Saltar ao contido

Lonchura atricapilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lonchura atricapilla
 Nome taxon
    Lonchura atricapilla
Louis Pierre Vieillot 1807 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    L. atricapilla (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaEstrildidae
XéneroLonchura
EspecieLonchura atricapilla Editar o valor en Wikidata
(Vieillot, 1807) Lonchura atricapilla Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   13 g peso adulto Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   5 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   12 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0339lc Editar o valor en Wikidata
ITIS726104 Editar o valor en Wikidata
OTT4085 Editar o valor en Wikidata
UICN22729138 Editar o valor en Wikidata
CoL72MNJ Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Lonchura atricapilla é un pequeno paseriforme. Antes considerábase conespecífico co moi relacionado Lonchura malacca, pero agora acéptase como especie separada. Este paxaro estríldido é un reprodutor residente en Bangladesh, Brunei, Camboxa, China, India, Indonesia, Laos, Malaisia, Myanmar, Nepal, as Filipinas, Singapur, Taiwán, Tailandia, Vietnam e Hawai. Tamén foi introducido en todas as Grandes Antillas e Martinica e en xeral no Caribe. Está incluída dentro da lista de aves de Portugal (co nome bico-de-chumbo-de-cabeça-preta),[1] pero non vive en Galicia.

Antes de 1995 era a ave nacional das Filipinas,[2] onde en tagalo se chama mayang pula ("maya vermella") debido á mancha de cor vermella ladrillo na parte traseira do dorso que só é visible cando voa. Distínguese doutras aves locais chamadas maya, especialmente do predominantemente marrón "mayang simbahan" ("maya de igrexa", que se refire especificamente ao pardal montés)[3] que é máis común en áreas urbanas.

Subespecies

[editar | editar a fonte]

A especie comprende sete subespecies aceptadas:[4]

  • Lonchura atricapilla rubronigra (Hodgson, 1836)
  • Lonchura atricapilla atricapilla (Vieillot, 1807)
  • Lonchura atricapilla deignani Parkes, 1958
  • Lonchura atricapilla sinensis (Blyth, 1852)
  • Lonchura atricapilla batakana (Chasen & Kloss, 1929)
  • Lonchura atricapilla formosana (Swinhoe, 1865)
  • Lonchura atricapilla jagori (Martens, 1866)

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son paxaros pequenos cos sexos iguais e razas que se diferencian lixeiramene en cor. En L. a. jagori, o adulto ten toda a cabeza, peito, centro do ventre e cobertoiras baixo a cola negros; o dorso, ás e lados da barriga castaños, máis brillantes nas partes inferiores, máis apagado nas ás; cobertoiras da parte superior da cola marróns avermelladas escuras, parte ventral beixe. Bico gris prateado; ollo castaño, patas cincentas.

Niño cupuliforme; o punto de entrada/saída é visible

É unha ave pequena gregaria que se alimenta principalmente de grans e outras sementes. Frecuenta pradarías abertas e zonas de cultivo. O niño é unha estrutura grande cupuliforme de herbas nun arbusto o herba alta no cal poñen de 4 a 7 ovos brancos.

Características

[editar | editar a fonte]
Adulto

É un paxaro de 11–12 cm de lonxitude. O adulto ten un bico azul agrisado claro gordo, cabeza negra e corpo marrón, cunha mancha vermella ladrillo na parte traseira do dorso, visible só cando voa. Algunhas razas teñen tamén barriga negra.

Os sexos son similares, pero os inmaturos teñen partes ventrais marróns claras uniformes, carecen de cabeza negra e teñen partes inferiores beixes claras ou brancas.

Ave nacional das Filipinas ata 1995

[editar | editar a fonte]

Foi a ave nacional das Filipinas[2] ata 1995, cando a cambiaron á aguia filipina Pithecophaga jefferyi. Alí, debido á urbanización e, como resultado, á falta de coñeemento de especie local, hoxe é moitas veces confundida co pardal montés porque esa especie, unha das varias que recibe o nome de maya nas Filipinas, é moito máis común nas áreas urbanas.[2][3]

  1. avesdeportugal.info Lista das aves de Portugal
  2. 1 2 3 Kennedy, Robert; et al. (21 de setembro de 2000). A Guide to the Birds of the Philippines. OUP Oxford. ISBN 0-19-854668-8.
  3. 1 2 "10 Most Common Urban Birds". 2 de xullo de 2013.
  4. AviList Core Team (2025). "AviList: The Global Avian Checklist, v2025". doi:10.2173/avilist.v2025. Consultado o 2026-02-11.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • A Guide to the birds of the Philippines(2000) Robert S. Kennedy pedro C. Gonzales, Edward C, Dickinson Hector C. Miranda, jr. & Timothy H. Fisher
  • Birds of India de Grimmett, Inskipp and Inskipp, ISBN 0-691-04910-6
  • Munias and Mannikins de Robin Restall, ISBN 1-873403-51-8

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]