Loris Benito
Loris Benito | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Loris Benito Souto | ||
Nacemento | 7 de xaneiro de 1992 | ||
Lugar de nacemento | Aarau | ||
Altura | 1,84 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Young Boys | ||
Número | 23 | ||
Carreira xuvenil | |||
2000–2009 | FC Aarau | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2009–2012 | FC Aarau | 47 | (2) |
2012–2014 | FC Zürich | 58 | (0) |
2014–2015 | Benfica | 2 | (0) |
2015 | Benfica B | 3 | (0) |
2015–2019 | Young Boys | 71 | (2) |
2019–2021 | Girondins | 55 | (1) |
2022 | Sion | 13 | (0) |
2022– | Young Boys | 19 | (0) |
Selección nacional | |||
2010–2011 | Suíza sub-19 | 12 | (1) |
2011–2012 | Suíza sub-20 | 6 | (0) |
2014 | Suíza sub-21 | 7 | (0) |
2018– | Suíza | 13 | (1) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 18 de xuño de 2023. Selección: actualizado a 21 de xuño de 2021.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Loris Benito Souto, nado en Aarau o 7 de xaneiro de 1992, é un futbolista suízo, de orixe galega. Xoga como defensa no Young Boys da Super Liga suíza e é internacional coa selección suíza.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Orixes[editar | editar a fonte]
Naceu na cidade suíza de Aarau, sendo fillo dun asturiano e unha galega da Pastoriza, Arteixo.[1]
FC Aarau[editar | editar a fonte]
Criouse futbolisticamente no FC Aarau, debutando profesionalmente co primeiro equipo na Primeira división o 1 de novembro de 2009, con 17 anos, fronte ao Neuchâtel Xamax da man do adestrador Martin Andermatt.[2] O equipo, cuxa portería defendía o seu tío Iván Benito, acabou a tempada descendendo á Segunda división. Continuou dúas tempadas máis no club e en 2012 fichou polo FC Zürich.
FC Zürich[editar | editar a fonte]
Chegou a Zürich para ocupar a vacante deixada polo tamén suízo-galego Ricardo Rodríguez.[3] Militou durante dous anos no club, conquistando unha Copa de Suíza e xogando a fase previa da Europa League. En marzo de 2013 acadou sona mundial durante un partido de liga contra o FC Thun, cando foi mordido por unha garduña que invadira o campo e que el mesmo atrapara despois de varios minutos de interrupción.[4][5][6]
Benfica[editar | editar a fonte]
En xuño de 2014 foi traspasado ao Benfica.[7] Co equipo lisboeta gañou a Liga, a Copa e a Supercopa, e debutou na Liga de Campións nun encontro fronte ao Bayer Leverkusen.[8][9] Con todo, o adestrador Jorge Jesus apenas lle deu minutos durante a tempada, chegando a xogar algúns partidos co filial,[10] polo que deixou o equipo ao remate desta.[11]
Young Boys[editar | editar a fonte]
O 23 de xuño de 2015 asinou co Young Boys de Berna, regresando así ao seu país natal.[12] Nas súas dúas primeiras tempadas, nas que o equipo quedou subcampión de liga por detrás do FC Basel, Benito sufriu varias lesións que o mantiveron afastado dos terreos de xogo durante meses. Xa recuperado, disputou máis de 70 partidos nas tempadas 2017/18 e 2018/19, gañando dúas ligas consecutivas, a primeira co adestrador Adi Hutter e a segunda con Gerardo Seoane. Ademais disputou a Liga de Campións na edición 2018/19, caendo na fase de grupos despois de ser encadrado con Manchester United, Juventus e Valencia.[13]
En xullo de 2019 foi presentado como novo xogador do Girondins de Bordeaux, da Ligue 1 francesa, onde se fixo coa titularidade dende o seu debut.[14]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foi internacional coas seleccións suízas sub-19, sub-20 e sub-21 en 25 ocasións, marcando 1 gol.
O 14 de novembro de 2018 debutou con selección suíza absoluta nun amigable contra Qatar que acabou coa vitoria do equipo asiático por 0-1.[15]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Loris Benito: «Tocó el grupo que habría elegido»". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de setembro de 2018. Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "Neuchâtel Xamax - Aarau 2009". ceroacero.es (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "Loris Benito reemplazará a Ricardo Rodríguez en las filas del Zurich" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ Sky News (11 de marzo de 2013). Pine Marten Bites Loris Benito During Football Match In Switzerland (Youtube) (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "Un animal interrumpe un partido de fútbol en Suiza y muerde a un jugador". El HuffPost (en castelán). 11 de marzo de 2013. Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "When animals attack: Wild marten bites a soccer player on the field". USA Today (en inglés). 10 de marzo de 2013. Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "Loris Benito refuerza el Benfica" (en castelán). 25 de xuño de 2014. Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ Da Cunha, Pedro Jorge. "Benfica bicampeão: 28 com as faixas e dois à espera" (en portugués). Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "Benfica - Bayer Leverkusen 2014". ceroacero.es (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "Benfica B - Oriental Lisboa". ligaportugal.pt (en portugués). Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ Calabuig, Pascu (26 de outubro de 2018). ""Me supo mal el descenso del Dépor, estoy pendiente de sus resultados"". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "SL: Loris Benito aux Young Boys" (en francés). 23 de xuño de 2015. Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "Liga de Campións 2018/19". UEFA (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "El Girondins Burdeos presenta al lateral izquierdo, Loris Benito" (en castelán). 6 de xullo de 2019. Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "Suíza - Qatar 2018". eu-football.info (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1992
- Nados no cantón de Argovia
- Suízos de ascendencia galega
- Futbolistas de Suíza
- Defensas de fútbol
- Xogadores do FC Aarau
- Xogadores do FC Zürich
- Xogadores do SL Benfica B
- Xogadores do SL Benfica
- Xogadores do BSC Young Boys
- Xogadores do FC Girondins de Bordeaux
- Xogadores do FC Sion
- Xogadores da selección de fútbol de Suíza