Saltar ao contido

Lista de presidentes de Finlandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Presidente de Finlandia
Suomen tasavallan presidentti
Republiken Finlands president
Estandarte presidencial

ResidenciaMäntyniemi, Helsinqui
SedePalacio Presidencial, Helsinqui
ÁmbitoFinlandia Finlandia
Designado porSufraxio directo
Duración6 anos, renovable unha vez
Creación26 de xullo de 1919
Primeiro titularKaarlo Juho Ståhlberg
Salario126 000 € anuais[1]
Sitio webpresidentti.fi

O presidente de Finlandia é o xefe de Estado de Finlandia.

Segundo a Constitución de Finlandia, o poder executivo está en mans do presidente e do goberno, tendo o presidente un poder limitado. Dende 1994 ningún presidente pode ser elixido por máis de dous mandatos consecutivos. Os presidentes adoitaban ser elixidos indirectamente, por un colexio electoral ou polo parlamento, pero desde 1994 o presidente é elixido directamente polo pobo por un período de seis anos. O presidente debe ser un cidadán finlandés nado no país. O cargo foi establecido pola Lei de Constitución de 1919. O actual presidente é Sauli Niinistö.

Lista de presidentes

[editar | editar a fonte]

      Partido Progresista Nacional

      Liga Agraria (Partido do Centro (1965-1988), Centro de Finlandia (dende 1988))

      Coalición Nacional (Partido Coalición Nacional (1918-1951))

      Partido Socialdemócrata de Finlandia (Partido Laborista de Finlandia (1899-1903), Partido Socialdemócrata en Finlandia (1903-1906))

Foto Nome Eleccións Inicio Fin Partido político (ata a elección)
1 Kaarlo Juho Ståhlberg
(1865–1952)
1919 26 de xullo de 1919 2 de marzo de 1925 Partido Progresista Nacional (Ed.)
Membro do Parlamento (1908–1910, 1914–1918 e 1930–1933). Portavoz do Parlamento (1914–1917). Presidente do Tribunal Administrativo Supremo (1918–1919). Elixido presidente polo parlamento en 1919.
2 Lauri Kristian Relander
(1883–1942)
1925 2 de marzo de 1925 2 de marzo de 1931 Liga Agraria (ML)
Membro do Parlamento (1910–1914 e 1917–1920). Portavoz do Parlamento (1919–1920). Gobernador da provincia de Výborg (1920–1925). Elixido presidente por un colexio electoral en 1925.
3 Pehr Evind Svinhufvud
(1861–1944)
1931 2 de marzo de 1931 1 de marzo de 1937 Partido Coalición Nacional (Kok.)
Membro do Estamento de Nobres na Dieta de Finlandia (1894 e 1899–1906). Membro do Parlamento (1907–1917 e 1930–1931). Portavoz do Parlamento (1907–1913). Rexente (xefe de Estado interino) de Finlandia (1918). Primeiro ministro (1917–1918 e 1930–1931). Elixido presidente por un colexio electoral en 1931.
4 Kyösti Kallio
(1873–1940)
1937 1 de marzo de 1937 19 de decembro de 1940
(morto no cargo)
Liga Agraria (ML)
Membro do Parlamento (1907–1937). Presidente da Liga Agraria (1909–1917). Ministro de Agricultura (1919–1920 e 1921–1922). Portavoz do Parlamento (1920–1921, 1922, 1924–1925, 1927–1928, 1929 e 1930–1936). Primeiro ministro (1922–1924, 1925–1926, 1929–1930 e 1936–1937). Elixido presidente por un colexio electoral en 1937. Anunciou a súa dimisión en 1940 debido a problemas de saúde, pero morreu no cargo.
5 Risto Ryti
(1889–1956)
1940
1943
19 de decembro de 1940 4 de agosto de 1944

(dimitiu)
Partido Progresista Nacional (Ed.)
Membro do Parlamento (1919–1924 e 1927–1929). Ministro de Economía (1921–1922 e 1922–1924). Gobernador do Banco de Finlandia (1923–1940 e 1944–1945). Primeiro ministro (1939–1940). Elixido presidente por un colexio electoral de 1937 en 1940 e reelixido en 1943 tamén por un colexio electoral de 1937. Dimitiu en 1944 debido ao Acordo Ryti–Ribbentrop.
6 Carl Gustaf Emil Mannerheim
(1867–1951)
1944 4 de agosto de 1944 11 de marzo de 1946
(dimitiu)
Independente
Rexente (xefe de Estado interino) de Finlandia (1918–1919). Comandante en xefe das Forzas Armadas de Finlandia (1939–1945). Único Mariscal de Guerra de Finlandia. Nomeado presidente por decreto en 1944 por unha lei de excepción. Dimitiu en 1946 debido a problemas de saúde.
7 Juho Kusti Paasikivi
(1870–1956)
1946
1950
11 de marzo de 1946 1 de marzo de 1956 Partido Coalición Nacional (Kok.)
Membro do Parlamento (1907–1909 e 1910–1914). Primeiro ministro (1918 e 1944–1946). Elixido presidente polo parlamento en 1946 e reelixido por un colexio electoral en 1950.
8 Urho Kekkonen
(1900–1986)
1956
1962
1968
1978
1 de marzo de 1956 27 de xaneiro de 1982
(dimitiu)
Liga Agraria (ML)
Membro do Parlamento (1936–1956). Ministro de Xustiza (1936–1937 e 1944–1946). Ministro de Interior (1937–1939 e 1950–1951). Portavoz do Parlamento (1948–1950). Primeiro ministro (1950–1953 e 1954–1956). Elixido presidente por un colexio electoral en 1956 e reelixido en 1962, 1968 e 1978. En 1973, o mandato que comezara en 1968 foi extendido catro anos máis por unha lei de excepción. Dimitiu en 1982 por problemas de saúde. Serviu na Guerra civil finlandesa.
9 Mauno Koivisto
(1923–2017)
1982
1988
27 de xaneiro de 1982 1 de marzo de 1994 Partido Socialdemócrata de Finlandia (SDP)
Ministro de Economía (1966–1967 e 1972). Gobernador do Banco de Finlandia (1968–1982). Primeiro ministro (1968–1970 e 1979–1982). Elixido presidente por un colexio electoral en 1982 e reelixido en 1988. O primeiro presidente nado na Finlandia independente. Serviu na Guerra de Continuación da Segunda guerra mundial.
10 Martti Ahtisaari
(1937-)
1994 1 de marzo de 1994 1 de marzo de 2000 Partido Socialdemócrata de Finlandia (SDP)
Subsecretario xeral das Nacións Unidas (1987–1991). Elixido presidente en 1994. Primeiro presidente elixido por voto popular directo. Premio Nobel da Paz en 2008. Membro de The Elders.
11 Tarja Halonen
(1943-)
2000
2006
1 de marzo de 2000 1 de marzo de 2012 Partido Socialdemócrata de Finlandia (SDP)
Membro do Parlamento (1979–2000). Ministra de Xustiza (1990–1991). Ministra de Asuntos Exteriores (1995–2000). Elixida presidenta en 2000 e reelixido en 2006. Primeira presidenta suxeita a límite de mandatos. Primeira presidenta muller de Finlandia.
12 Sauli Niinistö
(1948-)
2012
2018
1 de marzo de 2012 no cargo
(O mandato finalizará o 1 de febreiro ou o 1 de marzo de 2024)
Coalición Nacional (Kok.)
Membro do Parlamento (1987–2003 e 2007–2011). Presidente do Partido Coalición Nacional (1994–2001). Ministro de Xustiza (1995–1996). Ministro de Economía (1996–2003). Portavoz do Parlamento en 2007–2011. Elixido presidente en 2012 e reelixido en 2018.
  1. "Palkkio ja eläke" (en finés). Consultado o 15 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]