Rei de Arabia Saudita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lista de reis de Arabia Saudita»)
Rei do Reino de Arabia Saudita


ResidenciaPalacio Al Saud, Riad
Duraciónvitalicia
Creación22 de setembro de 1932
Precedido porAbdalá I

O rei de Arabia Saudita é o monarca absoluto de Arabia Saudita que actúa como xefe de Estado e xefe de goberno. É o xefe da familia real saudita, a Casa de Saud. O Rei ostenta o título de Custodio dos Dous Lugares Santos (خادم الحرمين الشريفين), que se refire á xurisdición de Arabia Saudita sobre as mesquitas de Masjid al Haram na Meca e Al-Masjid an-Nabawi en Medina, substituíndo a "Súa Maxestade" en 1986.

O actual rei de Arabia Saudita é o rei Salmán I.

Historia[editar | editar a fonte]


O rei Abdulaziz (coñecido en Occidente como Ibn Saud) comezou a conquistar a actual Arabia Saudita en 1902, restaurando á súa familia como emires de Riad. Logo pasou a conquistar primeiro Nejd (1922) e despois Hejaz (1925).

Ibn Saud proclamou os seus dominios como o Sultanato de Nejd en 1921, pouco antes de completar a conquista da rexión. Foi proclamado rei/malik de Hejaz en 1926 e elevou tamén a Nejd á categoría de reino en 1927. Durante os seguintes cinco anos, Ibn Saud administrou as dúas partes do seu reino como unidades separadas. En 1932, uniu formalmente os seus territorios no Reino de Arabia Saudita.

Sucesión[editar | editar a fonte]

Os reis desde a morte de Ibn Saud foron todos fillos seus e todos os sucesores inmediatos do rei Salman serán tamén descendentes seus. Considérase que os fillos de Ibn Saud teñen un prioridade ao trono de Arabia Saudita. Isto fai que a monarquía saudita sexa bastante distinta das monarquías occidentais, que normalmente presentan grandes familias e ordes de sucesión claramente definidas, e usan o sistema de sucesión da primoxenitura absoluta. Muhammad bin Nayef foi o primeiro neto de Ibn Saud que accedeu á liña de sucesión, aínda que logo foi destituído do cargo de Príncipe Herdeiro por un real decreto en 2017.

Posición legal[editar | editar a fonte]

Arabia Saudita está rexida pola lei islámica (xaria) e é un estado islámico.

Outras funcións[editar | editar a fonte]

O rei de Arabia Saudita tamén é considerado xefe da Casa de Saud e primeiro ministro. O príncipe herdeiro tamén é o "vice-primeiro ministro". Os reis posteriores a Faisal nomearon a un "segundo vice-primeiro ministro" como herdeiro do príncipe herdeiro.

Reis de Arabia Saudita (1932-presente)[editar | editar a fonte]

Imaxe Rei Reinado Notas
Dende Ata
1 Abdul Aziz Al-Saud 22 de setembro de 1932 9 de novembro de 1953 Estabeleceu o reino por conquista.

Pai de todos os reis ata o día de hoxe.

2 Saud bin Abdul Al-Aziz 9 de novembro de 1953 2 de novembro de 1964

(destituído de facto o 28 de marzo)

Fillo de Ibn Saud e Wadhah Bint Muhammad.

Obrigado a abdicar polo seu irmán Faysal.

3 Faysal bin Abdelaziz Al Saud 2 de novembro de 1964 25 de marzo de 1975 Fillo de Ibn Saud e Tarfah bint Abdullah Al Sheikh.

Entre o 28 de marzo e o 2 de novembro de 1964 ostentou o poder de facto como rexente de seu irmán.

4 Khalid bin Abdul Aziz 25 de marzo de 1975 13 de xuño de 1982 Fillo de Ibn Saud e Al Jawhara bint Musaed Al Jiluwi.
5 Fahd bin Abdul Al-Aziz 13 de xuño de 1982 1 de agosto de 2005 Fillo de Ibn Saud e Haya bint Sa'ad Al Sudairi
6 Abdalá bin Abdulaziz al Saud 1 de agosto de 2005 23 de xaneiro de 2015 Fillo de Ibn Saud e Fahda bint Asi Al Shuraim
7 Salmán bin Abdulaziz al Saud 23 de xaneiro de 2015 Presente Fillo de Ibn Saud e Hussa bint Ahmed Al Sudairi

Estandarte real[editar | editar a fonte]

O Estandarte Real consta dunha bandeira verde, cunha inscrición en árabe e unha espada en branco, e co emblema nacional bordado en ouro no cantón inferior dereito.

Estandarte Real do Rei

A inscrición está feita con caligrafía Thuluth. É a shahada, a declaración de fe musulmá:

لا إله إلا الله محمد رسول الله lā ʾilāha ʾillallāh, Muḥammad rasūlu-llāh (en árabe)
Non hai divindade senón Deus, e Mahoma é o seu profeta. (en galego)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]