Lottie Cunningham Wren
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1959 (65 anos) |
Educación | Universidade Centroamericana - Juris Doctor (–1994) |
Actividade | |
Ocupación | avogada, ecoloxista |
Premios | |
|
Lottie Cunningham Wren, nada en Bilwaskarma o 29 de setembro de 1959, é unha avogada e ambientalista nicaraguana de orixe indíxena miskito.[1] Dedícase á defensa do territorio e a protección de ecosistemas locais. Debido á súa traxectoria como defensora de dereitos humanos, recibiu un recoñecemento por parte da fundación sueca Right Livelihood Award en 2020.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cunningham foi parte da rede de organizacións que acompañou á comunidade indíxena de Awas Icni, que levou unha denuncia contra o Estado de Nicaragua por non asegurar o dereito ancestral da comunidade á propiedade do seu territorio e por outorgar unha concesión sen o seu consentimento.[4]
Estudou Dereito na Universidade Centroamericana en Managua e ten un Doutoramento en Xurisprudencia.[5]
Achegas
[editar | editar a fonte]Cunningham combinou elementos de dereito nacional e internacional para a defensa do dereito á propiedade territorial dos pobos indíxenas e afrodescendentes, ademais de contar con experiencia en programas de atención a mulleres vítimas de violencia.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lottie Cunningham Wren (Nicaragua)". The Right Livelihood Foundation (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2021. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ Welle (www.dw.com), Deutsche. "Nobel Alternativo: Lottie Cunningham teme un etnocidio en Nicaragua | DW | 01.10.2020". DW.COM (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ Welle (www.dw.com), Deutsche. "Activista nicaragüense gana el Nobel Alternativo | DW | 01.10.2020". DW.COM (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ Bravo Valencia, Juliana (27 de xuño de 2018). "Caso de la comunidad mayagna (Sumo) Awas Tingni vs. Nicaragua. Fondo, reparaciones y costas sentencia del 31 de agosto de 2001". Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ "Lottie Cunningham Wren (Nicaragua)". The Right Livelihood Foundation (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2021. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ "La nicaragüense Lottie Cunningham Wren premio Right Livelihood 2020 por su defensa de los pueblos indígenas y afrodescendientes". Fundación Sur. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2021. Consultado o 22 de maio de 2021.