Lista de reis dos hititas
A datación e a secuenciación dos reis hititas é unha compilación de rexistros fragmentarios, complementada pola recente achega en Hattusa dun xogo de máis de 3500 impresións en selos que teñen inscritos nomes e títulos e xenealoxías dos reis hititas.[1] As datas indicadas aquí son aproximadas, e dependen do sincronismo cando son coñecidas as cronoloxías dos países veciños e máis de Exipto.
Hai poucas noticias sobre os gobernantes da época do Imperio medio. A secuencia aquí presentada baséase en gran parte na realizada por Bryce na súa obra en 1998.[2]
McMahon (1989) relaciona a Hattusilis II e Tudhaliyas o Mozo en orde inversa. Bryce, entre outros, non distingue un Imperio medio. No seu lugar, remata o Reino antigo con Muwatallis I e comeza o Imperio Novo con Tudhaliyas II. Tampouco se adoita incluír a Tudhalias "o Mozo" nas listaxes de reis hititas, pois foi asasinado despois da morte de seu pai, Tudhaliyas III.
Hatti
[editar | editar a fonte]| Monarcas | Reinado | Liñaxe e sucesos relevantes |
|---|---|---|
| Pamba | ca. o inicio do século XXII a.C. | Rei de Hatti |
| Pithanas | ca. século XVII a.C. | Rei de Kussara, conquistador de Neša |
| Piyusti | ca. século XVII a.C. | Rei de Hatti, derrotado por Anittas |
| Anittas | ca. século XVII a.C. | Rei de Kussara, destrutor de Hattusa |
| (Tudhaliyas I) | Bisavó de Hattusilis I | |
| (Pusarrumas) | Fillo de Tudhaliyas I |
Reino antigo
[editar | editar a fonte]| Monarcas | Reinado | Liñaxe e sucesos relevantes |
|---|---|---|
| Labarnas I | ca. 1600-1586 a.C. | Fundador tradicional |
| Hattusilis I tamén coñecido como Labarnas II |
ca. 1586-1556 a.C. | O sobriño / neto de Labarnas I (?) (quizais o primeiro gobernante que volveu a ocupar Hattusa) |
| Mursilis I | ca. 1556-1526 a.C. | Neto de Hattusilis I (saqueou Babilonia, ca. 1531 a.C.) |
| Hantilis I | ca. 1526-1496 a.C. | Cuñado de Mursilis I (asasinou a Mursilis I) |
| Zidantas I | ca. 1496-1486 a.C. | Cuñado de Hantilis I (asasinou o fillo-herdeiro de Hantilis I) |
| Ammunas | ca. 1486-1466 a.C. | Fillo de Zidantas I (asasinou a seu pai) |
| Huzziyas I | ca. 1466-1461 a.C. | Fillo de Ammunas? |
| Telibinus | ca. 1460 a.C. | Cuñado de Huzziyas I (usurpou o trono de Huzziyas I) |
Reino medio
[editar | editar a fonte]| Monarcas | Reinado | Liñaxe e sucesos relevantes |
|---|---|---|
| Alluwamnas | ca. mediados do | Cuñado de Telibinus |
| Hantilis II | ca. 1500-1450 a.C. | Fillo de Alluwamnas |
| Tahurwailis | Usurpador (gobernou nalgún momento entre "Telepinu" e Zidantas II, pero a data é incerta). | |
| Zidantas II | Fillo de Hantilis II | |
| Huzziyas II | Fillo de Zidantas II | |
| Muwatallis I | ca. 1400 a.C. | Usurpador (asasinou a Huzziyas II) |
Reino novo (Imperio)
[editar | editar a fonte]
| Monarcas | Reinado | Liñaxe e sucesos relevantes |
|---|---|---|
| Tudhaliyas II ou Tukhantis | ca. comezos do século XIV a.C. | A súa liñaxe é incerta. Puido ser un neto de Zidanta II. Converteuse en rei tralo asasinato de Muwatallis I . |
| Arnuwandas I | Xenro de Tudhaliyas II | |
| Hattusilis II (?) | A súa existencia, a liñaxe e a época do seu reinado son discutidos. | |
| Tudhaliyas III | ca. 1360? – 1344 a.C. | Fillo de Arnuwandas (ou Hattusilis II?). |
| Tudhaliyas "o mozo" | Fillo de Tudhaliyas III (asasinado despois da morte de seu pais; puido non gobernar en absoluto). | |
| Suppiluliumas I | ca. 1344–1322 a C. | Fillo de Tudhaliyas III ou de Hattusilis II (?). Expandeu o imperio; mencionado nas cartas de Amama. |
| Arnuwandas II | ca. 1322–1321 a.C. | Fillo de Suppiluliumas I |
| Mursilis II | ca. 1321–1295 a.C. | Fillo de Suppiluliumas I |
| Muwatallis II | ca. 1295–1272 a.C. | Fillo de Mursilis II (Batalla de Qadesh, ca. 1274 a.C.) |
| Mursilis III (tamén coñecido como Urhi-Teššub) | ca. 1272–1267 a.C. | Fillo de Muwatallis II |
| Hattusilis III | ca. 1267–1237 a.C. | Fillo de Mursilis II (Tratado de Qades con Exipto, ca. 1258 a.C.) |
| Tudhaliyas IV | ca. 1237–1209 a.C. | Fillo de Hattusilis III (Batalla de Nihriya). |
| Kurunta | ca. 1228–1227 a.C. | Fillo de Muwatallis II (o seu reinado é incerto; puido gobernar durante un breve período de tempo en medio do reinado de Tudhliyas IV). |
| Arnuwandas III | ca. 1209–1207 a.C. | Fillo de Tudhaliyas IV |
| Suppiluliumas II | ca. 1207–1178 a. C. | Fillo de Tudhaliyas IV (caída de Hattusa, ca. 1178 a.C.) |
Os Grandes reis despois de 1200 a.C.
[editar | editar a fonte]Despois do colapso do Imperio Hitita, este permaneceu en mans de gobernantes locais que levaron o título de "Gran Rei".
| Nome | Reinado | Comentarios |
|---|---|---|
| Mašḫuitta | Gran rei en Mira | |
| Hartapu | Gran rei, no sur de Anatolia, posiblemente en Tarhuntasa. Data incerta.[3] | |
| Kuzi-Teššub | Gran rei en Karkemish |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bryce, Trevor (2005). The Kingdom of the Hittites (en inglés). (Edición revisada en 2005). Oxford University Press. XV. ISBN 978-0-19-927-908-1.
- ↑ Bryce, Trevor (1998). The Kingdom of the Hittites (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-924010-4.
- ↑ Sürenhage, Dietrich (2008). "Hartapus - Ein Sohn Mursilis II.?". Studi Micenei ed Egeo Anatolici L: 729–738.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McMahon, G. (1989), Hittite History. Biblical Archaeologist 52, páxs. 62 - 77.
- Robert S. Hardy (1941).The Old Hittite Kingdom: A Political History. The American Journal of Semitic Languages and Literature, vol. 58, nº 2, páxs.177–216.