Looking (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Looking
FormatoSerie de televisión
Creado porMichael Lannan
IntérpretesJonathan Groff
Frankie J. Alvarez
Murray Bartlett
Lauren Weedman
Russell Tovey
Raúl Castillo
País de orixeEstados Unidos de América
Lingua(s)Inglés
Temporadas2
Episodios18 (máis un especial)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Michael Lannan
David Marshall Grant
Sarah Condon
Andrew Haigh
Localización(s)San Francisco
Duración30 minutos(aprox.)
86 minutos (o especial de 2016)
Emisión orixinal
Canle de orixeHBO
Primeiro episodio19 de xaneiro de 2014
Derradeiro episodio23 de xullo de 2016
Na rede
http://www.hbo.com/looking
IMDB: tt2581458 Allocine: 16928 Rottentomatoes: tv/looking Metacritic: tv/looking TV.com: shows/looking
Facebook: LookingHBO Twitter: LookingHBO Instagram: lookinghbo Souncloud: lookinghbo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Looking é unha serie de televisión estadounidense para HBO creada por Michael Lannan e producida por David Marshall Grant, Sarah Condon e Andrew Haigh. Está protagonizada por Jonathan Groff, Frankie J. Alvarez, Murray Bartlett, Lauren Weedman, Russell Tovey e Raúl Castillo. A serie trata as experiencias de tres amigos gais que viven en San Francisco.

Looking foi gabada polo seu guión, a súa dirección e a interpretación do elenco, así como pola frescura do tratamento da temática LGTB. A pesar das boas críticas, a audiencia foi baixa, polo que se cancelou a serie trala segunda tempada. Porén, HBO creou un episodio especial para pechar a serie. O episodio especial saíu o 23 de xullo de 2016 nos Estados Unidos de América para HBO.[1] En 2019, The Guardian cualificou Looking como unhas das "100 mellores series de televisión do século XXI".[2]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Patrick Murray é un mozo de 29 anos que traballa como deseñador de videoxogos en San Francisco, onde vive cos seus amigos Dom e Agustín. Patrick tende a ser inxenuo e en xeral tivo mala sorte no amor, pero as cousas cambian na súa vida após coñecer a Richie e posteriormente namorar do seu xefe, Kevin. Dom, pola súa parte, persegue o seu soño de abrir o seu propio restaurante co apoio da súa amiga Doris, e a axuda inesperada de Lynn, un empresario de éxito. Agustín ten problemas de convivencia co seu mozo Frank e a súa carreira artística atópase estancada, ao que se lle engade a súa tendencia a tomar drogas. Os tres irán facendo fronte a diferentes obstáculos ao tempo que desenvolven a súa traxectoria profesional e persoal.

Elenco e personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

Recorrentes[editar | editar a fonte]

Tempadas e episodios[editar | editar a fonte]

Tempada Episodios Datas
Comezo Fin
1 8 19 de xaneiro de 2014 9 de marzo de 2014
2 10 11 de xaneiro de 2015 22 de marzo de 2015
The Movie
(episodio especial)
26 de xuño de 2016 (no Festival de Cinema Frameline)
23 de xullo de 2016 (HBO)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Andreeva, Nellie (25 de marzo de 2015). "HBO's 'Looking' Gets Finale Special – No Season 3.". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2020. Consultado o 25 de marzo de 2015. 
  2. Seale, Jack (16 de setembro de 2019). "The 100 best TV shows of the 21st century". guardian.com. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2019. Consultado o 6 de xullo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "About Looking". Consultado o 26 de outubro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 Goldberg, Lesley (8 de febreiro de 2013). "'Glee's' Jonathan Groff to Star in HBO Comedy Pilot (Exclusive)". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2020. Consultado o 24 de agosto de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Andreeva, Nellie (23 de agosto de 2013). "Scott Bakula Joins HBO's Michael Lannan Dramedy Series, Now Titled 'Looking'". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2020. Consultado o 24 de agosto de 2013. 
  6. Abramovitch, Seth (29 de agosto de 2013). "Russell Tovey Joins Gay-Themed HBO Dramedy (season 2, recurring season 1)'Looking'". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2020. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  7. Castillo, Raúl (30 de xaneiro de 2015). "A look at HBO’s ‘Looking’ with Raúl Castillo". So Popular!. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2020. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  8. "Mean Girls' Daniel Franzese Lands Looking Role — Who Will He Court?". TVLine. Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2017. Consultado o 30 de agosto de 2014. 
  9. 9,0 9,1 "Looking Finds Season 2 Gigs for Crossbones Co-Star, Late Night Comic". TVLine. Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2017. Consultado o 30 de agosto de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]