Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Actualmente hai 18 sitios Patrimonio da Humanidade da UNESCO en Grecia.[1] Deles, 16 están inscritas en base a criterio "cultural", mentres que os dous restantes (Monte Athos, Meteora) están inscritos para cumprir criterios "culturais" e "naturais". Cinco dos sitios están situados en illas, un atópase entre as illas e terra firme, os 12 restantes están exclusivamente en terra firme. Este primeiro sitio que se inscribiu foi o Templo de Apolo en Bassae en 1986, o máis recente é o Filipos, inscrito en 2016. Hai 14 sitios adicionais na lista tentativa.

Sitios do Patrimonio Mundial[editar | editar a fonte]

Na táboa recóllese información sobre cada sitio Patrimonio da Humanidade:

Nome; tal e como figura no Comité do Patrimonio Mundial
Localización; nunha das rexións de Grecia, con coordenadas proporcionadas pola UNESCO
Período; período de tempo de importancia, normalmente de construción
Datos da UNESCO; Número de referencia do sitio, o ano no que o sitio foi inscrito na lista do patrimonio mundial e os criterios nos que figuraba
Descrición; breve descrición do sitio
Nome Imaxe Localización Data UNESCO data Descrición
Acrópole, Atenas Acropolis wide view.jpg Atenas, Ática
37°58′N 23°44′L / 37.97, 23.73 (Acropolis of Athens)[2]
Século V a.C.[2] 404; 1987;
i, ii, iii, iv, vi
[2]
Unha gran colección de obras mestras arquitectónicas pero perfectamente equilibradas en harmonía coa paisaxe natural, a Acrópole de Atenas é unha das expresións máis importantes da estética grega clásica. Foi completado cara o século V a.C e exerceu dende entón unha profunda influencia na arquitectura a nivel mundial.[2]
Sitio arqueolóxico de Aigai (moderna Vergina) Facade of Philip II tomb Vergina Greece.jpg Imathia, Macedonia Central
40°28′N 22°26′L / 40.47, 22.43 (Archaeological Site of Aigai (modern name Vergina))[3]
1º milenio a.C.[3] 780; 1996;
i, iii
[3]
A antiga cidade de Aigai foi a primeira capital do Reino de Macedonia. Ademais do monumental palacio, amplamente decorado con mosaicos e estucos pintados, o sitio contén un cemiterio con máis de 300 túmulos, un dos cales foi identificado como o de Filipo II de Macedonia, pai de Alexandre o Grande.[3]
Sitio arqueolóxico de Delfos Columns of the Temple of Apollo at Delphi, Greece.jpeg Focea, Grecia Central
38°29′N 22°30′L / 38.48, 22.5 (Archeological site of Delphi)[4]
Século VIII a.C.[4] 393; 1987;
i, ii, iii, iv, vi
[4]
O santuario panhelénico de Delfos, localización do oráculo de Apolo, foi o centro espiritual do mundo grego. Situado nun espazo natural espectacular ao pé do monte Parnaso, foi un símbolo da unidade cultural grega desde o século VIII a.C..[4]
Sitio arqueolóxico de Mistras Mystras palace.JPG Laconia, Peloponeso
37°05′N 22°22′L / 37.08, 22.37 (Archeological site of Mystras)[5]
Século XIII[5] 511; 1989;
ii, iii, iv
[5]
A coñecida como "a Marabilla do Morea", a moi ben conservada cidade medieval de Mistras desempeñou un papel central nos últimos anos do Imperio Bizantino. Construída sobre un escarpado outeiro ao pé do monte Taigeto, foi o último bastión bizantino en caer ante o Imperio Otomán resistindo ata 1461.
Sitio arqueolóxico de Olimpia GR-olympia-palaestra.jpg Élide, Grecia Occidental
37°38′N 21°40′L / 37.64, 21.67 (Archeological site of Olympia)[6]
Século X a.C.[6] 517; 1989;
i, ii, iii, iv, vi
[6]
O sitio de Olimpia, construído nas marxes do río Alfeios no Peloponeso, foi o lugar dos Xogos Olímpicos da Antigüidade a partir do 776 a.C. Ademais de numerosos templos e santuarios, contén os restos de varias estruturas deportivas, como o seu famoso estadio.
Sitio arqueolóxico de Micenas e Tirinos Lions-Gate-Mycenae.jpg Argólida, Peloponeso
37°38′N 22°45′L / 37.64, 22.75 (Archeological site of Mycenae and Tiryns)[7]
Século XV a.C.[6] 941; 1999;
i, ii, iii, iv, vi
[7]
Micenas e Tirinos foron dúas das cidades máis importantes da Grecia micénica, que floreceu entre os séculos XV e XII a.C. A porta dos leóns e o Tesouro de Atreus en Micenas foron listados como "exemplos destacados do xenio creativo humano".
Delos House of Cleopatra, Delos.jpg Cícladas, Exeo Meridional
37°23′N 25°10′L / 37.39, 25.16 (Delos)[8]
Século VII a.C.[8] 530; 1990;
ii, iii, iv, vi
[8]
O lugar de nacemento de Apolo e de Artemisa segundo a mitoloxía grega, a illa sagrada de Delos foi un dos santuarios panelenísticos máis importantes. O santuario de Apolo en Delos atraeu a peregrinos de toda Grecia, convertendo a Delos nun próspero porto comercial.
Centro histórico (Chorá) co mosteiro de San xoán o Teólogo Chora di Patmos con il Monastero di San Giovanni "il teologo".JPG Patmos, Exeo Meridional
37°18′33″N 26°32′53″L / 37.309189, 26.548053 (Patmos)[9]
Século X[9] 942; 1999;
iii, iv, vi
[9]
A pequena illa de Patmos no Dodecaneso ten fama de ser onde San Xoán o Teólogo escribiu tanto o seu Evanxeo como o Apocalipse. Un mosteiro dedicado ao "amado discípulo" fundouse alí a finais do século X e foi desde entón un lugar de peregrinación e aprendizaxe da igrexa ortodoxa grega. O fermoso complexo monástico domina a illa. O antigo asentamento de Chora, asociado a el, contén moitos edificios relixiosos e seculares.
Cidade medieval de Rodas Cour palais grand maître Rhodes.jpg Rodas, Exeo Meridional
36°26′00″N 28°13′00″L / 36.433333, 28.216667 (Rhodes)[10]
493; 1988;
ii, iv, v
[10]
A Orde de San Xoán de Xerusalén ocupou Rodas dende 1309 ata 1523 e comezou a transformar a cidade nun bastión. Posteriormente pasou a estar baixo o dominio turco e italiano. Co Palacio dos Grandes Mestres, o Gran Hospital e a rúa dos Cabaleiros, a Cidade Alta é un dos conxuntos urbanos máis fermosos da Época gótica. Na Cidade Baixa, a arquitectura gótica convive con mesquitas, baños públicos e outros edificios do período Otomán.
Mosteiros de Dafne, Hosios Loukas e Nea Moni de Chios 20090803 hosiosloukas12.jpg Gotic Dafni.jpg Nea Moni - buildings.JPG Hosios Loukas: Distomo, Beocia
38°23′41″N 22°44′48″L / 38.394722, 22.746667 (Hosios Loukas)
Daphni Monastery: Chaidari, Ática
38°00′47″N 23°38′09″L / 38.013056, 23.635833 (Daphni)
Nea Moni: Quíos, Exeo Setentrional
38°22′26″N 26°03′21″L / 38.373906, 26.055739 (Nea Moni)[11]
Séculos XI e XII[11] 537; 1990;
i, iv
[11]
Aínda que xeográficamente distantes entre si, estes tres mosteiros pertencen á mesma serie tipolóxica e comparten as mesmas características estéticas. As igrexas están construídas sobre un plano cruzado cunha gran cúpula apoiada por esquinches definindo un espazo octogonal. Nos séculos XI e XII foron decorados con soberbios traballos de mármore, así como mosaicos sobre fondo de ouro, todo característico da 'segunda época dourada da arte bizantina'.
Cidade vella de Corfú Corfu town.jpg Corfú, Illas Xónicas
39°37′00″N 19°55′00″L / 39.616667, 19.916667 (Corfu)[12]
Século VIII a.C.[12] 978; 2007;
iv
[12]
A cidade vella de Corfú, na cidade de Corfú, na illa de Corfú fronte ás costas occidentais de Albania e Grecia, está situada nunha posición estratéxica á entrada do Mar Adriático, e ten as súas raíces no século VIII a.C. Os tres fortes da cidade, deseñados por recoñecidos enxeñeiros venecianos, foron usados durante catro séculos para defender os intereses comerciais marítimos da República de Venecia contra o Imperio Otomán. Ao longo do tempo, as fortalezas foron reparadas e reconstruídas en parte varias veces, máis recentemente baixo o dominio británico no século XIX. O parque de vivendas principalmente neoclásico da cidade vella é en parte do período veneciano e en parte de construción posterior, principalmente do século XIX. Como porto mediterráneo fortificado, o conxunto portuario e urbano de Corfú destaca polo seu alto nivel de integridade e autenticidade.
Monumentos paleocristianos e bizantinos de Tesalónica Ac.galerius2.jpg Tesalónica, Macedonia Central
40°39′N 22°54′L / 40.65, 22.9 (Thessalonika)[13]
315 a.C.[13] 456; 1988;
i, ii, iv
[13]
Fundada no 315 a.C., a capital provincial e o porto marítimo de Tesalónica foi unha das primeiras bases para a propagación do cristianismo. Entre os seus monumentos cristiáns atópanse belas igrexas, algunhas construídas en planta de cruz grega e outras en planta da basílica de tres naves. Construídas durante un longo período, entre o séculos IV e o XV, constitúen unha serie tipolóxica diacrónica, que tivo unha influencia considerable no Imperio Bizantino.
Pitagoreo e Hereo de Samos Heraion of Samos.jpg Samos, Exeo Setentrional
37°42′04″N 26°52′08″L / 37.701208, 26.868783 (Samos)[14]
3º milenio a.C.[14] 595; 1992;
ii, iii
[14]
Moitas civilizacións habitaron esta pequena illa do mar Exeo, preto de Asia Menor, dende o III milenio a.C. Aínda se poden ver os restos do Pitagoreo, un antigo porto fortificado con monumentos gregos e romanos e un espectacular acueduto de túnel, así como o Hereo, o templo de Hera en Samos.
Santuario de Asclepios en Epidauro 20100408 epidaure29.JPG Epidauro, Peloponeso
37°38′00″N 23°08′00″L / 37.633333, 23.133333 (Epidaurus)[15]
Século IV a.C.[15] 491; 1988;
i, ii, iii, iv, vi
[15]
Nun pequeno val do Peloponeso, o santuario de Asclepio, o deus da medicina, desenvolveuse a partir dun culto moito máis antigo a Apolo, durante o século VI a.C., como máximo, o culto oficial do estado da cidade de Epidauro. Os seus principais monumentos, en particular o templo de Asclepio, o Tholos e o Teatro, considéranse como unha das obras mestras máis puras da arquitectura grega, datan do século IV. O amplo sitio, cos seus templos e edificios hospitalarios dedicados aos seus deuses curativos, proporciona unha valiosa visión dos cultos curativos da época grega e romana.
Templo de Apolo Epikourios en Bassae The Temple of Apollo Epikourios at Bassae, Arcadia, Greece (14250629376).jpg Bassae, Mesenia, Peloponeso
37°25′47″N 21°54′01″L / 37.429722, 21.900278 (Bassae)[16]
Século V a.C.[16] 392; 1986;
i, ii, iii, iv, vi
[16]
Este famoso templo ao deus da curación e o sol construíuse cara a mediados do século V a.C. nas alturas solitarias das montañas de Arcadia. O templo, que é o máis antigo da orde corintia aínda atopado, combina o estilo arcaico e a serenidade da orde dórica con algunhas atrevidas características arquitectónicas.
Meteora Greece meteora monasteries.JPG preto de Kalabaka, Tesalia
39°42′51″N 21°37′52″L / 39.714167, 21.631111 (Meteora)[17]
455; 1988;
i, ii, iv, v, vii
[17]
Nunha rexión de picos de pedra arenita case inaccesibles, os monxes asentáronse nestas "columnas do ceo" a partir do século XI en diante. Construíronse vinte e catro destes mosteiros, a pesar de dificultades incribles, no momento do gran rexurdimento do ideal eremita no século XV. Os seus frescos do século XVI marcan unha etapa clave no desenvolvemento da pintura post-bizantina.
Monte Athos Esphigmenou monastery 2006.jpg República de Monte Athos
40°09′26″N 24°19′35″L / 40.157222, 24.326389 (Mount Athos)[18]
454; 1988;
i, ii, iv, v, vi, vii
[18]
Centro espiritual ortodoxo desde 1054, o monte Athos gozou dun estatuto autónomo desde tempos bizantinos. A "Montaña Santa", que está prohibida a mulleres e nenos, é tamén un recoñecido sitio artístico. O deseño dos mosteiros (uns 20 habitados actualmente por uns 1.400 monxes) tivo unha influencia tan distante como Rusia, e a súa escola de pintura influíu na historia da arte ortodoxa.
Filipos Ancient Theatre, built by Philip II in the 4th century BC and later reconstructed by the Romans, Philippi (7272297822) Filipos, Kavala, Macedonia oriental
41°00′47″N 24°17′11″L / 41.013056, 24.286389 (Philippi)[19]
Século IV a.C. - século XIV d.C[19] 1517; 2016;
iii, iv
[19]
Os restos desta cidade amurallada atópanse ao pé dunha acrópole na rexión actual de Macedonia Oriental e Tracia, na antiga ruta que unía Europa e Asia, a Vía Egnatia. Fundada no 356 a.C. polo rei macedonio Filipo II, a cidade desenvolveuse como unha "pequena Roma" co establecemento do Imperio Romano nas décadas posteriores á Batalla de Filipos, no 42 a.C. O teatro e heroón funerario (templo) helenístico complementáronse con edificios romanos como o foro. Máis tarde, a cidade converteuse en centro de fe cristiano, logo da visita do Apóstolo Paulo no 49-50 a.C. Os restos da súa basílica constitúen un testemuño excepcional do inicio do cristianismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  5. 5,0 5,1 5,2 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  7. 7,0 7,1 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  8. 8,0 8,1 8,2 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  9. 9,0 9,1 9,2 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  10. 10,0 10,1 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  11. 11,0 11,1 11,2 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  12. 12,0 12,1 12,2 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  13. 13,0 13,1 13,2 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  14. 14,0 14,1 14,2 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  15. 15,0 15,1 15,2 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  16. 16,0 16,1 16,2 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  17. 17,0 17,1 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  18. 18,0 18,1 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  19. 19,0 19,1 19,2 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]