Literatura en esperanto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
L. L. Zamenhof, creador da lingua, foi o primeiro en publicar textos literarios orixinais e traducidos en esperanto.

O esperanto é a única lingua artificial que posúe unha cultura propia suficientemente desenvolvida, e que creou unha literatura de interese, formada tanto por obras traducidas como orixinais.

Calcúlase[quen?] que o número de libros editados en esperanto é superior ao vinte e cinco mil. O principal servizo de venda de libros, o da Asociación Universal de Esperanto posúe máis de catro mil títulos no seu catálogo. Existen revistas dedicadas exclusivamente á literatura, como Fonto e Literatura Foiro, mentres que as revistas xerais, como Monato e La Ondo de Esperanto tamén editan textos de ficción, orixinais e traducidos.

En xuño do ano 2008, Geoffrey Sutton publicou a Concise Encyclopedia of the Orixinal Literature of Esperanto (Enciclopedia concisa da literatura orixinal do esperanto), con máis de trescentos artigos sobre os principais escritores e a súa obra, ordenados cronoloxicamente.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

1887-1920: Romaticismo primitivo e fundación do estilo[editar | editar a fonte]

O primeiro libro onde se ofrecían os fundamentos do idioma, publicado o 26 de xullo de 1887, xa incluía unha tradución, e un pequeno poema orixinal. Posteriormente, o mesmo iniciador do idioma, L. L. Zamenhof continuou editando obras, tanto traducidas como orixinais, como unha forma consciente de probar e desenvolver as potencialidades da lingua. Actualmente os falantes de esperanto continúan considerando as obras de Zamenhof como modelos do mellor esperanto clásico.

Outros autores da primeira etapa foron Antoni Grabowski e Kazimierz Bein (Kabe). Henri Vallienne é considerado como o autor das primeiras novelas.

1921-1930: Romanticismo maduro e florecimento literario[editar | editar a fonte]

No período de entreguerras deuse un momento de gran brillantez, con especial protagonismo da que se chamou Escola húngara, cuxos principais expoñentes foron Julio Baghy e Kálmán Kalocsay. Outros membros foron Ferenc Szilágyi, Sándor Szathmári, Jean Forge ou Teodoro Schwartz, máis coñecido actualmente por ser o pai do financeiro George Soros.

1931-1951: Parnasianismo e madurez[editar | editar a fonte]

Tamén mostrou gran brillantez a escola soviética, ligada en parte á asociación obreira Sennacieca Asocio Tutmonda, ata a súa desaparición ao final dos anos 30 polas persecucións de Stalin.

1952-1974: Posparnasianismo e modernidade[editar | editar a fonte]

Tras a Segunda guerra mundial renovouse a actividade literaria. O centro constituíuno a localidade canaria de La Laguna, onde o profesor Juan Régulo Pérez fundara a editorial Stafeto. De entre os autores orixinais publicados merecen especial mención os agrupados na Escola escocesa, con William Auld, varias veces candidato ao Premio Nobel de Literatura, á cabeza.

1975-1991: Poesía experimental, popularización da novela[editar | editar a fonte]

Nos anos 80 e 90 destacouse unha nova xeración, entre a que destaca a chamada Escola ibérica, grupo entre os que se atopan os escritores Miguel Fernández, Miguel Gutiérrez Adúriz, Jorge Camacho Cordón, Gonçalo Neves ou Abel Montagut.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Descrición do proxecto na súa páxina web oficial tekstaro.com (en esperanto)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]