metiers de París. En 1928 Cattiaux viaxa a Dahomey, empregado por unha empresa comercial, pero ao cabo dalgúns meses volve á metrópole onde se consagrará cada vez máis á pintura. Comeza a frecuentar os medios literarios e artísticos da avant-garde parisiense da época. En 1932 casa con Henriette Péré. A parella instala unha galería de arte chamada Gravitations, en honor ao poeta Jules Supervielle, situada nos baixos do número 3 da rúa Casimir-Perier, que ademais será o seu propio fogar.

En 1934 aparece o chamado manifesto do Transhylismo, subscrito por unha serie de artistas entre os que se encontraban, ademais de Cattiaux, os poetas Louis de Gonzague Frick e o xa citado Jules Supervielle.

A partir de 1936, Cattiaux orienta a súa busca cada vez máis cara á alquimia. En 1938 escribe unha parte do inicialmente chamado Le Message Égaré (A Mensaxe Perdida), que máis tarde se converterá en Le Message Retrouvé (A Mensaxe Reencontrada). En 1946, os doce primeiros capítulos de A Mensaxe Perdida publícanse en París por conta do autor. Nesa época comezou a redactar a súa Física y Metafísica de la Pintura. En 1947 empeza a cartearse con Jean Rousselot e con René Guénon. Por mor dunha crítica deste último sobre A Mensaxe Perdida, publicada en 1948, na revista Les Études traditionnelles, Louis Cattiaux entra en contacto con Emmanuel d'Hooghvorst, autor de O Fío de Penélope. Este feito marcará o inicio dunha intensa relación entre ambos os dous e tamén co irmán menor de Emmanuel, Charles d'Hooghvorst a quen coñecerá en maio de 1949. En 1951 aparece un primeiro artigo escrito por Emmanuel d'Hooghvorst sobre A Mensaxe Perdida, publicado na revista suíza Les Cahiers trimestriels Inconnues.

En 1954, Os Poemas do folgazán e os poemas alquímicos, tristes, zen, de antes, da resonancia, do coñecemento de Louis Cattiaux son editados polo Cercle du Libre. No mesmo ano publícanse, igualmente, extractos do seu ensaio sobre a pintura Física e Metafísica da Pintura nunha revista suíza, Inconnues n.º 9, ademais dun artigo de Emmanuel d'Hooghvorst, A Mensaxe Profética de Louis Cattiaux.

O 16 de xullo de 1953, Louis Cattiaux deixa este mundo, como consecuencia dunha fulminante enfermidade.

Física e metafísica da pintura[editar | editar a fonte]

Como ben indica o seu título, este libro está dividido en dúas partes: a física e a metafísica da pintura. Á física, Louis Cattiaux dedícalle os oito primeiros capítulos, mentres que o resto versa sobre a pintura e a arte en xeral, con apuntamentos moi concretos referidos ao ambiente artístico do París da primeira metade do s. XX e, tamén, con referencias á vida do espírito máis alá da arte. Para o autor a física e a metafísica están estreitamente relacionadas entre si e necesítanse reciprocamente como o corpo e o espírito para poder sobrevivir.

A Mensaxe Reencontrada ou o reloxo da noite e o día de Deus[editar | editar a fonte]

En 1946, Louis Cattiaux autoeditou os primeiros 12 capítulos cun prefacio de Lanza del Vasto. Despois seguiu escribindo novos capítulos (aos que denominou libros) ata a súa morte en 1953. En 1956 apareceu a publicación completa na editorial Denoël, cunha presentación ao lector de Emmanuel e Charles d'Hooghvorst.O libro está escrito en forma de aforismos ou sentenzas, dispostos en dúas columnas e, nalgunhas ocasións, aparece un central. O libro consta de 40 capítulos, que foron escritos durante máis de 15 anos, e que recollen a experiencia espiritual do autor. Cada un destes libros está precedido de dous epígrafes e remata con dous hipógrafes, ou citas finais, extraídos das Escrituras santas de todas as nacións. É a obra por antonomasia de Cattiaux.

Os aforismos ou versículos, como os denominaba Cattiaux, tratan distintos temas, sendo cada un independente, pero á vez forman un conxunto homoxéneo sobre as preguntas fundamentais do home. A súa linguaxe é singular, pois Cattiaux non desenvolve ningún tema sistematicamente, senón que sentencia.

Pola súa particularidade é difícil situar A Mensaxe Reencontrada dentro de determinadas correntes filosóficas ou espirituais, aínda que o autor se sentía especialmente próximo á tradición hermética occidental.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]