Lista de presidentes de Etiopía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Esta é unha lista de presidentes de Etiopía e tamén unha lista de xefes de Estado despois da caída do Imperio Etíope en 1974.

Ata 1974, os xefes de Estado do Imperio Etíope eran emperadores ou rexentes. Dende o golpe de estado do Derg que levou á caída do Imperio en setembro de 1974 ata marzo de 1975, o Derg considerou ao príncipe herdeiro Asfaw Wossen (máis tarde chamado Amha Selassie) como xefe de estado nominal, mais este non aceptou o cargo. Durante este tempo, os presidentes do Derg, os líderes da Derg, foron considerados xefes de Estado en funcións. Despois do 21 de marzo de 1975, a xunta militar do Derg tomou o control plenamente. Ata que se creou a República Democrática Popular de Etiopía en 1987, aínda dominada polas figuras do Derg, os presidentes do Derg son considerados xefes de Estado, pero non presidentes. Despois da caída do Derg e do establecemento do goberno de transición de Etiopía en 1991, o primeiro presidente inmediato (Meles Zenawi) é considerado presidente interino.

Desde a creación formal do cargo de presidente en 1987, houbo seis presidentes oficiais. O presidente é o xefe de Estado de Etiopía. A actual presidenta é Sahle-Work Zewde, que tamén é a primeira muller presidenta de Etiopía, elixida o 25 de outubro de 2018 polos membros da Asemblea Parlamentaria Federal.

Lista[editar | editar a fonte]

Na lista, os presidentes do Derg considéranse xefes de Estado, pero non presidentes. Consecuentemente, a numeración comeza co primeiro establecemento do cargo de presidente de Etiopía en 1987.

Nome Foto Nacemento – Morte Inicio Fin Partido político
(Coalición)
Flag of Ethiopia (1975–1987) (02).svgDerg (Goberno Militar Provisional da Etiopía Socialista) (1974–1987) • Emblem of the Provisional Military Government of Socialist Ethiopia.svg
- Aman Mikael Andom
Xefe de Estado en funcións
Aman andom.png 1924-1974 12 de setembro de 1974 17 de novembro de 1974
(Dimitiu)
Militar
- Mengistu Haile Mariam
Xefe de Estado en funcións
Mengistu Haile Mariam 3.jpg 1937– 17 de novembro de 1974 28 de novembro de 1974 Militar
- Tafari Benti 1921-1977 28 de novembro de 1974
(Xefe de Estado en funcións
28 Nov 1974–21 Mar 1975)
3 de febreiro de 1977
(Asasinado)
Militar
- Mengistu Haile Mariam Mengistu Haile Mariam 3.jpg 1937– 3 de febreiro de 1977
(Xefe de Estado en funcións
3–11 Feb 1977)
10 de setembro de 1987 Militar /

COPTE /
PTE
Flag of Ethiopia (1987-1991).svgRepública Democrática Popular de Etiopía (1987–1991) • Emblem of the Peoples' Democratic Republic of Ethiopia.svg
1 Mengistu Haile Mariam Mengistu Haile Mariam 3.jpg 1937– 10 de setembro de 1987 21 de maio de 1991
(Dimitiu)
PTE
2 Tesfaye Gebre Kidan Presidente en funcións No image.png 1935-2004 21 de maio de 1991 28 de maio de 1991
(Deposto)
PTE
Flag of Ethiopia (1991-1996).svgGoberno de Transición de Etiopía (1991–1995) • Emblem of Transitional Government of Ethiopia.svg
3 Meles Zenawi
Presidente interino
Meles Zenawi - World Economic Forum Annual Meeting 2012.jpg 1955–2012 27 de maio de 1991 22 de agosto de 1995 FLPT
(FDRPE)
Flag of Ethiopia.svgRepública Federal Democrática de Etiopía (1995 – actualidade) • Emblem of Ethiopia.svg
4 Negasso Gidada No image.png 1943–2019 22 de agosto de 1995 8 de outubro de 2001 PDO
(FDRPE)[1]
5 Girma Wolde-Giorgis President+girma woldegorgis.jpg 1924-2018 8 de outubro de 2001 7 de outubro de 2013 Independente
6 Mulatu Teshome Mulatu Teshome in Warsaw - 2018 (40792938585) (cropped).jpg 1955– 7 de outubro de 2013 25 de outubro de 2018 PDO
(FDRPE)
7 Sahle-Work Zewde Sahle-Work Zewde.jpg 1950– 25 de outubro de 2018 Presente Independente

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Expulsado do PDO máis da FDRPE o 22 de xuño de 2001

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]