Lista de froitas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O figo, aínda que non sexa, en termos botánicos, un froito, (trátase dun sicono ou inflorescencia), é considerado un froito na linguaxe corrente

A presente lista pretende enumerar varios tipos de froitas, consideradas comestibles en diversas partes do mundo. Nótese que moitas froitas (dende o punto de vista biolóxico) son consideradas verduras no sentido culinario (por exemplo, o tomate), e non aparecen neste artigo por esa razón. Por outro lado, existen algunhas "froitas", como o amorodo ou o ananás (ou piña) que non son froitos en termos botánicos. Resumindo: aquí faise unha listaxe das "froitas" na acepción corrente da palabra e non na acepción científica.

Algunhas familias teñen un maior número de especies cuxos froitos son comestibles: Myrtaceae, Sapotaceae son algunhas delas.

Froitas de clima temperado[editar | editar a fonte]

Pintura de froitas brasileiras (Albert Eckhout)

As froitas de clima temperado crecen case todas en árbores ou arbustos leñosos ou lianas. Con todo elas non se desenvolven adecuadamente nas rexións tropicais (de clima quente), precipitación atmosférica regular e temperatura media anual superior a 22 °C. Isto é porque existe a necesidade fisiolóxica de ter algúns días de baixas temperaturas (chilling requirement), cerca de 5 a 15 °C, en cada ano anterior á floración. Como se pode percibir, todas as plantas dese grupo son especies que esixen para o seu crecemento normal e a súa posterior frutificación un clima tipicamente frío para un período de repouso fisiolóxico (repouso vexetativo) no que presentan gran resistencia ao frío. As principais froitas de clima temperado son a ameixa ou cirola, a cereixa doce, o albaricoque, a framboesa, a mazá, a noz, a pera e a uva, porque elas son amplamente cultivadas e tamén consumidas globalmente, debido a súa enorme adaptación a moitos lugares diferentes. Porén, existen outras froitas de grande importancia local, non figurando entre as especies producidas basicamente para o comercio. Estas son frecuentemente extraídas da natureza como acontecía durante o Neolítico.

Familia Rosaceae[editar | editar a fonte]

A familia Rosaceae predomina entre as principais plantas produtoras de froito de clima temperado pola súa importancia e tamén polo gran número de especies. Os pomoideos, drupas, amoras, nésperas, amorodos, e o froito da roseira son exemplos de froitas desta familia.

Pseudofroitos Pomoideos[editar | editar a fonte]

Froitos con carabuña (drupas)[editar | editar a fonte]

Xénero Prunus:

  • Albaricoque (Prunus armeniaca ou Armeniaca vulgaris)
  • Cereixa, guinda, e as variedades bravas (Prunus avium, P. cerasus, e outras)
  • Ameixa, do cal existen diversas especies domésticas: os fatóns, e bravas: os abruños;
  • Pexego (variedade normal e branca), a súa variante glabra, a nectarina, Prunus persica var. nucipersica)

Bagas[editar | editar a fonte]

O termo baga non vai ser usado neste artigo tecnicamente, ou nun sentido botánico. Aquí significa calquera pequena froita, que pode ser totalmente consumida e que, eventualmente, non posúe sementes.

O xénero botánico Rubus, vulgarmente designados como silvas ou framboeseiros, fornece as chamadas pseudobagas. As máis coñecidas froitas dese grupo son as amoras bravas e as framboesas, máis outras, híbridas, como as amora negra e amoras framboesas son tamén moi populares. Hai varias especies e variedades de froitos bravos, que poden provir de silvas (con espiñas) ou non.

As seguintes froitas son consideradas como froitos bravos (froitos do bosque):

As verdadeiras bagas predominan na familia Ericaceae, estando moitas adaptadas ao subártico:

Outras bagas que non son das familias Rosaceae nin Ericaceae:

Froitas orixinarias de Asia[editar | editar a fonte]

Caqui en Bastavales

Algunhas froitas nativas da Asia, que non eran moi coñecidas noutros lugares até o século XX:

Froitas orixinarias de América do Norte[editar | editar a fonte]

Algunhas froitas nativas da América do Norte, que son habitualmente pouco consumidas:

Cactos e outras plantas suculentas[editar | editar a fonte]

Diversos cactos producen froitos comestibles, que son unha importante e tradicional fonte de comida para algúns pobos nativos de América:

Podocarpos[editar | editar a fonte]

Podocarpos son coníferas da familia Podocarpaceae. Entre eles temos:

Froitas herbáceas anuais[editar | editar a fonte]

Melóns e outros membros das familias Cucurbitaceae e Solanaceae[editar | editar a fonte]

Algunhas froitas de clima temperado, que excepcionalmente non se desenvolven en árbores perennes son::

  • Cabaza, incluíndo entre outras:
    • (Cucurbita moschata)
    • (Cucurbita mixta)
    • (Cucurbita maxima)
    • (Cucurbita pepovarieties)
  • Kiwano ou (Cucumis metuliferus)
  • Melón (Cucumis melo)

Hortalizas[editar | editar a fonte]

Unhas poucas hortalizas son ás veces coloquialmente, aínda que incorrectamente, denominadas como "froitas" na mundo culinario:

Infrutescencias[editar | editar a fonte]

As infrutescencias son o resultado da fecundación dunha inflorescencia, aínda que non son, dende un punto de vista botánico, verdadeiros froitos. Entre eles temos:

Froitas subtropicais e do Mediterráneo[editar | editar a fonte]

Uvas

Os froitos desta categoría non soportan condicións de temperatura baixa continuada, aínda que poden resistir a episodios de frío intenso e xeada.

Algúns membros do xénero Citrus (Rutaceae) son plantas de rexións tropicais, polo tanto intolerantes ás xeadas. Non obstante todas as especies comunmente comercializadas son, en xeral, máis resistentes a este fenómeno climático:

Limón
  • Cidra (Citrus medica) (en castelán cidro ou toronja) Froita orixinaria da Asia
  • (Citrus limetta, Rutaceae) (en inglés: sweet lemon)
  • Kumquat (do xénero “Citrus” e subxénero Fortunella)
  • Laranxa, das cales :
    • Citrus sinensis, é unha especie doce
    • Citrus aurantium, trátase dunha especie amarga
  • Lima (Citrus aurantifolia)
    • (Citrus aurantifolia x medica) é un híbrido da Lima (Citrus aurantifolia) e da Cidra (Citrus medica)
    • (Citrus x aurantiifolia) é un híbrido da Lima (en inglés: key lime)
    • (Citrus x hystrix) é un híbrido da Lima (en inglés: kaffir lime)
    • (Citrus x latifolia ) é un híbrido da Lima (en inglés: persian lime)
  • Limón (Citrus limon)
  • Mandarina (Citrus reticulata), clementina (Citrus reticulata var. Clementina)
    • Rangpur (froita) ou mandarina-limón, é tamén outro híbrido da mandarina (Citrus reticulata) có limón (Citrus limon)
    • Tangor (Citrus reticulata x sinensis) é tamén outro híbrido da mandarina coa laranxa doce
    • Ugli (Citrus reticulata x Citrus paradisi) é un híbrido da mandarina (Citrus reticulata) co Citrus maxima.
  • Pomelo (Cítrus paradisi)
    • Tangelo ou mandarina pomelo (Citrus reticulata x paradisi) é tamén outro híbrido da mandarina (Citrus reticulata) coa Citrus maxima.

Outras froitas de clima subtropical son:

Froitas tropicais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]