Saltar ao contido

Los años nuevos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Los años nuevos
 Título
Los años nuevos Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Formato de imaxe
Autoría
 Director/a
 Actores
Temática
 Ambientado en
Publicación
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
28 de novembro de 2024 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
12 de decembro de 2024 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Número de episodios10 Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: tt29615330 Filmaffinity: 632443 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Los años nuevos é unha miniserie de televisión por internet española-francesa de drama e coming of age creada por Rodrigo Sorogoyen, Sara Cano e Paula Fabra para Movistar Plus+ e Arte. Foi producida por Caballo Films e protagonizada por Iria del Río e Francesco Carril. Estreouse en España en Movistar Plus+ o 28 de novembro de 2024, para despois concluír o 12 de decembro de 2024.

Ana (Iria del Río) fai 30 anos o día de Aninovo coa vida aínda por resolver: vive nun piso compartido, no lle gusta o seu traballo e muda a miúdo de amigos. Óscar (Francesco Carril) fai 30 anos o día de Noitevella coa vida case resolta: médico vocacional, amigos fieis e unha relación que vai e vén. A noite na que os dous fan os 30 coñécense, namoran e comezan unha relación cuxas idas e voltas durarán dez anos.[1]

Produción

[editar | editar a fonte]

O 25 de outubro de 2023, anunciouse que comezara a rodaxe da serie. Los años nuevos, a cal sería o terceiro proxecto de Rodrigo Sorogoyen para Movistar Plus+ despois de Antidisturbios e o capítulo "Negación" de Apagón, ademais da cancelación da serie de Sorogoyen sobre a guerra civil española.[2] Iria del Río e Francesco Carril foron anunciados como os actores protagonistas.[3] A rodaxe da serie tivo lugar na Comunidade de Madrid, así como na cidade francesa de Lión e a cidade alemá de Berlín.[4]

En marzo de 2024, anunciouse que a rodaxe da serie rematara e que o capítulo final daa serie estaría formado por un plano secuencia.[5]