Literatura da dinastía Qing
| Literatura da dinastía Qing | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| Wikidata |

A literatura da dinastía Qing é a literatura escrita durante a dinastía Qing. Trátase dun período caracterizado por un desenvolvemento moi variado, que recolle as características das xeracións precedentes.[1] Antes da dinastía Ming, as mudanzas literarias expresáronse principalmente na herdanza ou innovación do son, o ritmo, a sintaxe e a estrutura; os autores e autoras de Qing tomaron todos estes elementos dando lugar a multitude de escolas, especialmente en eidos como a novela ou o a ópera tradicional. Ademais, a interacción entre as distintas rexións e etnias manifestouse nunha diversidade lingüística en todos os xéneros.
Poesía
[editar | editar a fonte]A poesía floreceu con vigor durante o reinado dos Qing, xa que os emperadores desta dinastía (comezando polo terceiro deles, Kangxi) e os seus funcionarios promoveron o seu estudo e elaboración.[2] Por exemplo, o emperador Qianlong gozaba tanto da composición poética que chegou a elaborar escribir cinco escolmas das súas pezas, cun total duns 10,000 versos. Os líderes manchús vían na poesía unha maneira de establecer conexións e unidade entre os seus oficiais.
Os principais poetas de comezos do período foron Qian Qianyi, Wu Weiye e Wang Shizhen. Entre as poéticas máis notables destacan o Gediao shuo (en galego: Sobre o estilo) de Shen Deqian e o Shenyun shuo (en galego: Sobre a graza) de Wang Shizhen.[2]
Novela
[editar | editar a fonte]A novela máis importante do período Qing é O soño da cámara vermella, de Cao Xueqin, unha das Catro Novelas Clásicas Chinesas. Este libro destaca pola súa representación realista e precisa da sociedade do seu tempo, as numerosas personaxes e a súa elegancia artística. Outro autor notable é Pu Songling, recoñecido polas súas historias con elementos sobrenaturais, mais que reflicten as perspectivas sociais, recollidas no seu Liaozhai zhiyi. No eido humorístico, destaca a novela satírica Rulin waishi, de Wu Jingzi, que parodia a vida do funcionariado imperial.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fu, Lecheng; Jiang, Gongtao (2010). 中国通史·明清史 (en chinés). Jiuzhou chubanshe. ISBN 9787510800627.
- Wu, Hongyi (1998). 清代文學批評論集 (en chinés). Lianjing chuban gongsi. ISBN 9789570818284.