Lorraine Hansberry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lorraine Hansberry
Lorraine Hansberry speaking to an audience.jpg
Nome completoLorraine Vivian Hansberry
Nacemento19 de maio de 1930
Lugar de nacementoChicago
Falecemento12 de xaneiro de 1965
Lugar de falecementoNova York
Causacancro de páncreas
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Wisconsin-Madison, The New School e Englewood Technical Prep Academy
Ocupaciónescritora, director teatral, guionista, dramaturga e activista
PaiCarl Augustus Hansberry
Coñecida porA Raisin in the Sun
PremiosChicago Gay and Lesbian Hall of Fame
Na rede
IMDB: nm0360605 IBDB: 7375
Musicbrainz: 1bb07a44-3bff-4d4b-9731-ee56a8b8b3b6 Discogs: 3207871 WikiTree: Hansberry-31 Find a Grave: 443 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lorraine Hansberry, nada en Chicago o 19 de maio de 1930 e finada en Nova York o 12 de xaneiro de 1965, foi unha escritora e dramaturga estadounidense, que participou na loita pola igualdade de dereitos.[1] Foi a primeira autora afroamericana que tivo unha obra representada en Broadway.

Foi candidata aos premios Tony á mellor obra e nos premios WGA ao drama estadounidense mellor escrito.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hanberry era a máis nova dos catro fillos de Nannie Louise Perry, mestra, e de Carl Augustus Hansberry, corretor inmobiliario.

En 1938, o seu pai mercou unha casa en Washington Park no sur de Chicago, provocando a ira dos seus veciños brancos.[2] Os esforzos destes para botar a familia Hansberry culminaron na decisión do Tribunal Supremo no caso Hansberry v. Lee de 1940, que gañou o seu pai fronte a un delito de segregación racial.[3] Naquel momento considerouse que a restrición non era lexítima, mais tampouco inválida;[2] estas restricións non foron declaradas inconstitucionais ata o caso Shelley v. Kraemer, 334 U.S. 1 (1948).[4]

Carl Hansberry tamén apoiaba a Urban League e a National Association for the Advancement of Colored People NAACP en Chicago. Ambos os Hansberrys eran activos no Partido Republicano de Chicago.[5] Carl faleceu en 1946 cando Lorraine tiña quince anos; "o racismo americano axudou a matalo", dixo ela máis adiante.[6]

Lorraine Hansberry realizou os seus estudos na Universidade de Wisconsin-Madison.

Trasladouse a Nova York, onde traballou para o xornal panafricanista Freedom, en que tratou con outros intelectuais como Paul Robeson ou W. E. B. Du Bois. En 1951 mudouse a Harlem[7] e involucrouse no activismo contra os desafiuzamentos.[8] Gran parte do seu traballo nese momento foi sobre a loita africana pola liberación e o seu impacto no mundo. As obras de Hansberry tamén se ocupaban do seu lesbianismo e da opresión da homosexualidade.[9][10]

A súa obra máis famosa, A Raisin in the Sun, escrita en 1959, inspirouse na batalla legal emprendida pola súa familia en contra das leis de segregación racial en Chicago durante a súa infancia. O título da obra provén do poema "Harlem" de Langston Hughes: "Que pasa cando se pospón un soño? Sécase como unha pasa ao sol?". Aos vinte e nove anos gañou o New York Drama Critics' Circle Award, sendo a primeira gañadora afroamericanan, a quinta muller e a máis nova.[11]

O 20 de xuño de 1953, Hansberry casou con Robert Nemiroff, publicista, letrista e activista político xudeu.[12] En 1964, Hansberry e Nemiroff divorciáronse, mais continuaron a traballar xuntos.[13][14]

Hansberry faleceu de cancro de páncreas[15] o 12 de xaneiro de 1965, aos 34 anos.[13] James Baldwin afirmou:

É normal sospeitar que o que viu contribuíu á tensión que a matou, porque o esforzo ao que Lorraine estaba sometida é máis que suficiente para matar un humano.[16]

Hansberry inspirou a canción "To Be Young, Gifted and Black" da cantante e pianista Nina Simone, e ese foi tamén o título da obra de teatro autobiográfica. Robert Nemiroff doou os efectos persoais e profesionais da súa ex esposa á New York Public Library. Ao facelo bloqueou o acceso a todos os materiais relacionados co lesbianismo de Hansberry, facendo que os biógrafos e estudosos non tivesen acceso a eles durante cincuenta anos.[17] En 2013, a filla de Nemiroff liberou o material restrinxido para Kevin J. Mumford, que explorou a autoidentificación de Hansberry na súa obra posterior.[17][18]

Obras[editar | editar a fonte]

  • A Raisin in the Sun (1959)
  • A Raisin in the Sun, guión (1961)
  • "On Summer" (artigo) (1960)
  • The Drinking Gourd (1960)
  • What Use Are Flowers? (escrito c. 1962)
  • The Arrival of Mr. Todog, parodia de Á espera de Godot
  • The Movement: Documentary of a Struggle for Equality (1964)[19]
  • The Sign in Sidney Brustein's Window (1965)
  • To Be Young, Gifted and Black: Lorraine Hansberry in Her Own Words (1969)
  • Les Blancs: The Collected Last Plays / by Lorraine Hansberry. Editado por Robert Nemiroff (1994)
  • Toussaint. Este fragmento dunha obra en proceso inacabada trata sobre as vidas do dono dunha plantación en Haití e a súa esposa que cambian de xeito drástico coa revolución de Toussaint Louverture

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lipari, Lisbeth. "Queering the borders: Lorraine Hansberry’s 1957 Letters to The Ladder" Paper presented at the annual meeting of the International Communication Association, Marriott Hotel, San Diego, CA, 27 de maio de 2003 Arquivado 05 de abril de 2020 en Wayback Machine.. Online. 28 de xuño de 2008.
  2. 2,0 2,1 Hansberry v. Lee, 311 U.S. 32
  3. Africawithin. "Biography of brother William Leo Hansberry" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 21014. 
  4. Shelley v. Kramer
  5. Anderson, "Freedom Family" (2008), p. 263.
  6. Anderson, "Freedom Family" (2008), pp. 268–269.
  7. Carter, "Commitment amid Complexity" (1980), p. 41.
  8. Carter, "Commitment amid Complexity" (1980), p. 47
  9. Anderson, Melissa. "Lorraine Hansberry's Letters Reveal the Playwright's Private Struggle". The Village Voice. 
  10. Belletto, S (2017). American Literature in Transition, 1950–1960. Cambridge University Press. p. 176. ISBN 978-1108307819. 
  11. Cheney, Anne. Lorraine Hansberry (Boston: Twayne, 1984). Regenstein Bookstacks, PS3515.A595Z8C51.
  12. Herald, Compton (19 de febreiro de 2018). "Pasadena hosts Lorraine Hansberry classic, 'A Raisin in the Sun'". Compton Herald. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2019. Consultado o 26 de xaneiro de 2019. 
  13. 13,0 13,1 Carter, "Commitment amid Complexity" (1980), p. 43.
  14. Blau, Eleanor (19 de xullo de 1991). "Robert Nemiroff, 61, Champion of Lorraine Hansberry's Works". The New York Times. Consultado o 31 de marzo de 2013. 
  15. Buchanan, Paul D (2009). The American Women's Rights Movement: a chronology of events and of opportunities from 1600 to 2008. Branden Books. p. 210. ISBN 978-0-8283-2189-1. 
  16. Baldwin, James, Sweet Lorraine, introduction to Hansberry, Lorraine, To Be Young, Gifted and Black: An Informal Autobiography (Signet Paperback, 1970) p. xiv. ISBN 0-451-15952-7.
  17. 17,0 17,1 Mumford 2016, pp. 19–20
  18. Mumford, Kevin. "Opening the Restricted Box: Lorraine Hansberry's Lesbian Writing". OutHistory.org. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  19. Hansberry, Lorraine (1964). The Movement: Documentary of a Struggle for Equality. Nova York: Simon and Schuster. OCLC 558219368. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]