Lista de episodios de One Piece (temporada 3)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terceira temporada de One Piece
Tempada de One Piece
Orixe Xapón
de episodios15
Emisión
Canle orixinalFuji TV
Emisión orixinal26 de agosto do 2001
- 9 de decembro de 2001
Cronoloxía
Lista de episodios de One Piece (2ª tempada) Terceira temporada de One Piece'' Lista de episodios de One Piece (4ª tempada)

A terceira tempada da serie de televisión One Piece comezou a transmitirse o 26 de agosto do 2001 no Xapón, acabando finalmente o 9 de decembro do mesmo ano, cun total de 15 episodios. Nesta terceira tempada a tripulación do Sombreiro de Palla chega ata a illa de Drum durante o seu camiño a Arabasta, enfróntanse ao exército de Wapol e coñecen a Chopper.

Monkey D. Ruffy comeu de neno, accidentalmente, un froito do demo. Ruffy, inspirado polo pirata Shanks, sae ao mar para atopar o gran tesouro "One Piece" e converterse así no Rei dos Piratas. Vinte e dous anos atrás, un pirata, Gol D. Roger, coñecido como o "Rei dos Piratas", foi executado, pero antes de morrer, falou acerca do seu famoso tesouro "One Piece". A súa morte propiciou o inicio da Era das Grandes Travesías, pois lanzou incontables corsarios na procura do tesouro perdido. Ruffy converteuse nun deles, ansiando ser o próximo "rei" e levantando áncora para coñecer amigos e ter aventuras con eles, tendo como meta o ansiado tesouro. Nas súas aventuras, Ruffy derrota a numerosos adversarios e, na súa viaxe cara a Gran Ruta, coñece os diferentes personaxes que acaban formando parte da súa tripulación.

En Galicia, a tempada estreouse na tvG2 o 11 de agosto do 2012 dobrada ao galego, e rematou o 5 de xaneiro do 2013 na mesma canle.

# Título en galego Data de emisión en Galicia Data de emisión no Xapón
78 "Nami está enferma? Alén de onde a neve cae no mar"
Nami ga byōki? Umi ni furu yuki no mukō ni! (ナミが病気?海に降る雪の向こうに!)
11 de agosto do 201226 de agosto do 2001

Nami enfermou, pero no Espírito de Merry non hai médicos a bordo, polo que ninguén pode sandala. Sen navegante, non saben que rumbo tomar. Vivi explícalles a gravidade da doenza da súa compañeira e o perigo ao que está exposta. Por outra banda, Mr. 2 é enviado a Xardín Pequeno para solucionar a desfeita que deixou Mr. 3 e a súa compañeira na illa. 

79 "Sorpresa! A emboscada de Wapol"
Kishū! Burikingu gō to Buriki no Waporu (奇襲!ブリキング号とブリキのワポル)
18 de agosto do 20122 de setembro do 2001

A cuadrilla do Sombreiro de Palla vai na busca dun doutor, pero durante a procura, aparece o pirata Wapol. Este está disposto a rillarlles o barco a chanchadas, pero Ruffy non llo permite e bótao dun golpe cara ao mar. Finalmente, albiscan unha illa, onde non son gratamente recibidos. Ao mesmo tempo, o Capitán Fumeta intercepta a conversa de Sanji e Crocodilo, e decide poñer rumbo a Arabasta. 

80 "Unha illa sen médicos? Aventura nun país sen nome"
Isha no inai shima? na mo naki kuni no bōken! (医者のいない島?名も無き国の冒険!)
13 de outubro do 20129 de setembro do 2001

Na nova illa, Drum, o grupo de Ruffy é atacado polos seus habitantes, e van cara Big Horn, unha das vilas do país na procura dun médico. Alí descobren que a única doutora que hai vive no cumio dunha montaña, polo que Sanji e Ruffy empezan a ascensión co obxectivo de que curen a Nami. Ao mesmo tempo, Usopp e Vivi falan con Dolton, o xefe da illa, e entéranse de que fora rei de Drum tempo atrás. 

81 "Estades contentos? Unha médica chamada bruxa"
Happy kai? majō to yobareta isha (ハッピーかい?魔女と呼ばれた医者)
20 de outubro do 201216 de setembro do 2001

Wapol foi un rei tirano, e os habitantes de Drum desexan que non volva xamais. Mentres Ruffy, Sanji e Nami soben onde a médica, pero topan cuns coellos que lles impiden chegar ao cumio. Usopp, Vivi e Dolton descobren que a doutora está na outra parte da illa, e diríxense para aló, pero cando este se decata do retorno de Wapol a Drum, volve para poder defender o seu país. 

82 "A determinación de Dolton. A xente de Wapol desembarca na illa"
Dalton no kakugo! Wapol gundan shima ni jōriku (ドルトンの覚悟!ワポル軍団島に上陸)
27 de outubro do 20127 de outubro do 2001

Dolton chega onda Wapol para enfrontarse a el, mais o único que consegue é ser derrotado por un dos seus camaradas, Chess que emprega frechas para atacar. Ruffy, Sanji e Nami atópanse cuns coellos enormes, os lapáns, que dificultan o seu ascenso cara ao castelo da bruxa. Nese momento prodúcese unha avalancha que deixa os coellos e mais a Sanji feridos, polo que agora Ruffy terá que cargar con este e coa súa navegante ata o cume. 

83 "A illa das neves eternas. Hai que escalar o monte de Drum"
Yuki no sumu shima! Drum Rockies wo nobore! (雪の住む島!ドラムロッキーを登れ!)
3 de novembro do 20127 de outubro do 2001

Logo da avalancha, Ruffy axuda un dos lapáns a sobrevivir, e para agradecerllo, a manda de lapáns ataca a Wapol para entretelo durante a súa persecución a Ruffy. É por isto polo que Ruffy pode proseguir o seu ascenso no monte Drum. Pola súa parte, Zoro, Vivi e Usopp intentan axudar a Dolton a recuperarse. Ao chegar ao cume, Ruffy é axudado por un misterioso animal que leva a Nami ata o interior do castelo onde a tratan. Ao espertar, Nami atópase coa misteriosa criatura. 

84 "O reno do nariz azul. O segredo de Chopper"
Tonakai ha ao hana! Chopper no himitsu (トナカイは青っ鼻!チョッパーの秘密)
10 de novembro do 201221 de outubro do 2001

Nami proponlle a esta criatura, que é un reno e se chama Reni Reni Chopper, que se una á cuadrilla de Ruffy. Este rexeita o convite, e cando Sanji e Ruffy acordan, empezan a perseguir o pobre animal, co obxecto de cociñalo. Pola súa parte, a doutora Kureha dille a Nami que ten que gardar un tempo de repouso e empézalle a contar a historia de Chopper: comera un Froito do Demo e fora desterrado da súa manda por ser diferente. 

85 "Un pesadelo. O doutor Hiruruku, o matasáns"
Hamidashi sha no yume! Yabuisha Hiruluk! (はみだし者の夢!やぶ医者ヒルルク!)
17 de novembro do 201228 de outubro do 2001

A médica Kureha segue a contarlle a Nami a historia do pasado de Chopper. Era marxinado polos renos e humanos, xa que tiña a capacidade de falar e era un ser moi estraño. O doutor Hiruruku, un matasáns da illa, acollérao e fixo del un fillo. Aprendeulle varios coñecementos de medicina e explicoulle que tiña un plan para sandar os corazóns da xente: facer florecer as cerdeiras do monte de Drum. 

86 "As cerdeiras de Hiruruku e a súa derradeira vontade"
Hiruluk no sakura to uketsuga re yuku ishi (トヒルルクの桜と受け継がれゆく意志)
24 de novembro do 20124 de novembro do 2001

O doutor Hiruruku é chamado por unha urxencia ao castelo de Drum, pero non foi máis ca unha trampa de Wapol para asasinalo. Chopper lamentou moito a súa morte pero non puido vingarse porque o matarían e foi vivir ao pé da doutora Kureha. Ao rematar a historia, Ruffy ofrécelle a Chopper unirse á súa tripulación pero nese mesmo momento, Wapol chega ao cume do monte, pretendendo recuperar o seu reinado. 

87 "A cuadrilla de Wapol. Os poderes do froito do Baku Baku"
VS Wapol gundan! Baku Baku no Mi no sema he! (VSワポル軍団!バクバクの実の迫ヘ!)
1 de decembro do 201211 de novembro do 2001

Para evitar que se poida facer co control do goberno e destrúa a bandeira que Hiruruku situara no castelo de Drum, Ruffy, Chopper e Sanji empezan a loitar contra el. Pero os seus secuaces, Chess e Kuromarimo, están con el e tamén son fortes, polo que non o han ter nada doado para derrotar o pirata tirano, que ademais, probou o froito do demo do Baku Baku. 

88 "O froito do demo tipo animal. As sete metamorfoses de Chopper"
Zoan Akuma no Mi! Chopper nana dad henkei (動物系悪魔の実!チョッパー七段変形)
8 de decembro do 201218 de novembro do 2001

Kuromarimo e Chess fusiónanse nun só corpo. Chopper utiliza as súas sete metamorfoses para atacalos e poder gañar a pelexa, logrando finalmente desfacerse deles. Pola súa parte, os habitantes da illa e Wapol teñen a intención de subir ata a montaña, polo que son axudados por Vivi, Usopp e Sanji para emprender esa tarefa. 

89 "A fin do reinado. A bandeira da fe ondea para sempre"
Ōkoku no shihai owaru toki! Shinnen no hata ha eien ni (王国の支配終る時!信念の旗は永遠に)
15 de decembro do 201225 de novembro do 2001

Ruffy enfróntase a Wapole despois dunha dura batalla consegue derrotalo e acaba por mandalo lonxe de Drum. Despois de que remate a liorta, o capitán dos Sombreiro de Palla busca convencer a Chopper de que se una á súa tripulación. Por outra parte, Wapol, Zoro, Vivi e os demais logran subir ata o cume da illa para ver a fin do reinado de Wapol. 

90 "As cerdeiras de Hiruruku. O milagre do monte Drum"
Hiruluk no sakura! Drum Rockies no kiseki (ヒルルクの桜!ドラムロッキーの奇跡)
22 de decembro do 20122 de decembro do 2001

Ruffy logra convencer a Chopper de ser o seu novo compañeiro. Cando o reno llo vai comunicar á doutora, esta non está de acordo, pero non lle queda máis remedio ca resignarse: Chopper os seus novos compañeiros xa emprenderon rumbo nunha zorra cara á beira da illa para empezar a navegar polo mar. Durante a súa partida, os pétalos de cerdeira que tanto ansiou Hiruruku florecen, como sinal de curación nos corazóns das persoas da illa. 

91 "Adeus, illa de Drum! Vou navegar polo mar adiante!"
Sayōnara Drum tō! Boku ha umi he deru! (さようならドラム島!僕は海へ出る!)
29 de decembro do 20129 de decembro do 2001

Os Sombreiro de Palla, xunto co seu novo compañeiro Chopper, parten rumbo ás terras de Vivi, Arabasta. No barco, cóntanlle a Chopper que Crocodilo, o xefe da Gavela dos Barrocos, planea apoderarse de Arabasta, convencendo a xente do pobo de que é un heroe. Mr. 2 Bon Kure e a súa banda teñen o cometido de desfacerse de Mr. 3, pero pérdense de camiño a Xardín Pequeno. 

92 "O heroe de Arabasta e a bailarina a bordo"
Arabasta no eiyū to senjō no balerina (アラバスタの英雄と船上のバレリーナ)
5 de xaneiro do 20139 de decembro do 2001

A Banda de Ruffy atópase por primeira vez con Mr. 2 e, de maneira amigable, faille unha demostración dos seus incribles poderes, que lle permiten converterse en calquera persoa á que antes tocara coa man. Como durante a súa demostración tivo a oportunidade de tocalos a todos, agás a Sanji. Dado este perigo, o cociñeiro propón que todos coloquen unha venda na man para evitar ser suplantados polo poderoso vilán. Despois disto albiscan xa as terras de Arabasta.