Loli Rodríguez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1964 Torbeo, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora |
| Premios | |
| |
Loli Rodríguez Rodríguez, nada en Torbeo (Ribas de Sil) en 1964, é unha escitora galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Torbeo, criouse en Monforte de Lemos, estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Deixou a profesión para levar unha libraría-papelaría durante anos, despois traballou de celadora no Hospital Meixoeiro de Vigo.[2]
En 2024 gañou o Premio Torrente Ballester pola obra en galego Nailía,[3] o xurado valorou «a boa narración da historia e a axilidade da lectura, nunha novela clásica na forma e na estrutura pero moi actual no punto de vista á hora de abordar o relato e a representación de mulleres diversas e as imaxes poéticas que crea durante a narración con moi bo manexo dos diálogos».[4]
Obras
[editar | editar a fonte]- Os nomes de Val (2023). A Coruña: Medulia, Narrativa. 274 páxs. ISBN 978-84-19438-59-1.[5] É a historia dunha nena criada en adopción na década de 1960 que conta a súa vida.[2]
- Nailía (2025). Vigo: Galaxia. 188 páxs. ISBN 978-84-1176-505-3.[6]
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Torrente Ballester por Nailía.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rodríguez Rodríguez, Loli". Editorial Galaxia. Consultado o 2025-10-30.
- ↑ 2,0 2,1 "Loli Rodríguez, escritora: «Na miña novela, a adopción é un símbolo da busca da identidade»". La Voz de Galicia. 2023-12-08. Consultado o 2024-11-30.
- ↑ RAC (2024-11-28). "Loli Rodríguez y Antonio Bonet ganan el premio Torrente Ballester". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2024-11-30.
- ↑ "Loli Rodríguez e Antonio Bonet gañan o Torrente Ballester 2024". La Voz de Galicia. 2024-11-28. Consultado o 2024-11-30.
- ↑ "OS NOMES DE VAL Medulia Editorial". Consultado o 2024-11-30.
- ↑ "Nailía". Editorial Galaxia. Consultado o 2025-10-30.
- ↑ "La obra en gallego Nailía gana la XXXVI edición de los premios Torrent Ballester de narrativa". El Español (en castelán). 2024-11-28. Consultado o 2024-11-30.