Lista de municipios de Finlandia nos que o finlandés non é a única lingua oficial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
     Municipios oficialmente unilingües en finlandés.      Municipios bilingües co finlandés como lingua maioritaria.      Municipios bilinguës co sueco como lingua maioritaria.      Municipios unilingües en sueco (incluído Åland)      Municipios bilingües en linguas saamis.

Hai 53 municipios en Finlandia nos que o finlandés non é a única lingua oficial.[1][2] En Finlandia, en decembro de 2013, o 89,3% da poboación falaba finlandés, o 5,3% sueco, e o 0,04% linguas saamis.[3] Tanto o finlandés como o sueco son linguas oficiais de Finlandia.[4] Oficialmente, un municipio é bilingüe se a poboación que fala a lingua minoritaria é canto menos o 8% da poboación total, ou ten canto menos 3 000 falantes.[1] Un municipio previamente bilingüe mantense co status se a proporción da lingua minoritaria descende por baixo do 8%, ata o 6%. Se cae por debaixo do 6%, é posible que o municipio se manteña bilingüe por decreto gobernamental, por recomendación do consello municipal, durante dez anos máis.[5] Entre os municipios que fan uso da regra dos 3 000 falantes inclúense a capital Helsinqui e no centro cultural da comunidade sueca finlandesa, Turku. No arquipélago das Åland, onde o finlandés está case ausente da vida diaria, a lei lingüística non se aplica. No continente, a maior proporción de falantes de lingua sueca encóntrase na costa occidental, en Ostrobotnia.[6]

Dos 317 municipios de Finlandia, 16 son unilingües en lingua sueca. 33 municipios son bilingüe en finlandés e sueco; e deles, 15 teñen como lingua maioritaria o sueco e en 18 é o finlandés a lingua maioritaria.[1][7] Catro municipios, todos localizados en Laponia, teñen como lingua maioritaria o finlandés e algunha lingua saami como lingua minoritaria: Enontekiö, Inari, Sodankylä e Utsjoki.[2] Inicialmente, só a lingua sueca recibiu o bilingüismo oficial, a través da acta lingüística de 1922;[5] disposicións similares estendéronse ás linguas saamis a través dunha lei de 1991.[2] A lei de 1922 foi remprazada por unha nova mais en boa parte similar en 2003.[5]

Municipios[editar | editar a fonte]

Nome na lingua maioritaria Nome na(s) lingua(s) minoritaria(s) Lingua(s) Porcentaxe da poboación
que fala unha lingua oficial
distinta do finlandés
31 de decembro de 2013[3]
Rexión
Brändö Unilingüe en sueco 78.7 , ÅlandÅland
Eckerö Unilingüe en sueco 89.1 , ÅlandÅland
Enontekiö saami setentrional: Eanodat
sueco: Enontekis
Finlandés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria 10.8 Laponia
Espoo Esbo Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 7.8 Uusimaa
Finström Unilingüe en sueco 91.7 , ÅlandÅland
Föglö Unilingüe en sueco 85.7 , ÅlandÅland
Geta Unilingüe en sueco 87.2 , ÅlandÅland
Hammarland Unilingüe en sueco 92.5 , ÅlandÅland
Hanko Hangö Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 42.8 Uusimaa
Helsinki Helsingfors Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 5.9 Uusimaa
Inari saami de Inari: Aanaar
saami setentrional: Anár
saami de Skolt: Aanar
sueco: Enare
Finlandés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria 6.4 Laponia
Ingå Inkoo Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 54.3 Uusimaa
Jakobstad Pietarsaari Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 55.8 Ostrobotnia
Jomala Unilingüe en sueco 90.1 , ÅlandÅland
Kaskinen Kaskö Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 28.5 Ostrobotnia
Kauniainen Grankulla Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 35.9 Uusimaa
Kimitoön Kemiönsaari Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 70.3 Finlandia Propia
Kirkkonummi Kyrkslätt Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 17.6 Uusimaa
Kökar Unilingüe en sueco 88.4 , ÅlandÅland
Kokkola Karleby Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 13.1 Ostrobotnia Central
Korsholm Mustasaari Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 69.0 Ostrobotnia
Korsnäs Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 87.2 Ostrobotnia
Kristinestad Kristiinankaupunki Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 55.4 Ostrobotnia
Kronoby Kruunupyy Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 80.7 Ostrobotnia
Kumlinge Unilingüe en sueco 90.3 , ÅlandÅland
Lapinjärvi Lappträsk Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 32.8 Uusimaa
Larsmo Luoto Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 92.5 Ostrobotnia
Lemland Unilingüe en sueco 92.9 , ÅlandÅland
Lohja Lojo Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 3.5 Uusimaa
Loviisa Lovisa Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 42.0 Uusimaa
Lumparland Unilingüe en sueco 91.0 , ÅlandÅland
Malax Maalahti Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 86.1 Ostrobotnia
Mariehamn Maarianhamina Unilingüe en sueco 85.7 , ÅlandÅland
Myrskylä Mörskom Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 9.8 Uusimaa
Närpes Närpiö Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 84.8 Ostrobotnia
Nykarleby Uusikaarlepyy Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 87.3 Ostrobotnia
Pargas Parainen Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 56.4 Finlandia Propia
Pedersöre Pedersören kunta Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 89.7 Ostrobotnia
Porvoo Borgå Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 30.4 Uusimaa
Pyhtää Pyttis Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 8.1 Kymenlaakso
Raseborg Raasepori Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 65.4 Uusimaa
Saltvik Unilingüe en sueco 92.8 , ÅlandÅland
Sipoo Sibbo Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 35.6 Uusimaa
Siuntio Sjundeå Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 29.6 Uusimaa
Sodankylä saami de Inari: Suáđigil
saami setentrional: Soađegilli
saami de Skolt: Suäˊđjel
Finlandés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria 1.6 Laponia
Sottunga Unilingüe en sueco 91.0 , ÅlandÅland
Sund Unilingüe en sueco 92.3 , ÅlandÅland
Turku Åbo Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 5.4 Finlandia Propia
Utsjoki saami setentrional: Ohcejohka
saami de Inari: Uccjuuhâ
saami de Skolt: Uccjokk
Finlandés como lingua maioritaria, saami como lingua minoritaria 46.0 Laponia
Vaasa Vasa Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 22.7 Ostrobotnia
Vantaa Vanda Finlandés como lingua maioritaria, sueco como lingua minoritaria 2.7 Uusimaa
Vårdö Unilingüe en sueco 90.1 , ÅlandÅland
Vörå Vöyri Sueco como lingua maioritaria, finlandés como lingua minoritaria 82.6 Ostrobotnia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Ruotsin- ja kaksikieliset kunnat" ("Swedish and Bilingual Municipalities")" (PDF) (en finés). Asociación de Autoridades Locais e Rexionais de Finlandia. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Kenneth Douglas McRae, Mika Helander, Sari Luoma, Conflict and Compromise in Multilingual Societies: Finland, Volume 3, p. 231. Wilfrid Laurier University Press, 1999, ISBN 978-088920-347-1
  3. 3,0 3,1 ""Väestö kielen mukaan sekä ulkomaan kansalaisten määrä ja maa-pinta-ala alueittain 1980 – 2013" ("Population according to language and the number of foreigners and land area by region 1980 – 2013"" (en finés). Statistics Finland. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 23 de maio de 2019. 
  4. Heikki E. S. Mattila, Comparative Legal Linguistics, p. 55. Ashgate Publishing, Ltd., 2006, ISBN 978-075464-874-1
  5. 5,0 5,1 5,2 Olli-Pekka Salo, "Finland's Official Bilingualism – A Bed of Roses or of Procrustes?", in Jan Blommaert, Sirpa Leppänen, Päivi Pahta (eds.), Dangerous Multilingualism: Northern Perspectives on Order, Purity and Normality, p. 28–9. Palgrave Macmillan, 2012, ISBN 978-023032-141-0
  6. Claus D. Pusch, "Old Minorities within a Language Space", in Peter Auer, Jürgen Erich Schmidt (eds.), Language and Space: An International Handbook of Linguistic Variation, Volume 1, p. 385–6. Walter de Gruyter, 2010, ISBN 978-311018-002-2
  7. "Statsrådets förordning om kommunernas språkliga status åren 2013–2022" (en sueco). Finlex. Consultado o 30 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]