Los del Río é un dúo musical formado por Antonio Romero Monge e Rafael Ruiz Perdigones. Iniciaron a súa carreira musical na década dos 60. O seu maior éxito chegou con "Macarena" entre os anos 1995 e 1997, converténdose no terceiro sinxelo e a canción en español máis vendida da historia da música a nivel mundial con máis de 14 millóns.[1]
En 1962, cando tiñan só 14 anos, formaron o dúo Los del Río, actuando por primeira vez ante o público no programa Ronda del Domingo de Radio Sevilla da Cadena SER. O factor clave no aumento da popularidade do Grupo Los del Río, é a súa colaboración co produtor e compositor Manuel Sánchez Pernía con quen gravaron un disco cun estilo bastante similar pouco antes do estrepitoso éxito da Macarena. A súa especialidade é a música folclórica, en especial as sevillanas. Por un tempo, Los del Río actuaban en festas privadas de Marbella e Madrid.[2]. Con todo, no verán de 1996, tras ser remesturada (Macarena) polo dúo Fangoria para chegar a ser máis comercial, o dúo gozou dun enorme éxito coa canción do verán, chegando ata a acadar o número un no Billboard Hot 100. A canción tamén foi vendida en moitos outros países como en Australia.
Los del Río seguen a vivir en Dos Hermanas (Sevilla).
Aínda que o dúo non recoñeza o éxito da canción á Fangoria, eles seguen tentando ata o día de hoxe que se lles recoñeza, mediante demandas que foron sistematicamente desestimadas.