Little Spain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Little Spain foi unha zona de Manhattan poboada fundamentalmente por españois e latinoamericanos.

Historia[editar | editar a fonte]

Little Spain estaba localizado na contorna do oeste da rúa 14[1], entre as avenidas sétima e novena[2]. Contaba con comercios emblemáticos e restaurantes como Coruña, Valencia ou Mesón Flamenco, a tenda de produtos téxtiles Iberia, ou a casa de comidas Casa Moneo, que estivo no 210 West da rúa 14 desde 1929 ata entrados os anos 80. Durante o ano 2010 filmouse o documental Little Spain[3], dirixido e escrito por Artur Balder[4]. Tras ser artista residente da Spanish Benevolent Society[5], Balder reuniu unha ducia de arquivos inéditos, con máis de 450 fotografías, grazas aos cales puido recompoñerse pola primeira vez e de maneira razoada a evolución do barrio español de Manhattan. O filme reúne por primeira vez un arquivo que permite mostrar as rúas de Little Spain desde principios do século XX ata a súa extinción nos anos 90.

O corazón de Little Spain eran dous importantes centros de reunión para a comunidade española de Manhattan: a Spanish Benevolent Society, tamén coñecida como La Nacional, así como a igrexa Our Lady of Guadalupe, que foi a primeira en Manhattan en ofrecer, como figura na praza aínda hoxe, "misa en español para los de lengua española"[6][7][8][9][10][11].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aguilar, Andrea (November 18, 2010). «Un documental repasa la historia de Little Spain en la calle 14». El País USA. Consultado o 2010-19-18. 
  2. «Un documental repasa la historia de Little Spain en la calle 14». Hartford Courant. November 18, 2010. Consultado o 2010-10-18. 
  3. Valenzuela, David (November 20, 2010). «Documentary Brings Manhattan's Little Spain to big screen.». THE HERALD TRIBUNE. Consultado o 2009-06-19. 
  4. Remeseira, Claudio Iván (November 18, 2010). «Hispanic New York Project». Hispanic New York Project. Arquivado dende o orixinal o 2011-07-08. Consultado o 2010-19-18. 
  5. «Un documental descubre la historia de Little Spain». EFE America. November 19, 2010. Consultado o 2010-19-18. 
  6. Abad, José Ángel (November 18, 2010). «Little Spain, el barrio español de Nueva York». Antena 3 TV. Consultado o 2010-19-18. 
  7. «Nueva York descubre su Little Spain». Informativos Telecinco. November 18, 2010. Consultado o 2010-19-18. 
  8. «Little Spain». RTVE. November 18, 2010. Consultado o 2010-19-18. 
  9. «Little Spain, el barrio español de Nueva York donde sólo se hablaba español.». Onda Cero Radio. November 18, 2010. Consultado o 2010-19-18. 
  10. Conde, Arturo (November 18, 2010). «Saga Gallega en Manhattan. Robert De Niro, Taxi Driver y la energía del pasado.». La Opinion de A Coruna. Consultado o 2010-19-18. 
  11. Payá, Juan José (December 18, 2010). «Artur Balder rescata en su documental la memoria española de Manhattan». Diario Informacion, Editorial Prensa Ibérica S.A. Consultado o 2010-19-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]