Saltar ao contido

Lita Cabellut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLita Cabellut

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1961 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Sariñena, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónGerrit Rietveld Academie Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo A Haia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintora, fotógrafa, videoartista, artista contemporánea, colaxista Editar o valor en Wikidata
Influencias
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio weblitacabellut.com Editar o valor en Wikidata
Instagram: litacabellut Editar o valor en Wikidata

Lita Cabellut, nada en Sariñena (Huesca) o 24 de outubro de 1961, é unha artista multidisciplinar española que traballa con óleo sobre lenzo, debuxo en papel, escultura, fotografía, poesía, poema visual e vídeo. De orixe humilde, foi criada en Barcelona e desde os 19 anos vive na Haia. Recoñecida pola súa pintura, traballa con lenzos de gran formato utilizando unha característica variación contemporánea da técnica do fresco.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicios e influencias

[editar | editar a fonte]

Cabellut naceu en Sariñena, unha pequena vila de Huesca.[2] Alí viviu até que se mudou a Barcelona, onde viviu na casa da súa avoa Rosa. Foi á escola malia ter dislexia e mendigou na rúa. La Rambla, o mercado de La Boqueria, o Port Vell e a Plaça Reial, especialmente concorrida polos turistas que lanzaban moedas á fonte, eran os seus espazos habituais. Aos 10 anos a súa avoa morreu e foi internada nun orfanato, onde unha familia catalá podente a adoptou aos 13 anos.[3]

Descubriu a súa vocación coa pintura nunha das súas visitas ao Museo do Prado coa obra de Goya, Velázquez, Ribera e Rembrandt.[4] No garaxe da casa puido montar un pequeno estudo no empezou a desenvolver a súa vocación.[5] A súa primeira exposición foi no Concello de El Masnou en 1978.[6] Con 19 anos mudouse a Ámsterdam, onde estudou cunha bolsa na academia de arte Gerrit Rietveld até 1984.[7]

Durante estes anos o seu traballo viuse influenciado polos grandes mestres holandeses e a artista desenvolveu algunhas das técnicas que se converteron no seu sinal de identidade.

Traballo artístico

[editar | editar a fonte]
Antares, from the series A Chronicle of the Infinite, 2018
Antares, da serie A Chronicle of the Infinite, 2018

Cabellut pinta retratos fotorrealistas, considerados como unha variante do hiperrealismo. Nos seus cadros monumentais emprega dun xeito revisado a pintura ao fresco, con influencias de autores tan diferentes como Rembrandt, Francis Bacon, Jackson Pollock ou Antoni Tàpies. As obras rompen de xeito deliberado a beleza dos seus modelos ao imprimiren a realidade do paso do tempo.[5]

Reflicte a violencia cara as mulleres, a sordidez e a crueldade representadas con precisión e textura, ou ben pola intimidación que supón aceptar un falso concepto de beleza baseado no encanto como o seu valor máis alto.

O escritor e crítico Heberto de Sysmo sinala sobre a obra de Cabellut:

«A cor negra salienta a relación entre o estigma e a súa visión da beleza. As súas obras teñen o volume dun relevo telúrico, a cartografía dun caos que conforma con naturalidade o atlas, terreo e celeste, da mirada ou o corpo. A pel é peza clave nas obras de Cabellut: órgano externo que revela as experiencias, que mostra as cicatrices da dor, as marcas do paso do tempo. En definitiva, a forza, o carácter e a angustia consubstancial á existencia do ser humano».[8]

Técnicas artísticas

[editar | editar a fonte]

Cabellut fíxose experta nunha técnica innovadora pois empregando un craquelado estratexicamente incorporado fai aumentar o impacto visual de cada unha das súas obras.[5] Tamén, traballando en lenzos de gran formato, Cabellut desenvolveu unha variación contemporánea da técnica do fresco. Ten unha paleta de cores recoñecíbel que xorde da súa obsesión por darlles pel aos seus personaxes.[9]

Con todo, alén dos seus traballos e técnicas máis recoñecidas, é unha artista multidisciplinar.[9]

Os trazos desgarrados das súas pinceladas lembran especialmente a Lucian Freud e Francis Bacon, dous dos seus pintores favoritos e fonte de inspiración. A propia autora destaca as «pinceladas neuróticas» de Freud e descríbeo como «un mestre en describir a crueldade». Afirma tamén que este representa o «lado máis esquecido da sociedade», co que «empatiza especialmente».[10]

Ten unha gran capacidade de transformar no estético a aparencia humana a través do uso dos pigmentos. Poderíase afirmar que a súa pintura fai referencia ao expresionismo. As súas obras van desde unha delicadeza poética a unha dureza incuestionábel.[11]

Coleccións

[editar | editar a fonte]
Miquiztli, da serie A Chronicle of the Infinite, 2018
Miquiztli, da serie A Chronicle of the Infinite, 2018

O traballo artístico de Lita Cabellut agrúpase conceptualmente en coleccións ou series de pinturas.[12] A colección Frida, The Black Pearl (2010) rende tributo a Frida Kahlo. Nesta serie Cabellut non só representa a vida da artista mexicana, tamén inclúe moitas das súas propias experiencias.[13] Esta serie inspirou a Cabellut para crear Coco, The Testimony of Black and White (2011), unha serie composta por 35 retratos de gran formato sobre a deseñadora Coco Chanel.[14] Coa serie A Portrait of Human Knowledge (2012), a artista continúa o traballo realizado en anteriores coleccións e retrata a algunhas das iconas de coñecemento máis influentes dos últimos 150 anos como Stravinskii, Nureyev, Marie Curie, Billie Holiday, Federico García Lorca, Rudolf Steiner ou Sigmund Freud.[12]

The Trilogy of the Doubt (2013) é unha colección composta por trípticos de temas sociais que falan sobre o poder, a inxustiza e a ignorancia.[15] A colección de retratos Dried Tear (2013) expresa a fascinación e admiración da artista pola cultura asiática,[16] mentres que a serie The Black Tulip (2014) está inspirada nun dos símbolos nacionais dos Países Baixos.[17]

Para a súa colección Blind Mirror (2015) Cabellut explora temas como a cultura e a relixión. Céntrase nalgunhas das relixións máis influentes na historia da humanidade.[18]

Compromiso social

[editar | editar a fonte]

Mantén cos seus ingresos a Fundación Arnive de axuda á infancia con necesidades. Representa, segundo as súas palabras, «o lado máis esquecido da sociedade».[19]

Exposicións

[editar | editar a fonte]
Kumbha, from the series A Chronicle of the Infinite, 2018
Kumbha, da serie A Chronicle of the Infinite, 2018

Expuxo por primeira vez no Concello de El Masnou en Barcelona en 1978.[20] Desde entón, a súa obra foi exposta en cidades de todo o mundo como A Haia, Nova York, Dubai, Miami, Singapur, Hong Kong, Londres, París, Venecia, Mónaco e Seúl.[21]

Algunhas exposicións destacadas inclúen Trilogy of the Doubt (2013) na Fundació Vila Casas en Barcelona e o museo NoordBrabants en Den Bosch (Países Baixos); Here to Stay (2014) no Centro de Arte de Seúl; Black Tulip (2014) no State Visit Okura Hotel en Tokyo; e Blind Mirror (2015) no Museo Halsingland en Hudiksvall (Suecia).[18]

No 2017 tivo dúas exposicións en España; Retrospective na Fundació Vila Casas en Barcelona,[22] e Testimonio no MAC Gas Natural Fenosa da Coruña.[23]

En 2019 a exposición La victoria del silencio no Museo Goya de Zaragoza mostrou 40 obras de Cabellut que se expuñan por primeira vez no país.[24]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
Don Quijote
Don Quixote

En abril de 2011 Cabellut recibiu o Premio de Cultura Xitana de Pintura e Artes Plásticas do Instituto de Cultura Xitana en recoñecemento ao traballo realizado en beneficio da cultura xitana no mundo.[10]

En 2015 a revista especializada Artprice incluíu á artista no posto 333 do seu Top 500 das e dos artistas contemporáneos máis cotizados do planeta. Así, Cabellut converteuse na artista feminina española mellor cotizada.[25]

En marzo de 2015 foi convidada pola Fundació Privada de les Arts i els Artistes a formar parte do xurado dos premios Figurativas. Trátase dun premio anual dedicado a difundir e promover a arte figurativa.[26]

En 2017 gañou o IX Premio Time Out Barcelona pola súa «contribución á proxección da cidade» coa súa exposición Retrospective na Fundació Vila Casas en Barcelona.[27]

En 2018 recibiu o premio Fuera de serie das Artes.[28]

En 2020 foi nomeada «Artista do ano 2021» nos Países Baixos.[29]

  1. "Press Lita cabellut". Issuu. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2024. Consultado o 06 de setembro de 2024.
  2. de la Cal, Lucas (16 de abril de 2016). "Lita la pintora española más cotizada es gitana". El Mundo (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2024.
  3. Ferrer, Isabel (1 de decembro de 2016). "Lita Cabellut, la conquista del mercado del arte". El País Semanal (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2024.
  4. Ortiz de Zárate, Pablo (28 de outubro de 2015). "Cabellut, la indigente que se convirtió en la artista nacional más cotizada del mundo". El Confidencial (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2024.
  5. 1 2 3 Mayordomo, Concha (13 de marzo de 2017). "Mujeres en el arte: Lita Cabellut". Tribuna Feminista (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2017.
  6. "Lita Cabellut expone "La trilogía de la duda" en el Espai Volart 2". Ajuntament de Barcelona (en castelán). 22 de maio de 2013. Consultado o 3 de setembro de 2024.
  7. Quejigo, Belén (20 de setembro de 2017). "“Cada retrato es el miedo a no saber quiénes somos”". CTXT (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2024.
  8. "Lita Cabellut: del suburbio a la galería de arte". Acrópolis de la Palabra (en castelán).
  9. 1 2 Sánchez Medina, Alberto. "Depths of Humanity". Babylon Magazine (en inglés): 70–75.
  10. 1 2 García Flores, Ana Belén (8 de abril de 2011). "Lita Cabellut: "Ser gitana me ha dado más fuerza para pintar" - RTVE.es". RTVE (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2024.
  11. "Detrás de la piel". María Jesús Beristain (en castelán).
  12. 1 2 "Lita Cabellut". Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2016.
  13. "La Perla Negra: A tribute to Frida Kahlo" (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2016.
  14. "Si Coco Chanel hubiera sido gitana: Lita Cabellut expone su visión sobre la gran dama de la moda. Noticias de Estilo". Consultado o 22 de febreiro de 2016.
  15. Perez Martín, Ana (13 de xuño de 2013). "Infiernos de Terciopelo". La Vanguardia (en castelán).
  16. Cheryl, Teo (24 de outubro de 2013). "Lita Cabellut's Dried Tear Series". Esquire Magazine Singapore (en inglés).
  17. Cabellut, Lita. The Black Tulip. A Tribute to the Dutch Golden Age (PDF) (en inglés). París: Opera Gallery. p. 3.
  18. 1 2 Cabellut, Lita (2015). Blind Mirror.
  19. "Lita Cabellut". Unidad para la Igualdad (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2024.
  20. "Lita Cabellut. Artista". ARTE INFORMADO (en castelán).
  21. "Lita Cabellut, pintura con vena gitana". Marca España (en castelán). 30 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2017.
  22. "Lita Cabellut - Retrospective - Exposicion". Fundació Vila Casas (en castelán).
  23. "Testimonio. Lita Cabellut. Museo de Arte Contemporáneo". Museo de Arte Contemporáneo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2018. Consultado o 29 de agosto de 2018.
  24. "Lita Cabellut acerca al Museo Goya su obra más reciente, 'La victoria del silencio'". Europa Press (en castelán) (Zaragoza). 13 de febreiro de 2019. Consultado o 6 de setembro de 2024.
  25. "The Contemporary art market 2014/2015". Art Price (en inglés).
  26. "El Figurativas reúne en Barcelona a Antonio López, Richard Estes y Odd Nerdrum". eldia.es (en castelán) (Barcelona). 6 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 6 de setembro de 2024.
  27. "La pintora Lita Cabellut gana el IX Premio Time Out de Barcelona". La Vanguardia (en castelán) (Barcelona). 13 de decembro de 2017. Consultado o 6 de setembro de 2024.
  28. Castro, Antón (28 de novembro de 2018). "Lita Cabellut se reunió con su maestro Goya en su museo y expondrá en 2019". Heraldo (en castelán). Consultado o 6 de setembro de 2024.
  29. "La española Lita Cabellut, nombrada Artista del Año 2021 en Países Bajos". La Vanguardia (en castelán) (A Haia). 6 de novembro de 2020. Consultado o 6 de setembro de 2024.