Liz Irving

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liz Irving
Nacemento7 de febreiro de 1965
Lugar de nacementoBrisbane
NacionalidadeAustralia
Ocupaciónxogador de squash
editar datos en Wikidata ]

Liz Irving, nada en Brisbane o 7 de febreiro de 1965, é unha adestradora e ex-xogadora de squash australiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla da xogadora de squash Jenny Irving, comezou a xogar no máis algo nivel en 1984 e en maio de 1988 acadou o posto de número dous do mundo. Os seus maiores éxitos producíronse en catro Campionatos do Mundo por equipos consecutivos cando formou parte do equipo australiano gañador no Campionato Mundial de Squash por Equipos Feminino de 1992 celebrado en Vancouver, de 1994 en Saint Peter Port, de 1996 en Malaisia e no de 1998 en Alemaña [1].

En 1993 foi finalista no Campionato do Mundo fronte á súa compatriota Michelle Martin. Tamén foi tres veces finalista no Britisth Open, na final de 1988 perdeu diante da neozelandesa Susan Devoy [2] e as finais de 1994 e 1995 foi contra Martin [3]. Irving gañou, con Dan Jenson, o título de dobre mixto no primeiro Campionato Mundial de dobres de Squash en 1997.

Irving é adestradora de squash dende a súa retirada, aveciñada en Ámsterdam adestrou a grandes xogadoras internacionais como Nicol David[4] ou Vanessa Atkinson [5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Women's World Team Championships" (PDF)" (PDF). worldsquash.org. Archived from the original on 04 de marzo de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2022. 
  2. "Martin goes down fighting". The Sydney Morning Herald. 20 de abril de 1988. 
  3. "Martin's treble". The Independent. 26 de marzo de 1996. 
  4. "Liz was tailor-made to coach Nicol – icon salutes Irving". The Star. 23 de maio de 2019. 
  5. "Liz Irving". Squash Site. 1 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]