Os gozos e as sombras (serie de televisión)
| Os gozos e as sombras | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Xénero
| |||||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||||
|
Lingua
| |||||||||||
| Autoría | |||||||||||
|
Creador/a
| |||||||||||
|
Director/a
| |||||||||||
|
Actores
| |||||||||||
| Temática | |||||||||||
|
Baseado en
| |||||||||||
| Publicación | |||||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||||
|
Emisora orixinal
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Os gozos e as sombras (título orixinal en castelán Los gozos y las sombras) é unha serie de televisión española de 1982, adaptada e producida por Jesús Navascués e dirixida por Rafael Moreno Alba. Está baseada na novela Los gozos y las sombras de Gonzalo Torrente Ballester (que supervisou a adaptación), e ambientada nunha vila de Galiza entre 1934 e 1936. Consta de 13 capítulos, e foi emitida inicialmente por TVE, e distribuída posteriormente ao Uruguai e a Arxentina.
Tamén foi dobrada ao galego e emitida pola TVG, converténdose no primeiro produto audiovisual dobrado ao galego.
Amais de supoñer no seu momento un relanzamento editorial da novela, abriu o camiño á produción doutras series baseadas en novelas clásicas da literatura española.
Trama
[editar | editar a fonte]Pueblanueva del Conde é unha vilas das Rías Baixas, que nos anos finais da Segunda República Española sofre un cambio social e económico que altera a orde tradicional instalada. As familias vellas propietarias das terras ceden paso á nova burguesía industrial.
Tralo regreso de Carlos Deza, último da saga dos Churruchaos, comeza un enfrontamento entre el e dona Mariana fronte a Cayetano Salgado.
Rodaxe
[editar | editar a fonte]Foi rodada en Pontevedra e arredores. Aparecen lugares como o mosteiro de Poio ou Combarro.
Ficha artística
[editar | editar a fonte]Personaxes
[editar | editar a fonte]- Eusebio Poncela (Carlos Deza)
- Amparo Rivelles (Mariana Sarmiento)
- Charo López (Clara Aldán)
- Carlos Larrañaga (Cayetano Salgado)
- Rosalía Dans (Rosario "La Galana")
- Santiago Ramos (Juan Aldán)
- Manuel Galiana (Paquito)
- Rafael Alonso Ochoa (Don Baldomero)
- José María Caffarel (Don Lino)
- Eduardo Fajardo (Fray Eugenio)
- Isabel Mestres (Inés Aldán)
- Tito García (Cubeiro)
- María Casal (Carmiña)
- Fernando Sánchez Polack (El Cubano)
- Verónica Luján (Lucía)
- Carmen Roldán (Germaine)
- María Vico (Rucha)
- Laura Cepeda (Rucha filla)
- Julia Trujillo (La Galana)
- Walter Vidarte (Xirome)
- Pilar Bardem (Curandeira)
Equipo técnico
[editar | editar a fonte]- Jesús Navascués (adaptación e produción)
- Rafael Moreno Alba (dirección e realización)
- José García Galisteo (fotografía)
- Nemesio García Carril (música orixinal)
- Pedro del Rey (montaxe)
- Eduardo Hidalgo (decorador)
- Javier Artiñano (figuración)
- Gonzalo Torrente Ballester (supervisión)
Dobraxe
[editar | editar a fonte]Ten unha relevancia especial na historia da dobraxe ao galego, pois foi o primeiro produto audiovisual dobrado ao galego, no ano 1984. A dobraxe foi dirixida por Juan Guisán no estudio Vídeo Galicia (A Coruña) e o guión traducido por Marino Dónega.
Premios
[editar | editar a fonte]| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor intérprete de televisión | Charo López | Gañadora |
| Mellor intérprete de televisión | Eusebio Poncela | Candidato |
| Mellor intérprete de televisión | Amparo Rivelles | Candidata |
| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor serie nacional | Gañadora | |
| Mellor actriz | Charo López | Gañadora |
| Categoría | Resultado |
|---|---|
| Nacional de Televisión | Gañadora |
| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor serie de televisión | Gañadora | |
| Mellor director de televisión | Rafael Moreno Alba | Gañador |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Torrente Ballester: En 'Los gozos y las sombras', la novela era más erótica que la película""; entrevista de Rosa María Pereda en El País, 24 de marzo de 1982 (en castelán).
- Los gozos y las sombras Arquivado 30 de agosto de 2009 en Wayback Machine. na web de TVE
- Ficha na web de AVG.