Los Potes
Los Potes | |
---|---|
Orixe | Santiago de Compostela, ![]() |
Período | 1965−1975 2000−presente |
Xénero(s) | rock, pop |
Membros | Antonio Fuentes Miguel Fuentes Ignacio Tojo "Firuco" Luis Otero Javier Schofield Nacho Tojo |
Antigos membros | Manolo Fuentes José María Hernández Enrique Salmonte Medín Santiago Cañete Arsenio |
Los Potes é un grupo musical galego de Santiago de Compostela. Formado en 1965 para tocar versións de temas de pop e rock en festas e verbenas, o grupo separouse en 1975, pero regresou á actividade no 2000.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundado en en 1965 en Santiago de Compostela e estaba formado inicialmente por cinco membros: os irmáns Antonio e Manolo Fuentes (Baby), José María Hernández, Enrique Salmonte e Santiago Cañete.[1] Deron o seu primeiro concerto na Noitevella de 1966 no hotel Caracas do Milladoiro e nos seguintes anos fixéronse especialmente célebres na comarca de Barbanza, actuando en festas e verbenas, onde tocaban versións de temas da época, tanto de pop como rock ou música de verbena.[2] A súa actividade detívose sobre 1975 pola imposibilidade de compatibilizar a música coa vida diaria dos seus membros, pero o grupo reviviu no ano 2000, reuníndose de novo e dando concertos durante as seguintes décadas, aínda que só con tres dos membros orixinais.[1][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Los Potes: la banda sixty que arrasa en las prisiones gallegas". El Correo Gallego (en castelán). 7 de febreiro de 2017. Consultado o 26 de setembro de 2024.
- ↑ "Cuando el histórico grupo Los Potes debutó en una fiesta de fin de año de 1966 en el hotel Caracas". El Correo Gallego (en castelán). 30 de xullo de 2020. Consultado o 26 de setembro de 2024.
- ↑ "Música solidaria con Los Potes y la Banda Sons e Soños". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de maio de 2024. Consultado o 26 de setembro de 2024.