Lista de municipios de Suíza con vieiras no escudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Na cidade transfronteiriza de Kleuzlingen-Constanza, entre Suíza e Alemaña, comeza unha das rutas do Camiño de Santiago [1]

Este artigo contén a lista dos escudos municipais con representación de vieiras en Suíza.

Esta lista inclúe os brasóns oficiais municipais de Suíza con representacións dunha ou varias vieiras (dúas especies de bivalvos moi relacionadas, ambas pertencentes ao xénero Pecten[2]). A cuncha fai referencia a Santiago, por iso a tamén é coñecida como o símbolo dos peregrinos, especialmente da peregrinación do Camiño de Santiago. Os peregrinos da Idade Media utilizaban a vieira para sacar auga dos ríos e fontes; un costume estendido era o de continuar até ao Cabo Fisterra ou outras vilas costeiras para recoller unha vieira do mar. Levada como sinal de peregrinación na banda do sombreiro ou no cinto, a cuncha era máis que un recordo, ao regresar a casa era garantía do respecto pola viaxe feita.[3]

Cantón de Argovia[editar | editar a fonte]

Localización do cantón

Cantón de Argovia (en francés: Argovie, en italiano: Argovia, en romanche: Argovia, en alemán suízo Aargou) é un cantón de fala alemá no norte de Suíza. A cidade principal é Aarau.

Buttwil no barrio de Muri

Sobre vermello unha vieira branca coas ás perforadas.Explicación: a vieira é unha referencia ás numerosas rutas de peregrinación a Santiago de Compostela, unha das cales pasaba por Buttwil. O nome da aldea de Galitzi (por Galiza) tamén é un recordatorio diso.

Até 1957, a comunidade utilizou unha imaxe da flaxelación de Cristo como brasón, que historicamente representa todo o Freie Ämter.[4]

Cantón de Friburgo[editar | editar a fonte]

Localización do cantón

Cantón de Friburgo (en francés: Fribourg, en italiano: Friburgo, en romanche: Friburg, en alemán suízo: Frybùrg), oficialmente o Estado de Friburgo [5] e État de Fribourg[6], é un cantón de fala francesa e alemá no oeste do país. A cidade principal é Friburgo.

rehmenlos
rehmenlos

Bösingen no distrito Sense.

A metade superior mostra unha cabeza de cabalo negro sobre ouro.

Na metade inferior aparecen representadas en vermello unha grade dourada e dúas cunchas de vieira.

Chapelle no distrito de Glane

Noréaz no distrito de Saane

Cantón de Xenebra[editar | editar a fonte]

Localización do cantón

O cantón francófono de Xenebra ( francés: Genève, italiano: Ginevra, romanche: Genevra, en alemán suízo: Gänf ), oficialmente República e Cantón de Xenebra, atópase no suroeste de Suíza; a capital é a cidade de Xenebra.

Cartigny

Céligny

Presinge

Vandœuvres

Cantón dos Grisóns[editar | editar a fonte]

Localización do cantón

O cantón dos Grisóns (en romanche: Roh-sursilvan-grischun.ogg Grischun , en italiano: Grigioni, en francés: Grisons, en alemán Graubünden, en alemán suízo Graubünda ou Bündnerland), de falas italiana e retorromanche, é o cantón máis grande de Suíza, cuxa parte sueste se atopa integramente no territorio dos Alpes. A cidade principal é Chur (Coira).


Bever na rexión de Maloja

En ouro (amarelo) o Santiago andante con túnica azul, con bastón de peregrino.

Explicación: o escudo mostra o patrón da Igrexa Reformada de Bever coas cores intercambiadas do barrio de Oberengadin.

Morissen no Val Lumnezia do distrito de Surselva

En vermello tres cunchas douradas.Explicación: a igrexa da aldea está dedicada a Santiago o Maior.

Samnaun na rexión de Engiadina Bassa/Val Müstair

Cruz de prata en vermello, rematada por dúas cunchas

Explicación: Santiago é patrón da igrexa parroquial de Samnaun-Compatsch e da comunidade fronteiriza de Samnaun, á que fai referencia a cruz.

Selma no distrito de Moesa

En verde, unha chave dourada caída colocada en diagonal cara á esquerda, coa folla da chave xirada cara á esquerda, flanqueada por dúas cunchas douradas

Explicación: os motivos do escudo coas cores da familia Trivulzio representan o dobre patrocinio da igrexa parroquial. A chave representa a San Pedro, e as cunchas a Santiago.

Cantón Lucerna[editar | editar a fonte]

Localización do cantón

Cantón de Lucerna (en francés: Lucerne, en italiano: Lucerna, en romanche: Lucerna, en alemán suízo Lozärn ) é un cantón de fala alemá, a maior parte do cal pertence xeograficamente ao Mittelland, no centro de Suíza. A súa cidade principal é Lucerna.

Uffikon (antigo), Willisau [7]

Cantón de Nidwalden[editar | editar a fonte]

Localización do cantón

Cantón de Nidwalden (en francés: Nidwald, en italiano: Nidvaldo, en romanche: Sutsilvania, no dialecto nativo alemán suízo: Nidwaudä, oficialmente e historicamente tamén Unterwalden nid dem Wald) é un cantón de lingua alemá, que xunto co cantón de Obwalden formaron Unterwalden, un dos tres cantóns orixinais da Confederación Suíza de 1291. A capital do cantón de Nidwalden é Stans.


Beckenried

Unha barra ondulada de prata en vermello, enriba dun castelo prateado de tres torres, ameada con teito dourado nas laterais, abaixo unha vieira de prata

Explicación: o escudo data de 1883 polo heraldista Adalbert Vokinger. O castelo conmemora os de Isenringen e Retschrieden. Robert Durrer escribiu en 1918 que a cuncha está tomada do escudo da familia Amstad, primeiro do Posthalter (mestre de correos) Jakob Amstad que pasou como selo privado a un alcalde da familia, e logo representou o papel de selo municipal".

Emmetten

Tres vieiras prateadas (brancas) no campo vermello

Explicación: o escudo foi creado en 1901 por Robert Durrer. As cunchas aluden ao patrón da igrexa parroquial, o apóstolo Santiago. R. Durrer propuxera como variante unha vaca con coroa de flores; porén, non foi escoitado polo concello.[8]

Cantón de Schwyz[editar | editar a fonte]

Lage des Kantons

Cantón de Schwyz (en francés: Schwytz [9] ou Schwyz, italiano: Svitto, romanche: Sviz, en alemán suízo: Schwyz) é un cantón de fala alemá do centro de Suíza; a súa principal cidade é o municipio de Schwyz.

Feusisberg no distrito de Höfe

Explicación: os dous corvos e as vieiras do escudo de Feusisberg lembran a lenda do monxe Meinrado de Einsiedeln († 861).



Cantón de Turgovia[editar | editar a fonte]

Localización do cantón

Cantón de Turgovia (en francés: Thurgovie, en italiano: Turgovia, en romanche: Turgovia, en alemán Thurgau, en latín: Thurgovia) é un cantón de fala alemá no nordeste de Suíza. A principal cidade do cantón é Frauenfeld.


Sirnach no distrito de Münchwilen

Sobre ouro unha barra oblicua vermella con tres cunchas de prata

Explicación: as cores vermella, amarela e branca explican a afiliación a Tannegger. Despois de que o bispo de Constanza fundase o mosteiro de Fischingen en 1139, a antiga ruta de peregrinación a Compostela levaba desde Constanza por Sirnach e Fischingen até Einsiedeln.[10]

Cantón de Vaud[editar | editar a fonte]

Localización do cantón

Cantón de Vaud (en francés: Vaud, en italiano: Vaud, en romanche: Vad, en alemán suízo: Waadtou tamén Waadtland, en alemán: Waadt) é un cantón francófono do oeste do país; a capital é Lausana. O cantón denomínase Vaud en francés ou Pays de Vaud e os habitantes son chamados de Vaud ou Vaudois.


Gilly no distrito de Nyon


Goumoëns no distrito de Gros-de-Vaud

Goumoens-le-Jux, tamén en Gros-de-Vaud


Grandcour no distrito de Broye-Vully


L'Abbaye no distrito de Jura-Nord vaudois


Montricher no distrito de Morges


Pizy, tamén en Morges


Saint-Barthélemy no distrito de Gros-de-Vaud


Senarclens en Morges


Sévery en Morges


Trey no distrito de Broye-Vully


Treycovagnes en Jura-Nord vaudois


Vaux-sur-Morges en Morges

Cantón de Valais[editar | editar a fonte]

Localización do cantón

O Valais (en francés: Valais, en italiano: Vallese, en romanche: Vallais, en arpitan/francoprovenzal Valês, en alemán: Wallis), oficialmente Staat Wallis e État du Valais, é un cantón de fala francesa e alemá no suroeste de Suíza. A cidade principal é Sion.

Dorénaz no distrito de Saint-Maurice

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "SUIZA - Vía Jacobi - Jakobsweg (itinerario completo)". Wikiloc (en castelán). Consultado o 2022-04-17. 
  2. Rey, Manuel (2018-09-13). "A vieira xacobea non é a galega: é a mediterránea". GCiencia. Consultado o 2022-04-16. 
  3. Heras, Ignacio Iñarrea Las (2021-11-16). "El vakner del peregrino armenio Mártir (siglo XV): una perspectiva sobre la presencia de la fauna jacobea en la literatura francesa". Revista de Filología Románica (en castelán) 38: 159–179. ISSN 1988-2815. doi:10.5209/rfrm.78814. 
  4. "Lehrmittelverlag des Kantons Aargau ; ISBN-10: 3-906738-07-8". de.book-info.com ;. 
  5. Consulte o sitio web Arquivado 09 de agosto de 2010 en Wayback Machine.en alemán do cantón de Friburgo. En: fr.de, consultado o 30 de setembro de 2017.
  6. Consulte o sitio web en francés Arquivado 10 de agosto de 2010 en Wayback Machine. (o encabezamento) do cantón de Friburgo. En: fr.de, consultado o 30 de setembro de 2017.
  7. véxase en [1])
  8. Das Emmetter Wappen (o escudo de Emmetten). Arquivado 19 de marzo de 2022 en Wayback Machine.No sitio: emmetten.ch, consultado o 15 de marzo de 2015.
  9. A ortografía con tz é usada pola Guide du Typographe romand e, polo tanto, atópase con frecuencia.
  10. Municipio de Sirnach: Wappen (escudo de armas). En: sirnach.ch, consultado o 30 de setembro de 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lista de escudos coa vieira.