Lluís Amiguet
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1964 Tarragona, España |
| Educación | Universidade de Barcelona Universidade Autónoma de Barcelona |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista |
Lluís Amiguet, nado en Tarragona o 1964, é un xornalista español que colabora con La contra de La Vanguardia dende a súa creación en xaneiro de 1998.
Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Barcelona e en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Foi bolseiro de Rotary na Universidade de Nova York, profesor na Universidade Rovira i Virgili e profesor visitante en ESADE. Colaborou en Europe Today, National Geographic e The New York University Review of International Affairs da BBC.[1]
En 2022, deu unha charla TEDx titulada La felicidad son momentitos; y la vida, apaños.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lluís Amiguet: “Tarragona es pequeña para saludarnos cada día, pero es también una ciudad muy grande”". La Vanguardia (en castelán). 2017-09-21. Consultado o 2025-06-27.
- ↑ TEDx Talks (2023-01-09). "La felicidad son momentitos; y la vida, apaños. | Lluís Amiguet | TEDxSitges". YouTube. Consultado o 2025-06-28.