Los del Río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Los del Río
Actuación do 24 de xullo de 2009 na Praza de España de Madrid
OrixeDos Hermanas, Sevilla, España
Período1962- presente
Xénero(s)Folclore - Sevillanas
Selo(s) discográfico(s)RCA - Sony BMG
MembrosAntonio Romero Monge
Rafael Ruiz Perdigones
Na rede
soleraproducciones.com
Facebook: losdelrio Twitter: LosDelRioMusic Youtube: UCLzTX8wSKbPjsWVEjA4V96g Spotify: 2JXn03fudjyRkQ1Ye9f5rk Musicbrainz: c152ed9f-7a4c-4006-af2d-ed8b7126b0a0 Songkick: 442042 Discogs: 85500 Allmusic: mn0000847305 Editar o valor em Wikidata

Los del Río é un dúo musical formado por Antonio Romero Monge e Rafael Ruiz Perdigones. Iniciaron a súa carreira musical na década dos 60. O seu maior éxito chegou con "Macarena" entre os anos 1995 e 1997, converténdose no terceiro sinxelo e a canción en español máis vendida da historia da música a nivel mundial con máis de 14 millóns.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

En 1962, cando tiñan só 14 anos, formaron o dúo Los del Río, actuando por primeira vez ante o público no programa Ronda del Domingo de Radio Sevilla da Cadena SER. O factor clave no aumento da popularidade do Grupo Los del Río, é a súa colaboración co produtor e compositor Manuel Sánchez Pernía con quen gravaron un disco cun estilo bastante similar pouco antes do estrepitoso éxito da Macarena. A súa especialidade é a música folclórica, en especial as sevillanas. Por un tempo, Los del Río actuaban en festas privadas de Marbella e Madrid.[2]. Con todo, no verán de 1996, tras ser remesturada (Macarena) polo dúo Fangoria para chegar a ser máis comercial, o dúo gozou dun enorme éxito coa canción do verán, chegando ata a acadar o número un no Billboard Hot 100. A canción tamén foi vendida en moitos outros países como en Australia.

Los del Río seguen a vivir en Dos Hermanas (Sevilla).

Aínda que o dúo non recoñeza o éxito da canción á Fangoria, eles seguen tentando ata o día de hoxe que se lles recoñeza, mediante demandas que foron sistematicamente desestimadas.

Discografía[editar | editar a fonte]

Discos[editar | editar a fonte]

Ano Álbum
1993 Retrato a Sevilla
1994 A mi me gusta
1995 Calentito
1996 Macarena Non Stop
1996 Colores
1997 Fiesta Macarena
1999 Baila
2003 Río de sevillanas
2004 P'alante
2008 Quinceañera Macarena
Un sarxento americano apréndelle o baile da Macarena a un soldado iraquí.

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Título do sinxelo US US Latin UK Singles Chart[3] AUS Disco
1995 Macarena[4]
23
12
-
-
A mí me gusta
Macarena (Bayside Boys Mix)
1
-
2
1
Macarena Non Stop
1996 Macarena Christmas
57
-
-
5
1997 Baila Baila
-
-
-
-
2008 Macarena (The Art of Sound Group Mix)
-
-
-
-
Quinceañera Macarena

Premios[editar | editar a fonte]

  • En 2004 concedéuselles a Medalla de Andalucía.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Global track chart.
  2. Solera Producciones Arquivado 27 de marzo de 2010 en Wayback Machine..
  3. Roberts, David (2006). Guinness World Records Limited, ed. British Hit Singles & Albums (19th ed.). London. p. 329. ISBN 1-904994-10-5. 
  4. Lanzado en 1993 en Europa.
  5. Decreto 64/2004, de 17 de febrero, por el que se concede la Medalla de Andalucía a don Antonio Romero Monge y a don Rafael Ruiz Perdigones.