Los Trotamúsicos
Aparencia
| Los Trotamúsicos | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
Los Trotamúsicos é unha serie de televisión de animación española, baseada nos Músicos de Bremen dos Irmáns Grimm, producida por Estudios Cruz Delgado para Televisión Española e emitida por primeira vez o 1 de outubro de 1989. Terminou o 25 de marzo de 1990.
A serie segue a historia de catro amigos animais, un galo, un burro, un can e un gato, que forman unha banda tocando respectivamente a guitarra, a batería, a trompeta e o saxofón.[1]
Orixinalmente estreada como unha longametraxe de 86 minutos titulada Los cuatro músicos de Bremen, foi fortemente ampliado nunha serie de televisión debido ao seu éxito. O filme gañou o Goya ao mellor filme de animación na 4ª edición dos premios.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alcaraz, Maripaz (22 de marzo de 2020). "Así era 'Los Trotamúsicos'". FormulaTV (en castelán).
- ↑ "Los 4 músicos de Bremen". Premios Goya (en castelán).