Lista de episodios de One Piece (temporada 3)
Terceira temporada de One Piece | |
---|---|
Tempada de One Piece | |
Orixe | ![]() |
Nº de episodios | 15 |
Emisión | |
Canle orixinal | Fuji TV |
Emisión orixinal | 26 de agosto do 2001 - 9 de decembro de 2001 |
Cronoloxía |
A terceira tempada da serie de televisión One Piece comezou a transmitirse o 26 de agosto do 2001 no Xapón, acabando finalmente o 9 de decembro do mesmo ano, cun total de 15 episodios. Nesta terceira tempada a tripulación do Sombreiro de Palla chega ata a illa de Drum durante o seu camiño a Arabasta, enfróntanse ao exército de Wapol e coñecen a Chopper.
Monkey D. Ruffy comeu de neno, accidentalmente, un froito do demo. Ruffy, inspirado polo pirata Shanks, sae ao mar para atopar o gran tesouro "One Piece" e converterse así no Rei dos Piratas. Vinte e dous anos atrás, un pirata, Gol D. Roger, coñecido como o "Rei dos Piratas", foi executado, pero antes de morrer, falou acerca do seu famoso tesouro "One Piece". A súa morte propiciou o inicio da Era das Grandes Travesías, pois lanzou incontables corsarios na procura do tesouro perdido. Ruffy converteuse nun deles, ansiando ser o próximo "rei" e levantando áncora para coñecer amigos e ter aventuras con eles, tendo como meta o ansiado tesouro. Nas súas aventuras, Ruffy derrota a numerosos adversarios e, na súa viaxe cara a Gran Ruta, coñece os diferentes personaxes que acaban formando parte da súa tripulación.
En Galicia, a tempada estreouse na tvG2 o 11 de agosto do 2012 dobrada ao galego, e rematou o 5 de xaneiro do 2013 na mesma canle.
# | Título en galego | Data de emisión en Galicia | Data de emisión no Xapón |
---|---|---|---|
78 | "Nami está enferma? Alén de onde a neve cae no mar" Nami ga byōki? Umi ni furu yuki no mukō ni! (ナミが病気?海に降る雪の向こうに!) | 11 de agosto do 2012 | 26 de agosto do 2001 |
Nami enfermou, pero no Espírito de Merry non hai médicos a bordo, polo que ninguén pode sandala. Sen navegante, non saben que rumbo tomar. Vivi explícalles a gravidade da doenza da súa compañeira e o perigo ao que está exposta. Por outra banda, Mr. 2 é enviado a Xardín Pequeno para solucionar a desfeita que deixou Mr. 3 e a súa compañeira na illa. | |||
79 | "Sorpresa! A emboscada de Wapol" Kishū! Burikingu gō to Buriki no Waporu (奇襲!ブリキング号とブリキのワポル) | 18 de agosto do 2012 | 2 de setembro do 2001 |
A cuadrilla do Sombreiro de Palla vai na busca dun doutor, pero durante a procura, aparece o pirata Wapol. Este está disposto a rillarlles o barco a chanchadas, pero Ruffy non llo permite e bótao dun golpe cara o mar. Finalmente, albiscan unha illa, onde non son gratamente recibidos. Ao mesmo tempo, o Capitán Fumeta intercepta a conversa de Sanji e Crocodilo, e decide poñer rumbo a Arabasta. | |||
80 | "Unha illa sen médicos? Aventura nun país sen nome" Isha no inai shima? na mo naki kuni no bōken! (医者のいない島?名も無き国の冒険!) | 13 de outubro do 2012 | 9 de setembro do 2001 |
Na nova illa, Drum, o grupo de Ruffy é atacado polos seus habitantes, e van cara Big Horn, unha das vilas do país na procura dun médico. Alí descobren que a única doutora que hai vive no cumio dunha montaña, polo que Sanji e Ruffy empezan a ascensión co obxectivo de que curen a Nami. Ao mesmo tempo, Usopp e Vivi falan con Dolton, o xefe da illa, e entéranse de que fora rei de Drum tempo atrás. | |||
81 | "Estades contentos? Unha médica chamada bruxa" Happy kai? majō to yobareta isha (ハッピーかい?魔女と呼ばれた医者) | 20 de outubro do 2012 | 16 de setembro do 2001 |
Wapol foi un rei tirano, e os habitantes de Drum desexan que non volva xamais. Mentres Ruffy, Sanji e Nami soben onde a médica, pero topan cuns coellos que lles impiden chegar ao cumio. Usopp, Vivi e Dolton descobren que a doutora está na outra parte da illa, e diríxense para aló, pero cando este se decata do retorno de Wapol a Drum, volve para poder defender o seu país. | |||
82 | "A determinación de Dolton. A xente de Wapol desembarca na illa" Dalton no kakugo! Wapol gundan shima ni jōriku (ドルトンの覚悟!ワポル軍団島に上陸) | 27 de outubro do 2012 | 7 de outubro do 2001 |
Dolton chega onda Wapol para enfrontarse a el, mais o único que consegue é ser derrotado por un dos seus camaradas, Chess que emprega frechas para atacar. Ruffy, Sanji e Nami atópanse cuns coellos enormes, os lapáns, que dificultan o seu ascenso cara o castelo da bruxa. Nese momento prodúcese unha avalancha que deixa os coellos e mais a Sanji feridos, polo que agora Ruffy terá que cargar con este e coa súa navegante ata o cume. | |||
83 | "A illa das neves eternas. Hai que escalar o monte de Drum" Yuki no sumu shima! Drum Rockies wo nobore! (雪の住む島!ドラムロッキーを登れ!) | 3 de novembro do 2012 | 7 de outubro do 2001 |
Logo da avalancha, Ruffy axuda un dos lapáns a sobrevivir, e para agradecerllo, a manda de lapáns ataca a Wapol para entretelo durante a súa persecución a Ruffy. É por isto polo que Ruffy pode proseguir o seu ascenso no monte Drum. Pola súa parte, Zoro, Vivi e Usopp intentan axudar a Dolton a recuperarse. Ao chegar ao cume, Ruffy é axudado por un misterioso animal que leva a Nami ata o interior do castelo onde a tratan. Ao espertar, Nami atópase coa misteriosa criatura. | |||
84 | "O reno do nariz azul. O segredo de Chopper" Tonakai ha ao hana! Chopper no himitsu (トナカイは青っ鼻!チョッパーの秘密) | 10 de novembro do 2012 | 21 de outubro do 2001 |
Nami proponlle a esta criatura, que é un reno e se chama Reni Reni Chopper, que se una á cuadrilla de Ruffy. Este rexeita o convite, e cando Sanji e Ruffy acordan, empezan a perseguir o pobre animal, co obxecto de cociñalo. Pola súa parte, a doutora Kureha dille a Nami que ten que gardar un tempo de repouso e empézalle a contar a historia de Chopper: comera un Froito do Demo e fora desterrado da súa manda por ser diferente. | |||
85 | "Un pesadelo. O doutor Hiruruku, o matasáns" Hamidashi sha no yume! Yabuisha Hiruluk! (はみだし者の夢!やぶ医者ヒルルク!) | 17 de novembro do 2012 | 28 de outubro do 2001 |
A médica Kureha segue a contarlle a Nami a historia do pasado de Chopper. Era marxinado polos renos e humanos, xa que tiña a capacidade de falar e era un ser moi estraño. O doutor Hiruruku, un matasáns da illa, acollérao e fixo del un fillo. Aprendeulle varios coñecementos de medicina e explicoulle que tiña un plan para sandar os corazóns da xente: facer florecer as cerdeiras do monte de Drum. | |||
86 | "As cerdeiras de Hiruruku e a súa derradeira vontade" Hiruluk no sakura to uketsuga re yuku ishi (トヒルルクの桜と受け継がれゆく意志) | 24 de novembro do 2012 | 4 de novembro do 2001 |
O doutor Hiruruku é chamado por unha urxencia ao castelo de Drum, pero non foi máis ca unha trampa de Wapol para asasinalo. Chopper lamentou moito a súa morte pero non puido vingarse porque o matarían e foi vivir ao pé da doutora Kureha. Ao rematar a historia, Ruffy ofrécelle a Chopper unirse á súa tripulación pero nese mesmo momento, Wapol chega ao cume do monte, pretendendo recuperar o seu reinado. | |||
87 | "A cuadrilla de Wapol. Os poderes do froito do Baku Baku" VS Wapol gundan! Baku Baku no Mi no sema he! (VSワポル軍団!バクバクの実の迫ヘ!) | 1 de decembro do 2012 | 11 de novembro do 2001 |
Para evitar que se poida facer co control do goberno e destrúa a bandeira que Hiruruku situara no castelo de Drum, Ruffy, Chopper e Sanji empezan a loitar contra el. Pero os seus secuaces, Chess e Kuromarimo, están con el e tamén son fortes, polo que non o han ter nada doado para derrotar o pirata tirano, que ademais, probou o froito do demo do Baku Baku. | |||
88 | "O froito do demo tipo animal. As sete metamorfoses de Chopper" Zoan Akuma no Mi! Chopper nana dad henkei (動物系悪魔の実!チョッパー七段変形) | 8 de decembro do 2012 | 18 de novembro do 2001 |
Kuromarimo e Chess fusiónanse nun só corpo. Chopper utiliza as súas sete metamorfoses para atacalos e poder gañar a pelexa, logrando finalmente desfacerse deles. Pola súa parte, os habitantes da illa e Wapol teñen a intención de subir ata a montaña, polo que son axudados por Vivi, Usopp e Sanji para emprender esa tarefa. | |||
89 | "A fin do reinado. A bandeira da fe ondea para sempre" Ōkoku no shihai owaru toki! Shinnen no hata ha eien ni (王国の支配終る時!信念の旗は永遠に) | 15 de decembro do 2012 | 25 de novembro do 2001 |
Ruffy enfróntase a Wapole despois dunha dura batalla consegue derrotalo e acaba por mandalo lonxe de Drum. Despois de que remate a liorta, o capitán dos Sombreiro de Palla busca convencer a Chopper de que se una á súa tripulación. Por outra parte, Wapol, Zoro, Vivi e os demais logran subir ata o cume da illa para ver a fin do reinado de Wapol. | |||
90 | "As cerdeiras de Hiruruku. O milagre do monte Drum" Hiruluk no sakura! Drum Rockies no kiseki (ヒルルクの桜!ドラムロッキーの奇跡) | 22 de decembro do 2012 | 2 de decembro do 2001 |
Ruffy logra convencer a Chopper de ser o seu novo compañeiro. Cando o reno llo vai comunicar á doutora, esta non está de acordo, pero non lle queda máis remedio ca resignarse: Chopper os seus novos compañeiros xa emprenderon rumbo nunha zorra cara á beira da illa para empezar a navegar polo mar. Durante a súa partida, os pétalos de cerdeira que tanto ansiou Hiruruku florecen, como sinal de curación nos corazóns das persoas da illa. | |||
91 | "Adeus, illa de Drum! Vou navegar polo mar adiante!" Sayōnara Drum tō! Boku ha umi he deru! (さようならドラム島!僕は海へ出る!) | 29 de decembro do 2012 | 9 de decembro do 2001 |
Os Sombreiro de Palla, xunto co seu novo compañeiro Chopper, parten rumbo ás terras de Vivi, Arabasta. No barco, cóntanlle a Chopper que Crocodilo, o xefe da Gavela dos Barrocos, planea apoderarse de Arabasta, convencendo a xente do pobo de que é un heroe. Mr. 2 Bon Kure e a súa banda teñen o cometido de desfacerse de Mr. 3, pero pérdense de camiño a Xardín Pequeno. | |||
92 | "O heroe de Arabasta e a bailarina a bordo" Arabasta no eiyū to senjō no balerina (アラバスタの英雄と船上のバレリーナ) | 5 de xaneiro do 2013 | 9 de decembro do 2001 |
A Banda de Ruffy atópase por primeira vez con Mr. 2 e, de maneira amigable, faille unha demostración dos seus incribles poderes, que lle permiten converterse en calquera persoa á que antes tocara coa man. Como durante a súa demostración tivo a oportunidade de tocalos a todos, agás a Sanji. Dado este perigo, o cociñeiro propón que todos coloquen unha venda na man para evitar ser suplantados polo poderoso vilán. Despois disto albiscan xa as terras de Arabasta. |