Los domingos
Aparencia
| Los domingos | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||
Los domingos é un filme dramático de 2025 dirixido por Alauda Ruiz de Azúa e protagonizado por Patricia López Arnaiz, Mabel Rivera, Blanca Soroa, Nagore Aranburu e Miguel Garcés. Foi premiada coa Cuncha de Ouro do Festival Internacional de Cine de Donostia.[1] Nos premios Goya de 2026 recibiu cinco galardóns: o de mellor filme, dirección, actriz secundaria, actriz protagonista e guión orixinal.[2]
Argumento
[editar | editar a fonte]Conta a historia dunha moza de 17 anos, boa estudante e orfa de nai, que anuncia á súa familia que quere converterse en monxa de clausura, o que provoca conflitos dentro da súa familia.[3] [4] O seu pai mantense á marxe da súa decisión, mentres que a súa tía cre que a Igrexa a está manipulando.[5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Blanca Soroa como Ainara
- Patricia López Arnaiz como Maite
- Nagore Aranburu
- Miguel Garcés
- Juan Minujín
- Mabel Rivera
- Guillermo Zani
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Belinchón, Gregorio (2025-09-27). "‘Los domingos’, de Alauda Ruiz de Azúa, irrefutable Concha de Oro del festival de San Sebastián" (en castelán). Consultado o 2025-09-27.
- ↑ RTVE.es (2026-02-28). "Todos los ganadores de los Goya 2026: lista completa de los premiados". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2026-03-01.
- ↑ Belinchón, Gregorio (2025-09-22). "‘Los domingos’: Alauda Ruiz de Azúa infunde fe en el gran cine" (en castelán). Consultado o 2025-09-27.
- ↑ "'Los domingos', ganadora en el Festival de San Sebastián 2025: Todos los premiados" (en castelán). 2025-09-27. Consultado o 2025-09-27.
- ↑ "Crítica de 'Los domingos', la nueva joya de Alauda Ruiz de Azúa" (en castelán). 2025-09-22. Consultado o 2025-09-27.