Saltar ao contido

Lobo de crina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lobo de crina
 Nome taxon
    Chrysocyon brachyurus
Johann Karl Wilhelm Illiger 1815 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    C. brachyurus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Cor
 Hábitat
 Sinonimia
  • Canis brachyurus (Illiger, 1811)
  • Canis campestris (Wied-Neuwied, 1826)
  • Canis isodactylus (Ameghino, 1909)
  • Canis jubatus (Desmarest, 1820)
  • Vulpes cancrosa (Oken, 1816)
 Conservación
Especie case ameazada
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCarnivora
FamiliaCanidae
XéneroChrysocyon
EspecieChrysocyon brachyurus Editar o valor en Wikidata
(Illiger, 1815) Chrysocyon brachyurus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Tamaño da niñada
   3,5 Editar o valor en Wikidata
 Duración máxima da vida
   16,8 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
   65 d Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 100.000 anos Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/023hqd Editar o valor en Wikidata
ITIS183827 Editar o valor en Wikidata
OTT837601 Editar o valor en Wikidata
UICN4819 Editar o valor en Wikidata
CoL5YNGG Editar o valor en Wikidata
EOL328686 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons

O lobo de crina (Chrysocyon brachyurus), tamén chamado aguará guazú (do guaraní 'raposo grande') é o meirande cánido de América do Sur[1] e único integrante do xénero Chrysocyon. Probabelmente, a especie vivente máis achegada é a Speothos venaticus. Habita en sabanas e áreas abertas no centro do Brasil, Paraguai, a Arxentina e Bolivia, sendo un animal típico do Cerrado. Desapareceron as poboacións que había máis ó sur, mais aínda habita no Uruguai.

É o maior cánido de América do Sur, podendo atinxir entre 20 e 30 kg de peso e até 90 cm de altura da cernella. As súas pernas longas e finas e a densa pelaxe avermellada confírelle unha aparencia inconfundíbel. O lobo de crina está adaptado ós ambientes abertos das sabanas suramericanas, sendo un animal crepuscular e omnívoro, cun importante papel na dispersión de sementes de froitos do cerrado, principalmente a lobeira (Solanum lycocarpum). Solitario, os territorios están divididos entre parellas, que se encontran no período do estro da femia. Eses territorios son bastante amplos, podendo ter unha área de até 123 km². A comunicación faise principalmente a través de marcaxe por cheiro, mais tamén con vocalizacións semellantes a ladridos. A xestación dura até 65 días, cos cadeliños de cor negra e un peso entre 340 e 430 gramos.

Malia non estar considerado en perigo de extinción pola IUCN, tódolos países nos que habita clasifícano nalgún grao de ameaza, a pesar de non saberse a situación real das poboacións. Estímase que existen preto de 23 mil animais na natureza, sendo un animal popular en tódolos zoolóxicos. Está ameazado principalmente por causa da destrución do cerrado para ampliación da agricultura, atropelos, caza e doenzas transmitidas por cans domésticos. Porén, é adaptábel e tolerante ás alteracións provocadas polo ser humano. O lobo de crina habita en áreas de Mata atlántica xa desmatadas, onde non habitaba orixinalmente.

Algunhas comunidades teñen supersticións sobre o lobo de crina e poden até amosar certa aversión ó animal. Mais polo xeral, o lobo de crina provoca simpatía nos humanos e por iso é usado como especie bandeira na conservación do Cerrado.

  1. Dietz, James M. "Chrysocyon brachyurus." (1985).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]