Litoria aurea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Litoria aurea é unha ra arborícola terrestre orixinaria do leste de Australia. Pode medir até once centímetros de lonxitude, o que a converte nunha das meirandes ras de Australia.

Moitas poboacións, especialmente na rexión de Sidney, viven en zonas que a miúdo son alteradas pola acción humana, como en campos de golf, terreos industriais, descampados e vertedeiros. Malia que antigamente foi unha das ras máis comúns do sueste de Australia, L. aurea sufriu un importante declive da poboación, que é a causa pola que actualmente estivo clasificada como vulnerable. A cifra de individuos continuou decaendo e esta ra está ameazada pola perda e a degradación do seu hábitat, a contaminación, a presión doutras especies introducidas, e a acción de parasitos e patóxenos, entre os cales están o Batrachochytrium dendrobatidis.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "IUCN Redlist - Information on classification and treats of Litoria aurea". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2006. Consultado o 27 de xullo de 2006.