Lista de condes e duques de Étampes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo da vila de Étampes, Illa de Francia.

Na época carolinxia Étampes foi xa a sede dun condado (comitatus Stampensis), do que hai memoria no século X,[1] pero a palabra reflectía daquela unha realidade diferente que nas épocas posteriores: era unha simple circunscrición do Imperio, cuxa administración non se transmitía por dereito de herdanza.

Cando os Robertinos subiron ao trono e fundaron a monarquía dos Capetos, o país de Étampes pertenceulles durante moito tempo, e sería unha das pezas mestras do dominio real sobre o que o rei exercía teoricamente un control directo. Houbo, porén, vizcondes de Étampes no século XI, nunha época na que os primeiros capetos se esforzan por establecer a súa autoridade sobre as súas propias terras.[2]

Vizcondes de Étampes[editar | editar a fonte]

  • Roscelin d'Étampes.
  • Marc, seu filllo (asinando un acto en 1094).
  • Hervé, fillo de Marc (1108-1109), morto mozo baixo a tutela de Guy, que o sucede.
  • Guy de Méréville, gendre de Marc (1109-1129), qui avait épousé sa fille Lethuisa, alias Lieuse, alias Liesse, alias Laetitia.

Señoras viúvas de Étampes[editar | editar a fonte]

Condes de Étampes[editar | editar a fonte]

En primeiro lugar cómpre denunciar a lenda, ao parecer inventada por François de Belleforest (1530-1583), segundo a cal un certo Xoán de Étampes, presuntamente xenro de Filipe I (cando realmente o era de Ferry de Châtillon), fillo de Payen, que sería señor de Étampes a principios do século XII, lenda xa denunciada como unha fantasía no século XVII, pero que sempre renace entre os xenealoxistas afeccionados ás orixes reais.[3]

Armas dos condes de Étampes da Casa de Évreux.

1298-1319 : Lois de Évreux (1276 - 1319), fillo de Filipe III de Francia

casou con Margarida de Artois

De feito Lois de Évreux foi unicamnte barón de Étampes, e foi soamente para o seu fillo e sucesor Carloa cando esta Baronía foiu erixida en Condado.

1319-1336 : Carlos de Étampes (1305 - 1336), fillo do precedente

casou con María de La Cerda

1336-1400 : Lois de Étampes (1336 - 1400), fillo do precedente

casou con Xoana de Brienne
Xoana de Brienne fixo un acordo de venda con Xoán de Berry.

1400-1416 : Xoán I de Berry (1340 - 1416), duque de Berry, fillo de Xoán II o Bo, rei de Francia

Á súa morte, o condado foi reclamado por Xoán de Borgoña, a quen Xoán de Berry o legara, pero volveu ao dominio real ao final dun xuízo no Parlamento de París. Carlos VII llo deu a Ricardo da Bretaña como recompensa polos servizos prestados. Porén, nin Ricardo nin os seus descendentes nunca obtiveron máis que só o título de conde de Étampes; os borgoñóns mantiveron o usufruto e continuaron tamén utilizando o título.
Armas de Ricardo de Étampes.

1421-1438 : Ricardo da Bretaña (1395 - 1438), fillo de Xoán IV da Bretaña

casou conà Margarida de Orleáns, filla de Lois de Orleáns: non ostentaria máis que o título do Condao, que permanecía en realidade en posesión dos Borgoñóns.
Armas de Francisco II da Bretaña.[4]

1438-1477 : Francisco II (1435 - 1488), fillo do precedente, e que enseguida chegaría a ser duque da Bretaña. Como o seu pai non tería máis que o títuo do Condado de Étampes, que permanecería en realidade en posesión dos Borgoñóns até 1478.

1478-1500 : Xoán de Foix-Étampes (1452 - 1500), fillo de Gastón IV de Foix-Bearn

casou con María de Orleáns (1457 - 1493), irmá de Lois XII de Francia

1500-1512 : Gastón de Foix-Nemours (1489 - 1512), duque de Nemours, fillo do precedente

1512-1514 : Ana da Bretaña, esposa de Lois XII de Francia e filla de Francisco II da Bretaña

1514-1524 : Claudia de Francia (1499 - 1524), filla dos precedentes, casou con Francisco I de Francia

1526-1534 : Xoán de La Barre († 1534), conde de Étampes (1526 - transferido a título vitalicio polo rei), vizconde de Bridiers, Barón de Vérets, señor de La Barre, de Villemartin, de Plessis-lès-Tours, de la Subterrane, de Coez e de Jouy-en-Josas, preboste e gobernador militar de París.

En 1534, Francisco I, casa a súa amante Ana de Pisseleu con Xoán IV de Brosse e lles doa Étampes que erixe, dous anos máis tarde, en Ducado.

Duques de Étampes[editar | editar a fonte]

Armas de Xoán de Brosse.

1536-1553 : Xoán de Brosse († 1564), conde de Penthièvre

casou con Ana de Pisseleu (1508 - 1580), amante de Francisco I de Francia

Duquesas de Étampes[editar | editar a fonte]

Armas de Diana de Poitiers.

1553-1566 : Diana de Poitiers (1499 - 1566), amante de Henrique II de Francia

1598-1599 : Gabriela de Estrées (1571 - 1599), amante de Henrique II de Francia

Duques de Étampes[editar | editar a fonte]

1576-1577 : Xoán Casimiro do Palatinado, fillo do Elector palatino

1599-1665 : César de Vendôme (1594 - 1665), fillo de Henrique II de Francia e de Gabriela de Estrées

casou con Francisco de Lorena (1592 - 1669)

1665-1669 : Lois II de Vendôme (1612 - 1669)

casou con Laura Mancini

1669-1712 : Lois III Xosé de Vendôme (1654 - 1712)

casou con Maria Ana de Condé (1678-1718)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cf. Bernard Gineste [éd.], «Otton Ier: Confirmation de donations faites à l’abbaye de Gembloux (20 septembre 946)», en Corpus Étampois, 2008.
  2. Gineste, Bernard (ed.) (2007): "Joseph Depoin: La Chevalerie étampoise (1909)", en Corpus Étampois.
  3. Cf. Bernard Gineste, citant Fleureau, in Corpus Etampois
  4. Antes de que chegara a ser duque da Bretaña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]