Louis Évely
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2025) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de novembro de 1910 Bruxelas-Capital |
| Morte | 30 de agosto de 1985 |
| Relixión | Catolicismo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Catolicismo, pastoral e actividade literaria |
| Ocupación | sacerdote católico (1938–1968), sacerdote católico, predicador, escritor, Teólogo católico |
Louis Évely, nado en Bruxelas o 5 de novembro de 1910 e finado o 30 de outubro de 1985, foi un relixioso e un escritor cristián de orixe belga. Como sacerdote católico publicou varias obras sobre a vida espiritual. Deixando a vida sacerdotal casou mentres seguía activo como líder espiritual. Louis Évely foi un profesor de vida espiritual mentres foi un escritor prolífico. Varias das súas obras venderon milleiros de copias e foron traducidas a 25 idiomas. A fama de Louis Évely foi tal na década de 1960 que un dos seus sermóns foi reproducido na súa totalidade en A miña noite con Maud, película dirixida por Éric Rohmer. Unha das súas conferencias sobre a oración, impartida en España, provocou un motín, por algunhas das súas declaracións conmocionaren algúns católicos conservadores.
A maior parte do traballo de Évely non é o resultado dunha investigación académica, mais consiste en sermóns ou conferencias en retiros e o que as súas palabras evocaron no corazón de milleiros de cristiáns. Moitos dos seus oíntes transcribíron os textos das súas charlas para a súa distribución nas súas igrexas, moitas veces en forma de copias ao carbón ou fotocopias, moito antes de que os textos chegasen a editoriais e imprentas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Louis Évely naceu en Bruxelas o 5 de novembro de 1910. Xa de adolescente mostrouse inclinado á oración e, grazas ao scoutismo cristián, á solidariedade cos demais pero tamén á práctica. Despois de completar os seus estudos universitarios e de obter dous doutoramentos, un en dereito e outro en filosofía, entrou no seminario maior de Malines-Bruxelas aos 23 anos.
Ordenado sacerdote aos 27 anos, sorprendeuse ao ser asignado a unha escola rural en lugar de, como esperaba, a unha cátedra na Universidade Católica de Lovaina. Esta escola estaba situada na beira do campo de batalla de Waterloo e este nomeamento inesperado converteuse nunha oportunidade. A través da súa experiencia de catequese con nenos, Évely aprendeu a presentar a mensaxe do Evanxeo coa sinxeleza que despois a fixo famosa.
Tivo unha experiencia semellante como capelán da Resistencia antinazi nas Ardenas durante a segunda guerra mundial. A súa oración foi confrontada de súpeto coa tarefa de ter en conta a un maquis agnóstico ou anticlerical. Despois da guerra, aclamado polo seu traballo na Resistencia, pasou a ser o director da súa escola, mentres exerceu como mestre e capelán en diversas agrupacións cristiás.
Atraído pola espiritualidade de Charles de Foucauld, creou congregacións sen ordenación en Bélxica inspiradas nas ideas de Foucauld . Neste momento, a reputación de Évely como predicador converteuno nun director de retiros espirituais moi popular. Foi orador en numerosas conferencias relixiosas e predicou publicamente en congregacións organizadas polo movemento de axuda ao Terceiro Mundo coñecido como Ad Lucem (en latín "Cara á luz"). Tamén participou nunha serie de emisións en Lenten Radio (Radio Coresma). Estes discursos inspiraron os seus primeiros libros.
O padre Évely comezou a adquirir fama de orador non exento de humor e de certa ousadía, ousadía que parece anticipar as disposicións do futuro Concilio Vaticano Segundo pero que no seu momento irritaba aos seus superiores. En 1957 o seu arcebispo, o cardeal Suenens, que fora compañeiro seu de seminario, pediulle que deixase de publicar os seus libros. Pouco despois viuse obrigado a deixar de traballar como director de escola.
Entre estas afrontas profesionais e a súa vida activa, a saúde de Évely deteriorouse e obrigouno a seguir unha cura de descanso nas montañas francesas durante varios meses. Despois de completar o seu tratamento, en lugar de regresar a Bélxica, fíxose oblato no mosteiro cisterciense de Aiguebelle en Provenza. Sen tomar os seus votos, adoptou con todo a vida monástica, participando no canto e na oración mais tamén nos estudos e traballos manuais da abadía. Esta vida contemplativa satisfacía por completo as súas aspiracións místicas mais, coa axuda espiritual do abade, comprendeu que a súa verdadeira vocación era evanxélica. Polo tanto, converteuse nun predicador itinerante no suroeste de Francia, axudando na sucesión espiritual das parroquias e dirixindo retiros.
A forma de falar da fe introducida polo Vaticano II a principios dos anos 60 polo papa Xoán XXIII parece que coincidía co estilo de predicar e escribir característico de Évely. Porén, o que el chamou a "Primavera da Igrexa" estivo marcado pola decepción. Évely tivo que enfrontarse a moitos obstáculos, xa que o seu bispo negouse a concederlle o imprimátur, unha disposición obrigatoria para calquera obra publicada por un sacerdote . Pola contra, as traducións das súas obras obtiñan facilmente imprimatur no estranxeiro.
Após un intenso discernimento espiritual pediu regresar ao estado segrar ou deixar o sacerdocio, o cal lle concederon as autoridades eclesiásticas no verán de 1967. Este foi o inicio dun período prolífico no que creou e perfeccionou as súas obras máis notables, especialmente as relacionadas coa oración de homes e mulleres modernos.
Tres anos despois, aos 60 anos, Évely casou cunha amiga de moito tempo, Mary (de solteira Marie-Cécile Van der Meersch), pintora, coa que se estableceu en Piégros-la-Clastre, unha pequena aldea da Provenza. Alí, pouco a pouco, foi recuperando o seu público de predicador, incluído a miúdo protestantes, en Alsacia e Suíza. En resposta a repetidas peticións, a parella Évely creou unha casa de oración, chamada "L'Aube" (O Amencer), onde aínda hoxe unha comunidade realiza exercicios espirituais e ofrece ensinanzas.
Na década de 1980 Évely sentiu que a súa forza diminuía a medida que a súa saúde se deterioraba, probabelmente a resultas dunha enfermidade tropical contraída durante unha xira de conferencias por África. Morreu o 30 de agosto de 1985, pouco antes da medianoite, aos 75 anos.
Memoria e posteridade
[editar | editar a fonte]A asociación "Transmission", cuxo obxectivo é difundir as súas ideas a través da animación de colectivos locais e a publicación das súas obras máis significativas, foi creada en 2005, con motivo do 20 aniversario da súa morte.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Les enfants doivent-ils obéir à leurs parents? Centre d'Études Pédagogiques, Paris, 1952.
- Notre Père, aux sources de notre fraternité, Fleurus, Paris, 1956.
- L'Église et les sacrements, La Pensée Catholique, Bruxelles, 1956.
- Vivre en fraternité, Presto-print, Bruxelles, 1956.
- Souffrance, Presto-print, Bruxelles, 1957.
- C'est toi, cet homme, éditions Universitaires, Paris, 1957.
- Credo, Presto-print, Bruxelles, 1958.
- Dieu et le prochain, Diff-Edit, Paris, 1958.
- Vivre en fraternité, Presto-print, Bruxelles, 1958.
- Une religion pour notre temps. Presto-print, Bruxelles, 1962.
- Notre Père : aux sources de notre fraternité. Fleurus, Paris, 1963.
- Fraternité et Évangile. Presto-print, Bruxelles, 1963.
- Spiritualité des laïcs. Dr Ferrière, Ottignies, 1964.
- Apprenez-nous à prier. Éditions C.T.I.C., Paris, 1966.
- Amour et mariage. Louis Évely, 1966.
- Homélies sur la parole de Dieu. Office Général du Livre, Paris, 1966.
- Des pauvres. Office Général du Livre, Paris, 1967.
- Éduquer en s'éduquant. Louis Évely, 1967.
- Liberté. Louis Évely, 1967.
- Le chemin de joie. Louis Évely, 1968.
- En écoutant l'Évangile. Fleurus, Paris, 1969.
- La Prière d'un homme moderne. Éditions du Seuil, Paris, 1969.
- L'Évangile nous parle. Fleurus, Paris, 1970.
- L'Évangile sans mythes. Éditions Universitaires, 1970.
- Si l'Église ne meurt. Éditions Universitaires, 1971.
- Méditations d'Évangiles. Éditions Universitaires, 1973.
- C'est toi, cet homme. Éditions du Cerf, Paris, 1973.
- Échec et espoir d’un christianisme. Louis Évely, Crest, 1976.
- Questions de vie et de mort. Louis Évely, Crest, 1978.
- Les chemins de ma foi. Éditions du Centurion, Paris, 1982.
- Oser parler. Éditions du Centurion, Paris, 1982.
- Le chemin de joie. Marie-Cécile Évely, Piégros-la-Clastre, 1986.
- Chaque jour est une aube. Éditions du Centurion, Paris, 1987.
- Prier, c'est devenir. Éditions du Centurion, Paris, 1989.
- Les chemins de ma foi. Éditions du Centurion, Paris, 1990.
- Oser parler : désir et peur de communiquer. Éditions du Centurion, Paris, 1990.
- Éterniser sa vie. Éditions du Centurion, Paris, 1991.
- Échec et espoir d'un christianisme. Marie-Cécile Évely, Piégros-la-Clastre, 1992.
- Réinventer le mariage. Desclée de Brouwer, Paris, 1995.
- Et si tout avait un sens ? Monte-Cristo, Annecy, 2005.