Saltar ao contido

Literatura en Estremadura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carolina Coronado é unha das escritoras máis destacadas da literatura estremeña en castelán.
Elisa Herrero Uceda é unha das escritoras máis destacadas da literatura estremeña en estremeño.

A literatura en Estremadura é aquela escrita nas distintas linguas faladas en Estremadura: castelán, estremeño, castúo, fala e portugués.

Pódese dicir que a literatura en Estremadura empeza cos textos escritos en latín. Un dos primeiros testemuños que temos hoxe é De vita et miraculis Patrum Emeritensium (635) atribuído a Paulo Diácono.[1]

Ao longo do tempo, a maioría dos autores estremeños escribiron en castelán e só nos últimos séculos apareceron obras nas outras linguas de Estremadura, como o estremeño e o castúo.[2]

Estremeño

[editar | editar a fonte]

A lingua de Estremadura comeza a aparecer na documentación desde o século XIII.[3] No século XVII aparecen textos no subdialecto talaverano (1638).[3] O estremeño empeza a ter máis presenza na literatura con Vicente Barrantes e o seu Días sin sol de 1875.[3][4]

En 1984, José María Alcón Olivera publicou Requilorios, a primeira novela escrita en estremeño.[5] Houbo que esperar ata os anos 2000 para ver novas publicacións en estremeño, neste caso, na variante do Rebollar, con El corral los mis agüelus, de José Benito Mateos Pascual. Esta foi seguida pola Primera Antología de Poesía Extremeña no ano 2005. En 2011 publicouse La nueva literatura en estremeñu, seguida en 2012 por unha segunda parte.[6]

En 2012, Ismael Carmona García publicou o poemario Pan i verea. Os irmáns Miguel Herrero Uceda e Elisa Herrero Uceda publicaron dous libros de relatos en estremeño: un en 2012, co título Ceborrincho, relatos estremeños, e outro en 2015, titulado Mamaeña, relatos estremeños. Outros libros nos anos posteriores son A huélliga de Marcos Cruz Díaz e El sol del lobu de Aníbal Martín. En 2025, Vicente Costalago publicou Euris estremeñus i sotras poemas, dividido en tres partes: a primeira con poemas épicos sobre varios heroes estremeños; a segunda con poesías relixiosas; e unha última con poesías soltas.[7] En novembro dese mesmo ano, tamén publicou "Estórias estremeñas", un libro con tres relatos, dous deles influenciados pola mitoloxía estremeña e outro inspirado na rebelión campesiña estremeña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Obras
Fala