Saltar ao contido

Lockheed P-3 Orion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lockheed P-3 Orion
 Alcume
    Orion (en) Editar o valor en Wikidata
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Uso
Características
 Baseado en
 Obra derivada
 Impulsado por
 Configuración da á
Implicados
 Desenvolvedor/a
Datas
 Entrada en servizo
1962 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
novembro de 1959 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Total producido
   757 Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   35,61 m Editar o valor en Wikidata
 Envergadura
   30,37 m Editar o valor en Wikidata
 Altitude operacional
   28.300 pés Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/015mr2 Editar o valor en Wikidata
Identificador militarP3V e P-3 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O Lockheed P-3 Orion é un avión cuadrimotor antisubmarino e de vixilancia marítima desenvolvido para a Armada dos Estados Unidos e introducido nos anos 60. Lockheed baseouno no avión comercial L-188 Electra e distínguese doadamente deste pola súa agulla de cola, usada para albergar o detector de anomalías magnéticas (MAD) de submarinos.

Ao longo dos anos, o P-3 experimentou numerosos desenvolvementos de deseño, sobre todo nos seus paquetes electrónicos. Numerosas armadas e forzas aéreas de todo o mundo seguen a usar o tipo principalmente para patrullas marítimas, recoñecemento, guerra antisuperficie e guerra antisubmarina.[1]

Construíronse un total de 757 P-3.[2] En 2012, uniuse ao feixe de avións militares, incluíndo o Boeing B-52 Stratofortress, o Boeing KC-135 Stratotanker, o Lockheed C-130 Hercules e o Lockheed U-2 que o exército dos Estados Unidos leva máis de 50 anos utilizando.

No século XXI, o Boeing P-8 Poseidon propulsado por turboventiladores comezou a complementar, e finalmente substituirá, aos P-3 da Armada dos Estados Unidos.

  1. "The US Navy -- Fact File: P-3C Orion long range ASW aircraft". web.archive.org. 2011-03-16. Archived from the original on 16 de marzo de 2011. Consultado o 2024-04-07.
  2. "P-3 Orion Research Group". www.p3orion.nl. Consultado o 2024-04-07.