Lorenzo Pérez
Loren | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Lorenzo Pérez García | ||
Nacemento | 23 de outubro de 1933 | ||
Lugar de nacemento | Ronda | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | dianteiro, dianteira | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Algeciras | |||
1952–1960 | Sevilla | 97 | (43) |
1958–1959 | → Granada | 23 | (5) |
1960–1963 | Mallorca | 28 | (5) |
1963–1965 | Algeciras | 28 | (6) |
1966 | Balompédica Linense | ||
Selección nacional | |||
1954 | España | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Lorenzo Pérez García, coñecido como Loren, nado en Ronda o 23 de outubro de 1933, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e militou principalmente no Sevilla FC.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras xogar no Algeciras, debutou na Primeira División con 19 anos nas filas do Sevilla. Foi na xornada 26 da tempada 1952/53, contra o Racing de Santander no Sardinero, partido no que marcou o seu primeiro gol. Foi titular nas catro xornadas restantes, nas que marcou outros catro goles, incluído un triplete contra o Celta de Vigo no estadio de Nervión.
Militou no Sevilla ata 1960, marcando 49 goles nos seus 109 partidos oficiais. Na tempada 1958/59 foi cedido ao Granada CF de Scopelli, nunha operación pola que Arsenio e Ramoní foron traspasado ao club granadino e Gilberto Navarro pasou a ser xogador do Sevilla.[1]
En 1960 fichou polo RCD Mallorca, onde xogou ata 1963, cando regresou ao Algeciras. Xogou as últimas xornadas da tempada 1965/66 coa Real Balompédica Linense, xogando a promoción de ascenso a Segunda, onde caeron eliminados contra o Plus Ultra.[2]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa selección española nun partido amigable contra o Stuttgart en 1954.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Arsenio y Ramoní, traspasados al Granada a cambio de Navarro". La Noche (en castelán) (11694). 9 de setembro de 1958. p. 14. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
- ↑ Almagro, Rubén (26 de xuño de 2020). "El fútbol se rinde a Loren". Europa Sur (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).