Lluís Bassat
(2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1941 ![]() Barcelona, España ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Publicidade ![]() |
Ocupación | empresario, presentador de televisión ![]() |
Período de actividade | 1975 ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | luisbassat.com ![]() |
![]() ![]() |
Lluís Bassat i Coen, nado en Barcelona o 6 de outubro de 1941,[1] é un publicista español. En 1975 fundou a axencia de publicidade Bassat & Asociados, en Barcelona, a cal máis tarde se chamou Bassat Ogilvy ao ser participada pola multinacional Ogilvy & Mather.[2] En 2004 apareceu nunha lista dos «Homes máis influentes da publicidade».[3] Malia a importancia que Lluís Bassat desenvolveu no eido da publicidade, tamén é coñecido por presentarse ás eleccións para a presidencia do Futbol Club Barcelona nos anos 2000 e 2003. Porén, en ámbalas dúas oportunidades perdeu.[2]
Foi escollido pola canle La Sexta como o empresario encargado de dirixir o programa El aprendiz, unha secuela española do estadounidense The Apprentice, que foi presentado por Donald Trump.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bassat é técnico de publicidade e diplomado en ciencias sociais e administración de empresas.[2] Empezou vendendo televisores a domicilio mentres estudaba Ciencias Económicas[5] e posteriormente realizou un mestrado en Dirección de Empresas en EAE Business School.
En 1975 fundou en Barcelona a axencia de publicidade Bassat & Asociados. Dende o comezo, un dos seus obxectivos era asociarse cunha grande organización multinacional, preferentemente, Ogilvy & Mather.[2]

En 1980, a compañía multinacional Ogilvy & Mather adquiriu unha participación de devandita empresa e creouse así o grupo Bassat Ogilvy Iberia, do que Bassat foi nomeado presidente en España e Portugal. Dende 1987 e durante oito anos desempeñou o cargo de asesor de publicidade, comunicación e imaxe da presidencia da Generalitat de Cataluña.
Foi presidente de Ovideo-Bassat-Sport, co cal creou e foi parte da organización das cerimonias de inauguración e peche dos Xogos Olímpicos de 1992.[6]
O 18 de febreiro de 2015 amosouse contrario á independencia de Cataluña, alegando que unha Cataluña independente quedaría fóra da Unión Europea, con todas as consecuencias negativas asociadas segundo a súa opinión.[7]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]No ano 2000 foi galardoado como o mellor publicitario español do século XX. Ademais, presidiu o xurado do Festival de Cannes e dos Clio; e foi gañador de máis de 400 premios publicitarios (Cannes, Nova York, San Francisco, Londres, Iberoamérica e España).[5][2][8] En 2004, a páxina web Marketingdirecto.com realizou unha lista que contén as persoas consideradas como máis influíntes no eido da publicidade. Bassat liderou a clasificación das dez persoas máis influíntes.[3]
En 2006, foi distinguido pola Universidade Europea de Madrid como doutor honoris causa. O 4 de novembro de 2021, foi distinguido pola Universidade de Vic, como doutor honoris causa.
Obras
[editar | editar a fonte]Bassat publicou os seguintes libros:[9]
- El libro rojo de la publicidad (1993).
- El libro rojo de las marcas (1999).
- Confesiones personales de un publicista (2008).
- Inteligencia comercial (2011).
- La creatividad (2014).
- Maestros del arte en el cartel (2004).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lluís Bassat". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Biografía de Lluís Bassat". La Revista. Arquivado dende o orixinal o 9 de febreiro de 2010. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 "LUIS BASSAT, EL HOMBRE MÁS INFLUYENTE DE LA PUBLICIDAD". Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2009. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Lluis Bassat: Empresario de El Aprendiz". Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
- ↑ 5,0 5,1 "Lluis Bassat". Crítica. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Ceremonias de Inauguración y Clausura Barcelona'92". Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Bassat afirma que una Cataluña independiente no estará en la UE". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2025.
- ↑ "Lluís Bassat". Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2010. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Libros destacados de LUIS BASSAT". Casadellibro.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2011. Consultado o 1 de outubro de 2011.